Martes, 16 de Xuño de 2009

Vídeo en portugués co funcionamento do novo iPhone

Resulta un tanto sorprendente que un dos primeiros vídeos sobre o funcionamento real do novo iPhone 3G S veña do Brasil, da man da xente de Mydock. Para quen non queira matarse a ler as prestacións do móbil, é un bo xeito de introducirse no mesmo:

Sorprende ver a calidade coa que comezan a chegar este tipo de vídeos. Dá a impresión de que poden converterse nun elemento decisivo na elección de compras futuras.

O perigo de publicar tomas falsas

A xente de Marca, durante as retransmisións dos partidos, preparan unhas pezas de vídeo con gráficos 3D nos que repasan os mellores momentos, pero coma o fan ás presas, de cando en vez cólanse tomas falsas como a seguinte:

Na web de Marca xa está corrixido o vídeo, pero a cousa non deixa de ter a súa graza, aínda que existe a posibilidade de que todo fose un fake. De todos os xeitos, hai que lembrar que nas tomas falsas de cada gravación un tende e dicir burradas para desfogarse, pensando en que non as oe ninguén, e que accidentalmente subisen unha toma mala en vez dunha boa é moi probable.
Iso si, a min que me expliquen o que facía Pikachu xogando con Exipto. ¿Non o víchedes? Fixádemos no gráfico interactivo que publican en Marca.com:
Gráfico interactivo de Marca.com
Poké Ball¡Está cheo de Poké Balls! ¡Exipto é un equipo de Pokémons!
O que non sei e se no partido en concreto xogou Pikachu, Raichu ou su putísima madre.
Pola parte do Brasil tampouco sei se teñen un tipo específico de Pokémon. ¿Teñen nacionalidade estes seres que o mes pasado lideraron as vendas de videoxogos en España? Si, despois de tantos anos, cada vez que sae un xogo de Pokémon para a Nintendo DS convértese no título máis vendido, superando a Mario, FIFA, Kratos e a quen sexa. ¿Para qué lanzar xogos coma Metal Gear Solid ou Final Fantasy se logo Pikachu arrasa con todos sen esforzarse?

Funda de CD/DVD caseira e barata

Os discos ópticos (CD ou DVD) é normal mercalos en tarrinas en vez de en caixas porque saen moitísimo máis baratos e ocupan menos sitio, pero se temos que pasarlle un disco a algún amigo temos que procurar ter sobres (de papel ou de plástico) na casa, o que non sempre é así, polo que, ante as emerxencias, podemos utilizar un truco coma o seguinte:

Grazas a Eduardo por recomendarme o vídeo.

Sábado, 13 de Xuño de 2009

Outro camión envorcado na Vedra

camión envorcado na Vedra
A historia repítese, e a cámara de Patricia Ferrol volveu captar a un camión descansando na Vedra. Supoño que é un Transformer que viña de concentración para ver o vindeiro venres a nova película dos seus colegas, pero cansou de andar tantas horas na estrada e decidiu botar unha soneca.

Unha vez máis a vista que ten Patricia dende o seu piso demostra ser de grande relavancia xornalística, e non me sorprendería ver as súas instantáneas mañá en boa parte da prensa coruñesa/galega.

ACTUALIZACIÓN: A nova xa sae en La Voz, aínda que sorprende que non a cubriran eles directamente (a nota é de axencia). Cando pasei por alí á 1 do serán estaban a retirar o camión cunha grúa.
Na nova publicada din que a curva é moi pechada para vehículos pesados, e aínda que si o é, paréceme imposible envorcar un vehículo se toman a curva á velocidade recomendada.

Venres, 12 de Xuño de 2009

A PlayStation 3 de oferta nas tendas de GameStop

ofertón de GameStop
Non sei que pasou hoxe, pero a nova de que a xente de GameStop ofrecía a PlayStation 3 por 229,98 euros + 5 xogos (ou por 369,98 euros se non entregamos xogos) apareceu en El Mundo pero está a ser ignorada polos blogs e webs de videoxogos (mentres comentan que unha rebaixa da consola faría perder a Sony 300 millóns de dólares).
Supoño que a xente evita falar de GameStop para non facerlles publicidade gratuíta, pero a min paréceme que a súa promoción paga a pena ser promocionada porque hai persoas ás que lles vén de pinga para poder facerse cunha PS3 antes do verán (a oferta remata o 30 de xuño).
De todos os xeitos, hai que consultar as condicións da promoción, pois non parece que acepten calquera xogo ao mercar a PS3. Supoño que esixirán que sexan títulos medianamente recentes para evitar que a xente merque 5 xogos de segunda man a menos de 5 euros cada un (que os hai, pois, por exemplo, os xogos deportivos cun ano no título devalúanse a grande velocidade) co que a consola sairía demasiado barata, e sería unha ruína para GameStop.
Non sei cómo son capaces de vender a consola tan barata (¡incluíndo 1 ou 2 xogos de regalo e todo!) pois Sony está a perder cartos ao vender a PS3 a 399 euros. De todos os xeitos, promover a compra dunha PlayStation 3 por parte das tendas é unha aposta segura, pois na consola de Sony non existe a piratería, e rematarán conseguindo beneficios.
Eu continúo a preferir a Xbox 360 fronte a PlayStation 3 por bastantes motivos, pero pareceume interesante avisar dende aquí da oferta de GameStop, por se alguén quere aproveitala.

« Entradas máis novasEntradas máis vellas »

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Últimos comentarios