Luns, 25 de Maio de 2009

¡Feliz Día do Orgullo Friki!

Hoxe é o aniversario da estrea da película Star Wars e tamén conmemórase o pasamento de Douglas Adams (autor da Guía del Autoestopista Galáctico) de aí que fose unha boa data para celebrar o Día do Orgullo Friki, que Manel Fontdevila ilustrou dun xeito curioso:
Orgullo Friki por Manel Fontdevila
Aínda que dubido moito que haxa geeks entre os candidatos ás Europeas, pois en España temos a desgraza de que a palabra friki ten moitos significados (freak, geek e nerd son cousas distintas en inglés).
¿Terei o valor de celebrar este día vendo Dragonball Evolution? ¿Será tan fina a liña que separa o frikismo do masoquismo?

Sábado, 23 de Maio de 2009

Si, si, si, autovía por Millí

Miguel sinalando o novo trazado da Autovía
Esta tarde quedei algo sorprendido ao ver Melide empapelado de carteis que anunciaban a aprobación do trazado da Autovía Lugo-Santiago que faltaba por proxectar, que finalmente parecer ir a favor das aspiracións dos melidenses.
Incluso o PSdeG-PSOE puxera os seus propios carteis atribuíndo a aprobación do trazado ao PSOE e, especialmente, ao actual ministro de Fomento, José Blanco:

Cartel do PSdeG-PSOE

A min pilloume desprevenido todo iso porque non o vira na prensa pola mañá, aínda que logo vin que o medio que se adiantara ao resto en dar a nova fora El Progreso:

Fomento elixe trazado para o tramo que faltaba da autovía Lugo-Santiago

O Ministerio de Fomento acaba de presentar para a súa exposición ao público o estudo informativo do trazado polo que discorrerá a autovía entre Lugo e Santiago (A-54), no tramo comprendido entre Palas de Rei e Arzúa, pasando por Melide. Esta parte da vía, de 28 quilómetros de lonxitude, é a máis longa do proxecto e a última que quedaba por definir desta vía, xa que o resto atópanse en fase de licitación ou en obras de construción, como recolle o diario El Progreso na súa edición impresa deste sábado.

O percorrido elixido por Fomento discorre polo sur dos municipios de Palas de Rei, Melide e Arzúa, descartando así outras opcións expostas. Inicialmente, o ministerio xa prescindira da posibilidade de que a autovía discorrese polos municipios de Antas de Ulla e Agolada. Con todo, existían varias opcións para fixar o trazado entre Pas, Melide e Arzúa.

Entre as alternativas posibles, foi descartado o trazado pola zona norte dos municipios citados, xa que había dous inconvenientes. Por unha banda, discorría afectando o Camiño de Santiago, patrimonio protexido pola lexislación autonómica. Por outra, estaba o problema do impacto ambiental que esta opción expuña na Serra do Careón, unha zona protexida pola súa diversidade biolóxica.

A opción elixida por Fomento, que discorre paralela á N-547, pretende liquidar eses dous aspectos, respectando o patrimonio cultural e adecuándose ás esixencias da declaración de impacto ambiental da autovía. Concretamente, a maioría dos tramos discorren a uns dous quilómetros da ruta xacobea.

trazado da autovía

211 millóns

Polo que se refire ao orzamento, este tramo dispón dunha consignación de 211 millóns de euros.

A vía constará de dúas calzadas con dous carriis cada unha de 3,50 metros de ancho e unha beiravía de 2,50 por cada lado, ademais da correspondente mediana.

Este estudo informativo, que foi aprobado polo Ministerio de Fomento o pasado 19 de maio, permanecerá exposto ao público durante un mes, tempo no que as institucións, asociacións e particulares afectados poderán presentar as correspondentes alegacións.

Impacto

Unha vez presentados os recursos, estes serán analizados e o expediente, coa resolución que adopte Fomento, será remitido ao Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño, para que emita a perceptiva declaración de impacto ambiental, necesaria para a aprobación definitiva do estudo informativo.

A decisión de Fomento, cuxo ministro é o palense José Blanco, é unha lombeirada importante para un proxecto que comezou a xestarse no ano 2004 e que levaba un importante atraso, xa que ata a chegada de Branco ao ministerio só se achaban en obras cinco quilómetros, cando xa debería estar a piques de entrar en servizo.

Os concellos afectados aínda non coñecían este venres con detalle o trazado que elixiu o Ministerio de Fomento para facer valoracións.

Con todo iso, a que non teño nada clara é a data de finalización da obra da autovía, pois vexo que áinda quedan bastantes trámites. ¿Estariamos a falar do ano 2014?

