Fuck you very much
Non son un seguidor de Lily Allen, pero o seu último vídeo musical encántame:
Ver letra ▼
Coido que o fuck you very much
vai quedar almacenado na miña memoria xunto á expresión gordo como una tapia
.
Non son un seguidor de Lily Allen, pero o seu último vídeo musical encántame:
Ver letra ▼
Coido que o fuck you very much
vai quedar almacenado na miña memoria xunto á expresión gordo como una tapia
.

Nun principio recibir un galardón é algo positivo, pero coido que hai ocasións nas que é mellor calar. Un exemplo podería ser o da nova que vin hoxe na Voz:
El blog de los arquitectos gallegos, premio nacional
El Consejo Superior de los Colegios de Arquitectos de España ha dedicado una mención especial en el concurso de innovación a los servicios colegiales al Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. El motivo de la distinción es el blog sobre la implantación del Código Técnico de Edificación.
La bitácora (http://blogcte.coag.es) ha recibido 400.000 visitas mensuales.
Coido que difuncir este tipo de informacións pode ser negativo para o COAG por varios motivos:
- Unha mención especial, ¿é un premio nacional?
- Se o blog mencionado recibise 400.000 visitas mensuais sería un dos principais medios de comunicación de Galicia, superando sobradamente a Galiciaé (El Progreso, Diario de Pontevedra, De Luns a Venres e Galicia Gastronómica ¡xuntos!) que non chega ás 285.000 visitas/mes. De feito, se miramos en Technorati o devandito blog, resulta que é irrelevante. Incluso na propia web de COAG mencionan que nos 10 primeiros meses de 2008 sumou 147.932 visitas, ou sexa, unhas 15.000 visitas/mes, o que é un moi bo número de visitas para un espazo tan especializado.
- Pero o peor de todo é que se intento visitar o blog dende o meu ordenador, non podo, porque resulta que está infectado por un verme informático:

Dáme carraxe que aconteza algo así porque o blog mencionado é unha iniciativa magnífica, pero intentar venderlle fume á prensa (a nova tamén aparece no ABC, con máis discreción que na Voz) e deixar que se lles cole unha ameaza informática coa que poderían estar a prexudicar aos seus visitantes (que ao saír na prensa poden ser moitos máis dos habituais) eclipsa o bo facer dos responsables do blog.
Hai tempo que levo agardando un momento para recomendarvos o blog que ten Isidoro Valerio (RadioVoz) na web de La Voz de Galicia. É un espazo dedicado á seguridade viaria e a outros asuntos relativos ás estradas galegas, de aí que e o seu nome sexa Voy a Cien, ou sexa, conducindo respectando os límites de velocidade.
Naceu en Blogger o pasado outono e só tardou uns meses en mudar á web de La Voz, en boa medida pola atención que captara en momentos puntuais (nevadas, accidentes na autopista…). E coma nos últimos meses publiquei fotografías de coches e camións accidentados no meu barrio, pareceume moi axeitado pór agora un vídeo que publicou Isidoro, no que pode verse cómo a freada dun camioneiro ante o disparo do flash dun radar (¡tarde piaches!) provocou un espectacular accidente:
Está claro que a culpa non é do radar, senón do condutor que frea de súpeto, pero o vídeo pode axudar a moitos a reflexionar sobre o que poden contar uns segundos na estrada.
Finalmente Telefónica remitiu os prezos que terán maña o vello iPhone 3G e o novo iPhone 3G S:
O iPhone 3G S vén a ter os mesmos prezos que o iPhone 3G hai cando se lanzou no verán pasado, mentres que o iPhone 3G ofértase a prezos bastante atractivos.
Para min o mellor de todo é que finalmente Movistar decidiu que non vai cobrar por utilizar o iPhone coma modem, o que resulta moi interesante de cara ao verán (pois pódese aproveitar a conectividade do terminal para ter acceso á Internet co ordenador portátil). Coido que só por iso algúns xa renovarán o seu vello iPhone orixinal (sen 3G), aínda que é normal ter certas reticencias a adquirir un compromiso de permanencia de 18 meses cunha operadora de telefonía, especialmente ante a posibilidade de que o ano que vén lancen un novo iPhone moi mellorado (pois a última actualización foi máis de software que de hardware).

Xa hai lugar e data para o Zapping On Tour, que despídese ata despois do verán este venres, polo que non podedes faltar se estades pola Coruña.
Para ir abrindo boca, aquí deixo a gravación do programa do mes pasado (¡co retorno de Antonio María e Miguel Ángel e o seu Rincón de la poesía!):
Audio clip: Adobe Flash Player (version 9 or above) is required to play this audio clip. You also need to have JavaScript enabled in your browser.
