Outro camión envorcado na Vedra

A historia repítese, e a cámara de Patricia Ferrol volveu captar a un camión descansando na Vedra. Supoño que é un Transformer que viña de concentración para ver o vindeiro venres a nova película dos seus colegas, pero cansou de andar tantas horas na estrada e decidiu botar unha soneca.
Unha vez máis a vista que ten Patricia dende o seu piso demostra ser de grande relavancia xornalística, e non me sorprendería ver as súas instantáneas mañá en boa parte da prensa coruñesa/galega.
ACTUALIZACIÓN: A nova xa sae en La Voz, aínda que sorprende que non a cubriran eles directamente (a nota é de axencia). Cando pasei por alí á 1 do serán estaban a retirar o camión cunha grúa.
Na nova publicada din que a curva é moi pechada para vehículos pesados, e aínda que si o é, paréceme imposible envorcar un vehículo se toman a curva á velocidade recomendada.






10 comentarios realizados
1. Nemigo escrito o 13 de Xuño de 2009 ás 23:06
pero ise camión é de mercadorías perigosas…
2. Nemigo escrito o 14 de Xuño de 2009 ás 12:05
a ver se podes mirar isto -> quecheparece.blogs-r.com/weblog /ver-post /dámosche_o_upstream_que_nos
R vai repartir o que non é seu. O ancho de banda que os usuarios pagamos pra facer máis negocio
3. Marcus escrito o 14 de Xuño de 2009 ás 16:26
Nemigo, a min iso paréceme simplemente unha reacción ao Anexo M de Jazztel, só que en vez de incrementar a velocidade de subida contratada, mirarán de que vaia por ráfagas (sen comprometer unha calidade de servizo). Ata que vexa como vai o conto prefiro non opinar.
4. quecheparece escrito o 16 de Xuño de 2009 ás 18:35
Ola Marcus.
O certo é que realmente non é unha reacción ao Anexo M, porque xa hai tempo que Jazztel o anunciou, aínda que si é certo que coincide con que este mes se anunciase a súa activación a nivel estatal.
Foi algo que se nos ocurríu porque sería rápido e sinxelo, antes de continuar mellorando as velocidades.
Un saúdo e parabéns polo blog, que non comento, pero leo.
5. Marcus escrito o 16 de Xuño de 2009 ás 18:55
Graciñas pola matización e os parabéns. Sobra dicir que tamén son fiel ao teu blogue, que é todo un exemplo de comunicación corporativa (destacouno especialmente Raúl Ordóñez durante a celebración do 2º Iniciador Galicia).
6. Alberto escrito o 16 de Xuño de 2009 ás 18:59
creo que se o contido interior é liquido, o movemento deste liquido cara un lado pode desequilibrar un camión incluso nunha recta.
Contan as lendas que un camioneiro de leite rio nun adiantamento coa carga mediada volcou cara un lado, o desplazamento da carga volcouno despois cara o lado contrario e finalmente voltou a quedar de pé, sofrendo o camión unicamente raspaazos nos laterais e a perda dos espellos retrovisores. Pero é unha lenda se confirmación…
7. Marcus escrito o 16 de Xuño de 2009 ás 19:32
Jajaja, ¡menuda lenda urbana! De todos os xeitos, os líquidos dentro dunha cisterna non se move porque si, ou sexa, que indo amodo por unha recta non debería haber ningún perigo.
Cando falo automaticamente de velocidade nas curvas que dan ao meu barrio o digo porque vexo a moitos coches a 80 Km/hora colléndoas, e préstanse a confiarse.
8. Alberto escrito o 16 de Xuño de 2009 ás 19:59
claro, por iso na lenda o camión ia adiantando, e pode facer movementos bruscos. Nesa curva ( podíamos inventar unha lenda urbana sobre a pantasma dunha nena dunha familia ctv…) soe haber accidentes por é bastante pechada, mais do que asemella a simple vista, e o firme está bastante mal. De todos modos, estas curvas soen ser mais seguras que as incorporacions rectas, como a anterior a mesma, a do barco. A xente colle essa curva a 80 como máximo, co cal un accidente, coa resposta freada, non se soe dar a unha velocodade alta.
9. Marcus escrito o 16 de Xuño de 2009 ás 20:21
Alberto, o firme da curva está en bo estado (cando menos, a última vez que pasei por aí), pero posiblemente o accidente fose culpa de ir a 80 Km/hora (pese a que está limitada a súa velocidade a 50) e frear rápido en plena curva. Doutro xeito non entendo cómo pode tumbar un camión aí.
10. marcus.es » Un camión innovador envorca incorporándose á Avda. de Alfonso Molina escrito o 7 de Xullo de 2009 ás 9:53
[...] otro. Y otro. Y otro Perrito Piloto. Patricia Ferrol remitiume esta mañá fotografías dun camión que quere ser diferente, e en vez [...]