Sábado, 6 de Xuño de 2009

King África insiste en que vaias votar

A xente de El Terrat publicou en YouTube a versión completa do vídeo musical de King África animando á xente a votar, o que curiosamente é máis atinado que a campaña electoral que están a facendo os políticos, que parecen esquecer a Europa nos seus discursos.
Como molaría escoitar esta canción mentres imos ao colexio electoral:

A min estame a axudar a reflexionar… nesta xornada totalmente fóra do seu tempo. A ver se no futuro cambian as leis chorras que limitan a comunicación antes dos comicios electorais.

Xoves, 4 de Xuño de 2009

A reportaxe non emitida pola TVG

Estes días están a falar dun acto de censura na TVG, o que creo que é un pouco esaxerado, pois as canles de televisión non emiten normalmente todo o que mercan (¿Acaso lembrades ver as últimas tempadas de Expediente X en Telecinco? ¿Foi iso censura?).
Por se queredes ver o vídeo para despois opinar con propiedade, velaquí tedes a reportaxe completa, que subiron a YouTube (aínda que non sei se aguantará moito, pois supoño que os dereitos de emisión pertencen á TVG):

Despois de tanto rebumbio parece ser que só demoraron a emisión do documental, o que supoño que vai disparar a súa audiencia (polo morbo).

ACTUALIZACIÓN (5-6-2009): A reportaxe emitirase o vindeiro martes.

¡Melide campión! ¡Melide campión!

Onte La Voz de Galicia publica unha nova sobre hípica bastante rechamante para os galegos:

«Melide» y «Corcubión» galopan sobre la Zarzuela
Un criador de Chantada bautiza con nombres gallegos a los caballos que triunfan en el hipódromo madrileño

 El caballo «Corcubión», en la imagen en cabeza, ganó una prueba en el hipódromo de la ZarzuelaLos caballos que obtienen los mejores resultados en el madrileño hipódromo de la Zarzuela y en las principales pistas del resto de la Península hablan gallego o al menos lo entienden. Así, entre los aficionados a las carreras, apostar por Viveiro, Cambados, Arzúa o Ribadeo no significa elegir un magnífico destino de vacaciones, sino optar entre algunos de los corceles con más opciones de victoria.

Este domingo, sin ir más lejos, los purasangre ingleses que protagonizaron la tercera y la cuarta serie en el estadio madrileño llevaban acento patrio. Melide , de 4 años, se impuso en los 1.200 metros en línea recta, y Corcubión , que cumplió los 5 en abril, aguantó en cabeza durante la mayor parte de la Lototurf (1.200 metros con curva). Al final cedió ante Wega y se quedó con la medalla de plata.

El fin de semana pasado fue Arousa el que captó la mayor parte de los flashes y las miradas al imponerse en los 1.000 metros para ejemplares de dos años.

El responsable de la proliferación de campeones con DNI gallego en las competiciones más exigentes es Manuel Pereira, un criador con una larga y exitosa trayectoria que vive a caballo entre Madrid y su Chantada natal, donde han visto la luz algunos de estos auténticos artistas de la velocidad. Sus nombres, tal como aclara el propietario, hacen referencia a aquellas localidades que despiertan su interés por proximidad o por apego personal.

La afición a las carreras ha resurgido con fuerza en España después de unos años latente desde que en 1996 se cerró el hipódromo de la Zarzuela. Estadio que ahora se ha convertido en el principal escenario de las competiciones, junto a Mijas o San Sebastián y también Ourense, donde el próximo día 14 se celebra una prueba del circuito nacional.

Según asegura el criador chantadino, «no es un negocio rentable, a no ser que en determinado momento surja un caballo muy bueno. Entonces es ver a Dios porque puede venir un árabe y darte medio millón de euros por él». Sin embargo, tal como resalta Pereira, para que eso ocurra es preciso recorrer un largo trecho y sacar adelante muchos ejemplares.

Pero a cousa non queda aí, senón que de chiripa atopei o seguinte vídeo:

¡¿Quen o ía dicir?! Primeiro Melide sae coa súa con cambio de traxecto da autovía Santiago-Lugo, e agora tamén gaña nas carreiras de cabalos ;)

¿Qué está a pasar con DVDgo.com?

oferta de series de televisión en DVDgoA semana pasada comentei a unha amiga que DVDgo estaba a facer algo bastante cutre, pois sendo unha tenda de películas a través da Internet, pechaba durante uns días para facer cambios nos seus sistemas, e ao volver a estar operativa a cousa non podía ir peor. Así, o martes recibín por e-mail un anuncio no que avisaban dunha oferta na que unha inmensa selección de series de televisión podía adquirirse co 40% de desconto, e aínda hoxe non fun quen de ver esta oferta completa, porque a páxina non para de dar erros ou, simplemente, tarda minutos en responder… ¡incluso a altas horas da madrugada!
DVDgo.com funciona coma o carallo
Pero iso non é o peor de todo, senón que tras o peche técnico da semana pasada, a tenda cambiou totalmente de plataforma, de xeito que borrou todos os meus datos agás a ficha de usuario, o que me impide consultar os meus pedidos anteriores e, o máis grave, deixoume sen a miña relación de películas favoritas, que tiña marcadas para poder comprobar o seu prezo para adquirilas cando estives baratas. Vaia, que con este tipo de caralladas están a perder moitas vendas, e dan unha imaxe francamente mala.
O feito, feito está, pero non podo deixar de queixarme para que unha tenda en liña que considero de referencia volva ao rego. Agardo que os responsables desta desfeita aprenderan dos seus erros.

Mércores, 3 de Xuño de 2009

Interesante DVD + TDT gravador con El País

DVD + TDT Gravador
A promoción que inicia El País o vindeiro domingo parece moi interesante, pois con 10 cupóns do xornal (12 euros se non somos colegas do quiosqueiro) e 49 euros podemos facernos cun reprodutor de DVD con TDT integrado que tamén grava da televisión dixital en memorias USB (ou discos duros externos debidamente formateados).
O DVD-TDT Combo Damasco FLIP BOX reproduce MPEG4, CD, DVD, SVCD, VCD, HDCD, MP3, WMA, JPEG e Kodak CD, ten saídas de euroconector, S-Video e HDMI (ideal se temos un televisor moderno) e conta cun porto USB no que reproducir e gravar. Mide 210 x 200 x 40 mm e pesa 1,5 Kg.
De ter algunhas carencias, é posible que non reproduza todos os formatos de MPEG-4 que rulan por aí (algúns reprodutores fallan co audio en AC-3) e sospeito que non é capaz de gravar da radio da TDT, pero nun principio parece unha oferta moi boa, especialmente se temos un televisor con entrada HDMI.
De todos os xeitos hai que facer lembrar á xente que un TDT gravador por USB custa no Carrefour 39 euros, polo que o interese de adquirir este trebello sería para non ter varios cacharros conectados ao televisor, o que tamén evita a proliferación de mandos a distancia invandindo o salón dos nosos fogares.

« Entradas máis novasEntradas máis vellas »

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Alianzo Rank de GalegoAlianzo Rank de Galicia

Últimos comentarios