Adeus, Michael
Os blogs de cotilleo están fervendo, pois esta noite TMZ deu en primicia a nova da morte de Michael Jackson, un artista ao que admirei moito, especialmente polos seus albums Thriller e Bad, que son pouco menos que perfectos. O primeiro tíñao en casete e o segundo en vinilo, e aínda que nos últimos anos Jackson convertérase nun freak, botareino en falta neste mundo.
Para lembralo coido que vou pasar do tópico de Thriller (un dos mellores vídeos da historia), e porei neste espazo o videoclip de Black or White (podedes ver moitos dos seus vídeos na súa canle en YouTube), non polos cameos que ten ao principio, senón polo que supoño para a industria dos efectos especiais, promovendo as técnicas de morphing ata convertelas nunha mera transición cando hai uns anos era todo un logro tecnolóxico:
Deixando a un lado a tristura que produce o pasamento dun referente cultural (autor de múltiples cancións que espertan lembranzan en moita xente) a nova está a converterse nun exemplo máis de que a Rede pode adiantarse aos medios de comunicación tradicionais dun xeito esaxerado, e nas últimas horas varias webs que informaban do tema estaban caídas ante o alude de visitas que quegaban de todo o mundo. Oxalá a vindeira nova que produza tal reacción sexa positiva.




5 comentarios realizados
1. Carlos Callón escrito o 26 de Xuño de 2009 ás 7:54
Pois que saibas que eu tiven a primeira noticia da morte de Jackson a través do teu blog.
Unha apertiña.
2. Marcus escrito o 26 de Xuño de 2009 ás 11:13
Pois sinto ser portador de malas novas
3. clara escrito o 27 de Xuño de 2009 ás 0:46
Yo estuve en su concierto del 92 en el estadio olímpico de Bcn y fue sinceramente genial y espectacular. Podrá gustar más o menos, pero está claro que ya es una leyenda y un mito de la música. Hoy busqué la entrada y todavía la tengo, y realmente me dio pena pensar que ya no hará más conciertos.
4. antón escrito o 28 de Xuño de 2009 ás 1:27
Neno, ou está mal o son do vídeo ou teño mal o Mac, pero coido que non porque aquí:
http://www.youtube.com/watch?v=ZI9OYMRwN1Q&feature=fvst
escoítase ben. Non sei.
5. Marcus escrito o 28 de Xuño de 2009 ás 20:11
Antón, tes razón, o audio do que puxen está mal, pero era a única copia que atopei do vídeo que fose incrustable (os de YouTube só poden verse directamente en YouTube).