Venres, 12 de Xuño de 2009

A PlayStation 3 de oferta nas tendas de GameStop

ofertón de GameStop
Non sei que pasou hoxe, pero a nova de que a xente de GameStop ofrecía a PlayStation 3 por 229,98 euros + 5 xogos (ou por 369,98 euros se non entregamos xogos) apareceu en El Mundo pero está a ser ignorada polos blogs e webs de videoxogos (mentres comentan que unha rebaixa da consola faría perder a Sony 300 millóns de dólares).
Supoño que a xente evita falar de GameStop para non facerlles publicidade gratuíta, pero a min paréceme que a súa promoción paga a pena ser promocionada porque hai persoas ás que lles vén de pinga para poder facerse cunha PS3 antes do verán (a oferta remata o 30 de xuño).
De todos os xeitos, hai que consultar as condicións da promoción, pois non parece que acepten calquera xogo ao mercar a PS3. Supoño que esixirán que sexan títulos medianamente recentes para evitar que a xente merque 5 xogos de segunda man a menos de 5 euros cada un (que os hai, pois, por exemplo, os xogos deportivos cun ano no título devalúanse a grande velocidade) co que a consola sairía demasiado barata, e sería unha ruína para GameStop.
Non sei cómo son capaces de vender a consola tan barata (¡incluíndo 1 ou 2 xogos de regalo e todo!) pois Sony está a perder cartos ao vender a PS3 a 399 euros. De todos os xeitos, promover a compra dunha PlayStation 3 por parte das tendas é unha aposta segura, pois na consola de Sony non existe a piratería, e rematarán conseguindo beneficios.
Eu continúo a preferir a Xbox 360 fronte a PlayStation 3 por bastantes motivos, pero pareceume interesante avisar dende aquí da oferta de GameStop, por se alguén quere aproveitala.

2 comentarios realizados

a gravatar

1. skaltum escrito o 13 de Xuño de 2009 ás 1:16

Se che digo a verdade, non vexo oferta ningunha, que xa non é a primeira vez que me aproximo a Gamestop por estas ofertas,e só se levan a cabo se entregas cinco xogos ( e teñen que ser moi recentes), se lle chegas con cinco xogos antigos, dos que xa están en platinum ( ou non), o único que fan e rebaixarche como moito cinco ou seis euros, que é o que che veñen dando polos xogos que lle vendas de segunda man.
E falando desa rebaixa de trinta euros, non me parece o suficientemente consistente. Como ben dís, Sony está a perder diñeiro por cada consola vendida ( o mesmo que lle pasaba á anterior Xbox), así que como proximamente non fagan unha rebaixa máis acentuada, ( deberían seguir o exemplo de Microsoft, que ninguén pensaba que chegaría a 200€), non sei como lles irá o negocio.
Só hai un factor que salva a Sony nesta xeneración, e este factor é a Playstation 2, xa que ademáis de ter miles de icondicionais que non queren ningún cambio, e seguirá a estela de Sony, deixoulle o terreo moi aberto con respecto aos videoxogos. Se a Pay2 non tivese a repercusión que tivo neste mundo( por outro lado, moi merecido), a Play3 estaría bastante peor.

a gravatar

2. Marcus escrito o 13 de Xuño de 2009 ás 1:24

Skaltum, supoño que a oferta compensará a alguén que teña na casa varios xogos de Nintendo DS, Wii, PSP e/ou Xbox 360 que lle regalaran, pois aceptan xogso de varias plataformas, e así conseguirían un interesante desconto.
Tes razón ao apuntar que Sony está a manterse grazas á PS2. Esta mesma tarde pasei polo Carrefour e fixeime en que a sección de PS2 continuaba a ser inmensa. Vaia, que os xogos de PS2 individualmente non venden moito, pero en conxunto son dos máis vendidos (xunto cos de Nintendo DS). Se non fose porque están deixando de facer xogos para PS2 (agás os Singstar), a PS3 seguiría téndoo moi chungo (lembremos que, para quen non teña un televisor de alta definición, cambiar de consola non lle compensa).
Ah, e a Microsoft a rebaixa da Xbox 360 estalle a funcionar moi ben, pois doutro xeito en Europa non pintaría nada. Polo momento non conseguen ter un parque de consolas superior ao de Sony, pero como en EE.UU. dominan o mercado claramente non deberían queixarse moito.

Facer un comentario

Etiquetas (tags) permitidas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Observación: Os comentarios poderían non aparecer automaticamente, pois nalgunhas ocasións precisan de moderación por parte do administrador deste blogue.

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Alianzo Rank de GalegoAlianzo Rank de Galicia

Últimos comentarios