Só quedan 6 memorias USB para hoxe
¡Menuda potra! Fun á nova páxina de +Internet+galego+futuro, mirei de qué ía o do sorteo de 7 memorias USB ao día, et voilà!

Agora quedo coa dúbida da capacidade da memoria USB e a cor (pois o ficheiro coas bases do sorteo polo momento dá un erro 404 Not Found
, polo que descoñezo eses detalles); e a marca non creo que sexa algo a ter en conta (supoño que será unha memoria serigrafiada con algún logotipo institucional). Incluso admito que me sorprendería que fose como as memorias que se ven na imaxe do sorteo (que teñen pinta de ser así pola composición cromática que permiten).
Para concluír, engadiría que botei en falta unha correcta ortografía na mensaxe na que se me notificou o premio, pois iso do q sorteamos
é unha faltaza (estamos nunha web institucional, non nunha SMS entre colegas) e a palabra bolsillo, ata onde eu sei, non existe en galego.
O que non sei é por qué estou tan rosmón cando vou ter unha memoria USB nova sen gastar un can ![]()




7 comentarios realizados
1. Mnemonick escrito o 8 de Maio de 2009 ás 8:16
¡¡Ajujuju… moitos parabéns, Sr. Marcus!! Acabo de ir case que facendo trompicóns a páxina, e nada.
Queeeeeeeee sorte.
2. Marcus escrito o 8 de Maio de 2009 ás 10:31
Mnemonick, podes seguilo intentando ata que o burro toque a flauta. Moita sorte.
3. Mnemonick escrito o 8 de Maio de 2009 ás 15:22
Hai… trabuquéime. Pensei que en total daban 1 USB por día… ¡manda truco! Tontiño que son… jajaja.
4. Marcus escrito o 8 de Maio de 2009 ás 20:50
Pois polo momento non contactaron comigo e as bases do sorteo seguen desaparecidas en combate. ¿Agardarán ao final da campaña para contactar coa xente e remitir as unidades de memoria, para así facer o traballo de vez?
5. moinante escrito o 21 de Maio de 2009 ás 22:15
Eu entrei durante varios días despois de ler o teu post e tamén me tocou un. Iso si, ata onte non souben nada. Chamáronme ao móbil para pedirme os datos e para dicirme que mo enviaban á casa. A ti chamáronte?
6. Marcus escrito o 22 de Maio de 2009 ás 1:38
Pois si, chamáronme o martes pola mañá. Cando reciba a memoria USB penso publicalo no blogue, aínda que só sexa pola curiosidade.
7. marcus.es » Velaquí a memoria USB que regalaba a Xunta escrito o 29 de Maio de 2009 ás 11:29
[...] pasado día 8 avisaba de que co gallo do día da Internet a Consellería de Economía e Industria estaba a regalar 7 memorias USB ao día, das que 1 viña de tocarme, e agora, 3 semanas despois, sorprendeume o carteiro traéndome un [...]