Xoves, 21 de Maio de 2009

Zapping On Tour chega ao Centro Cívico dos Mallos

Este venres ás 20:30 horas celebraráse no Centro Cívico dos Mallos (xunto ao Polideportivo da Sardiñeira) unha nova gravación do programa Zapping con público que durante 2 horas permitirá pasalo ben con Txury, Antón e o resto de colaboradores:
Zapping On Tour nos Mallos

Mércores, 20 de Maio de 2009

O maior problema dos gadgets tecnolóxicos

Jesús Martínez del Vas (JMV) segue tan atinado coma sempre, no seu mércores de redacción de hoxe para 233grados fai unha crítica ao grande problemas que teñen actualmente os trebellos tecnolóxicos:
JMV e os cargadores
Por fortuna, este problema vai en camiño de rematarse, e de cara ao futuro os móbiles van funcionar todos cun porto micro-USB, e mesmo venderíanse sen o cargador, para evitar a acumulación dun dispositivo que será estándar (e que moitos nin sequera precisarán, xa que a carga pode realizarse directamente no PC).
Sen ir máis lonxe, eu levo moito tempo cargando sempre o iPhone no PC, polo que recibirei a desaparición dos cargadores de pared (ou a limitación a un para todo) como unha boa nova, que agradecerán todos os que queden sen batería no traballo ou na casa dun amigo, xa que será doado atopar cómo cargar o móbil (ou calquera outro trebello semellante).

<ROSMÓN>As Palm (á espera do Palm Pre) están máis mortas que vivas, e os Zune non están á venda en Europa (por desgraza).</ROSMÓN>

Weeds anúnciase cunha lección de historia

Os tíos de Showtime sabe cómo promocionarse, e normalmente aproveitan os temas polémicos que tratan as súas series de televisión. Desta volta non vai ser diferente, e para anunciar Weeds están a emitir un curioso micro-documental coa historia da marihuana:

Aínda que coido que esqueceron comentar de onde vén o nome da marihuana/marijuana, no que parece que é o caso máis notable de inmigración aos EE.UU.

Luns, 18 de Maio de 2009

El Koala ameaza con volver no verán

Esta noite El Koala estará en Buenafuente para promocionar o seu novo tema, Soy arbañí:

O vídeo ten toda a pinta de querar recrear o éxito de El Corral hai xa cousa de 3 aniños. ¿Volverá a petar El Koala durante as festas de verán? ¿Ou teremos que volver a aturar outro ano máis El Polvorete de Pepe Benavente?

Venres, 15 de Maio de 2009

Máis sorpresas no Britain’s Got Talent

Se Susan Boyle sorprendía por ser unha paleta que cantaba coma un anxo, a pasada fin de semana sorprendeu no Britain’s Got Talent coa actuación de Greg Pritchard, un fulano cunhas pintas que farían esperar que fose un dos compoñentes de Tokyo Hotel, pero que en realidade parece unha soprano:

Moi boa a descrición que Simon fixo da actuación: é coma un can miañando.

« Entradas máis novasEntradas máis vellas »

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Últimos comentarios