Por certo, no debuxo, o trazado da autovía é bastante gordo pero non teño nada claro onde estarán os accesos á mesma. ¿Alguén coñece ese detalle? ¿A onde haberá que ir dende Melide para coller a autovía que leve a Santiago ou a Lugo?

<ROSMÓN>Tamén quedei algo flipado polo uso da palabra lombeirada no artigo de El Progreso, no que sospeito que é un castelanismo, xa que lombeirada/lombada é un golpe no lombo, e supoño que pretende significar espaldarazo (que sería unha expresión de apoio derivada do xesto de armar cabaleiro cunha espada) que non parece ser de uso común no galego. Buscando pola web deume a impresión de que esa palabra só estaba a ser utilizada por algúns xornalistas como tradución forzada (e mesmo automática) ou en ámbitos deportivos, o que me fai pensar que é unha desas palabras que poñen de moda os comentaristas dos partidos de fútbol. ¿Alguén podería confirmarme esto último?</ROSMÓN>

ACTUALIZACIÓN (24-5-2009): Estou algo sorprendido polo feito de que hoxe en La Voz non se falase do tema da autovía, despois da guerra que deu durante os últimos anos. Coido que El Progreso foi o único medio en difundir tal información. ¿Por qué será?

ACTUALIZACIÓN (26-5-2009): La Voz de Galicia publica hoxe que o trazado da autovía farase público o xoves.

ACTUALIZACIÓN (28-5-2009): O B.O.E. fai oficial o novo trazado da autovía A-54:

Por Resolución del Subdirector General de Planificación, por delegación del Director General de Carreteras (Resolución Delegación de Atribuciones de 12-01-1994), de fecha 19 de mayo de 2009, ha sido aprobado provisionalmente el Estudio Informativo EI1-E-211 “Autovía A-54. N-547 Enlace de Arzúa oeste-Enlace de Palas de Rei oeste” recomendando como alternativa más favorable la denominada en el estudio Alternativa 4, de 28,12 kilómetros de longitud y Presupuesto Base de Licitación de 211,64 Millones de euros.

En cumplimiento de lo ordenado en dicha Resolución y de conformidad con lo dispuesto en el artículo 10 de la vigente Ley de Carreteras 25/1988 y la modificación del apartado 4 establecida en la Ley 24/2001 de 27 de diciembre, y en los artículos 31 y 34 del Reglamento General de Carreteras, se somete a Información Pública el referido Estudio Informativo durante el plazo de treinta días hábiles contados a partir del primer día hábil siguiente al de la fecha de publicación del presente anuncio en el Boletín Oficial del Estado.

Se hace constar que esta Información Pública lo es también a los efectos establecidos en el Real Decreto Legislativo 1/2008 relativo a la Evaluación del Impacto Ambiental.

Asimismo se hace constar que toda nueva calzada tendrá limitación total de acceso a las propiedades colindantes.

Lo que se publica para general conocimiento en el Boletín Oficial del Estado. Asimismo y con el fin de que los interesados puedan examinar el citado Estudio y la aprobación provisional del mismo, durante el período de información pública y presentar las alegaciones y observaciones que estimen procedentes, estará expuesto al público en días hábiles y horas de oficina, en el Tablón de Anuncios de los Ayuntamientos de Agolada, Antas de Ulla, Arzúa, Melide, Palas de Rei, y Santiso, en la Unidad de Carreteras del Estado en Lugo (Ronda de la Muralla, 131-3.º, 27071-Lugo), en la Unidad de Carreteras del Estado en Pontevedra (San Roque, 2, 36071-Pontevedra), en esta Demarcación de Carreteras del Estado en Galicia (Concepción Arenal, 1-3, 1.º, 15071-A Coruña) y en el Ministerio de Fomento, Dirección General de Carreteras (Paseo de la Castellana, 67, 28071-Madrid).

Las observaciones que se formulen habrán de dirigirse a esta Demarcación y deberán versar sobre las circunstancias que justifiquen la declaración de interés general de la carretera y sobre la concepción global de su trazado.

Sorpréndeme que non se expoña na Internet o estudo. Non parece moi lóxico ter que ir ao Concello en horario de oficina para ver un documento que podería estar publicado na web de Fomento, para que puidera consultar calquera cidadán sen ter que desprazarse.
O estudo pode verse na páxina web de Fomento (coido que cando escribín a anterior actualización desta entrada aínda non o subiran) e non achega novidades:
Estudo informativo

¿É o mesmo unha páxina web que unha aplicación?

