Domingo, 21 de Xuño de 2009

Cómo perder a credibilidade ao recibir un premio

Blog do CTE do COAG
Nun principio recibir un galardón é algo positivo, pero coido que hai ocasións nas que é mellor calar. Un exemplo podería ser o da nova que vin hoxe na Voz:

El blog de los arquitectos gallegos, premio nacional

El Consejo Superior de los Colegios de Arquitectos de España ha dedicado una mención especial en el concurso de innovación a los servicios colegiales al Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. El motivo de la distinción es el blog sobre la implantación del Código Técnico de Edificación.

La bitácora (http://blogcte.coag.es) ha recibido 400.000 visitas mensuales.

Coido que difuncir este tipo de informacións pode ser negativo para o COAG por varios motivos:
- Unha mención especial, ¿é un premio nacional?
- Se o blog mencionado recibise 400.000 visitas mensuais sería un dos principais medios de comunicación de Galicia, superando sobradamente a Galiciaé (El Progreso, Diario de Pontevedra, De Luns a Venres e Galicia Gastronómica ¡xuntos!) que non chega ás 285.000 visitas/mes. De feito, se miramos en Technorati o devandito blog, resulta que é irrelevante. Incluso na propia web de COAG mencionan que nos 10 primeiros meses de 2008 sumou 147.932 visitas, ou sexa, unhas 15.000 visitas/mes, o que é un moi bo número de visitas para un espazo tan especializado.
- Pero o peor de todo é que se intento visitar o blog dende o meu ordenador, non podo, porque resulta que está infectado por un verme informático:
Intentando acceder ao blog do CTE dende a web de COAG
Dáme carraxe que aconteza algo así porque o blog mencionado é unha iniciativa magnífica, pero intentar venderlle fume á prensa (a nova tamén aparece no ABC, con máis discreción que na Voz) e deixar que se lles cole unha ameaza informática coa que poderían estar a prexudicar aos seus visitantes (que ao saír na prensa poden ser moitos máis dos habituais) eclipsa o bo facer dos responsables do blog.

8 comentarios realizados

a gravatar

1. Antoine escrito o 22 de Xuño de 2009 ás 1:04

Hola de novo Marcus. Estou totalmente dacordo contigo, e como arquitecto colexiado no COAG tócame moi de preto. Sorprendeume a nova da Voz non só por todo o que ti moi ben comentas (aportando datos comparables, cousa que non fai a prensa), senon porque o concurso do que fala (convocado dentro das actividades do Congreso de Arquitectos de España 2009, que tampouco menciona o xornal) nas súas actas, dispoñibles en http://www.congresodearquitectos2009.es/index.php/Concurso-Experiencia/Futuros/concurso-experienciasfuturos.html di que se lle concedeu ó blog unha mención ex-aequo xunto coa páxina web da delegación do COAG de Vigo, tamén moi interesante e que ó xornal omite completamente.

a gravatar

2. Nemigo escrito o 22 de Xuño de 2009 ás 1:37

istas cousas non deberían sorprender. Os colexios oficiais, as universidades e demáis profesionais do sector viven en moitos casos ancorados no pasado. Resulta sorprendente que existan arquitectos que non saiban empregar un programa de deseño por ordenador. Que os propios alumnos non poidan facer exercicios por ordenador e presentalos

Que isa xente chegue a unha empresa e pretendan que sexa competitivo…

a gravatar

3. Marcus escrito o 22 de Xuño de 2009 ás 10:18

#1 Antonie, curiosamente a web da delegación do COAG de Vigo si aparece na nova que publican no ABC.

a gravatar

4. Animaliño escrito o 22 de Xuño de 2009 ás 22:59

Efectivamente, o teu titular dío todo. Pasa a miúdo cos periodistas que, cando por algunha razón coñecemos a nova relatada directamente ou por outra fonte, nos indignamos polos erros/manipulación da información. Se iso ocorre cos “profesionais da información”, imaxínate outra xente.

E non, unha mención ata onde eu sei dáselle aos que seguen aos tres primeiros premios, non?

a gravatar

5. Marcus escrito o 22 de Xuño de 2009 ás 23:29

Animaliño, tes razón ao dicir que unha mención ou accésit é un premio menor, aínda que en moitos casos a mención faise porque o galardoado non encaixa co premio (por exemplo, nun premio a películas podería facerse unha mención a un realizador ou a unha institución que traballou a prol do sector) aínda que coido que estamos ante o primeiro dos casos (un premio de consolación).

a gravatar

6. fandinho escrito o 23 de Xuño de 2009 ás 10:56

non ten nada que ver, pero polo seu interese deixo aquí esta ligazón:
http://www.xornal.com/artigo/2009/06/23/polItica/segundo-igrexa-goberno-camino-pasa-mellid/2009062222323038603.html

“segundo a igrexa e o goberno, o camiño pasa por mellid”

a gravatar

7. Marcus escrito o 23 de Xuño de 2009 ás 10:58

¡Manda truco! Se puxeran millí aínda tería un pase…

a gravatar

8. moinante escrito o 27 de Xuño de 2009 ás 17:54

Esta noticia demostra ata que punto nos xornais e nos medios se procede segundo a máxima xornalística do Copio e Pego.

Facer un comentario

Etiquetas (tags) permitidas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Observación: Os comentarios poderían non aparecer automaticamente, pois nalgunhas ocasións precisan de moderación por parte do administrador deste blogue.

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Alianzo Rank de GalegoAlianzo Rank de Galicia

Últimos comentarios