En La Voz de Galicia publican unha nova que me fai lembrar os vellos tempos:

El 90% de las descargas de las páginas web de Pablo Soto son piratas

Los abogados de las grandes productoras y Promusicae dispararon con su artillería pesada en la segunda jornada de juicio contra el creador de Blubster, Piolet o Manolito.

Pablo Soto retratado por JuanJo Martín  nunha imaxe publicada en La VozEl 90% de las descargas de las páginas web de Pablo Soto son piratas. Los abogados de las grandes productoras y Promusicae (la patronal de las discográficas) dispararon con su artillería pesada en la segunda y espesa jornada de juicio contra el creador de Blubster, Piolet o Manolito. La parte demandante presentó un informe, prueba capital de la acusación, que analizó el número y el tipo de descargas de los portales gestionados por Soto o alguna de sus tres empresas.

El estudio elaborado por la profesora del Departamento de Financiación e Investigación Comercial de la Universidad Autónoma de Madrid, María Jesús Yagüe, se basó en una selección aleatoria de canciones. Mediante un diccionario de inglés, los investigadores pusieron palabras en los buscadores de las páginas y comenzaron a descargar canciones. En total, analizaron 336 archivos de música.

Un técnico de sonido verificó que procedían de versiones originales. «Y las discográficas señalaron que explotaban 327 títulos de la muestra», comentó la profesora.

Además, aseguró que la gran indemnización solicitada (13 millones) es la mínima cantidad que se podía haber pedido. Yagüe apuntó que para realizar su informe tomó el precio mínimo de las canciones que las discográficas ponen a la venta en la red. La defensa, en la voz de José Ignacio Aguilar, argumentó que el estudio de la parte contraria era incompleto, ya que sólo contemplaba las descargas desde el 2001 (la creación de la primera web de Soto) hasta el momento y no el periodo estudiado. Aguilar, muy conciso, cuestionó todos los datos económicos y provocó una revisión de los mismos.

Precisamente o que me resultou rechamante do artigo foi que se remite en numerosas ocasións que as descargas polas de denuncian a Pablo Soto orixínanse nas súas páxinas web e mesmo portais, que é xusto o tipo de cagada que cometía a prensa hai unha chea de anos ao falar de Napster. Curiosamente nos xornais dician que as cancións podía descargarse de balde dende Napster.com, o que calquera que usase o programa ou visitase tal web sabería que era totalmente falso, xa que as descargas non eran vía web, senón a través de programas que instalabas no teu ordenador.
Que este tipo de erros teñan réplicas hoxe en día paréceme triste, pois considero que os xornalistas de hoxe en día teñen que ser, coma mínimo, usuarios básicos da Internet, e saber distinguir o Microsoft Word do Google. De non ser así, non deberían cubrir informacións que falan deses temas.
Só espero que eses erros nos que confunden aplicacións con páxinas web non provechan da información que se manexa no xuízo, porque entón a cousa sería lamentable, pois a futura sentenza podería considerar verdade xudicial unha narración incorrecta do acontecido, xa que en realidade O 100% das descargas das páginas web de Pablo Soto son legais (xa que dende as súas webs o que se descarga son as aplicacións creadas por el).

Venres, 22 de Maio de 2009

A banda larga fai perder o siso aos pontevedreses

En Microsiervos veñen de dar conta cunha simpática errata na web de La Voz de Galicia:
Arranca en cuatro concellos el plan provincial de acceso a Internet por banda ancha sin cabales
Paréceme bastante raro que aínda non corrixiran o gazapo porque a súa publicación en Microsiervos a está a expor bastante.

Aproveito a ocasión para felicitar á xente de Agolada que teña a sorte de poder entrar na experiencia piloto (a ver se lle toca a algún dos blogueiros que coñecín o ano pasado nos Pendellos da vila), aínda que de seguro que todos preferirían que fose a propia Telefónica a que levase o ADSL ao seu concello.

Money makes the World go round?

A nova campaña de Absolut Vodka no Reino Unido pareceume unha marabilla, por propor cómo sería o mundo se en vez de cartos, pagásemos os produtos e servizos con afecto (algo que, aínda que non sexamos conscientes, facemos moitas veces):

Amais, o detalle musical de utilizar a frase money makes the world go round para algo totalmente oposto á canción Money, Money.
O que me deixa un tanto sorprendido é que Absolut estea a gastar cartos en facer anuncios de tanta calidade, cando en moitos países está prohibida a publicidade televisiva de bebidas alcohólicas (aínda que no caso deste último anuncio, foi amosado durante a pasada cerimonia dos Premios Grammy). ¿Será que teñen en conta o efecto da Rede para a difusión da súa marca?

« Entradas máis novasEntradas máis vellas »

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Últimos comentarios