Velaquí a memoria USB que regalaba a Xunta

O pasado día 8 avisaba de que co gallo do día da Internet a Consellería de Economía e Industria estaba a regalar 7 memorias USB ao día, das que 1 viña de tocarme, e agora, 3 semanas despois, sorprendeume o carteiro traéndome un sobre (¿sobre?) que ao abrir vin que traía unha tarxeta ríxida. U-la memoria USB?
Na web do sorteo aparecían pendrives de 5 cores distintas e iso nun sobre abultaría bastante. Pero resultou que esas imaxes eran só promocionais, e a memoria USB estaba integrada na tarxeta de visita que viña no sobre.
Só ten 1 Gb de capacidade, e resulta bastante incómoda de conectar, pero para o que si é moi práctica e para levala na carteira coa documentación, de xeito que podemos viaxar sempre con algúns datos de interese ou documentos importantes que nos poidan sacar dun apuro (e incluso varias aplicacións portables). Agradecido quedo (especialmente porque o tema deu para 2 entradas neste blogue).




8 comentarios realizados
1. Raquel escrito o 29 de Maio de 2009 ás 14:15
Vaia!! Chegou!!! Confeso que estaba convencida de que non chegaría nunca!!
2. Mixigodo escrito o 29 de Maio de 2009 ás 16:33
Como gustan os bloggers de que lles regalen as entradas jajaja
Pois pareceme que non é demasiado moral poñer as fotos dunhas memorias USB e que logo sexa iso (que aínda non sei moi ben o que é xD), pero en fin, algo é algo
Saude, pesetas e leite nas tetas
3. Marcus escrito o 29 de Maio de 2009 ás 17:57
Mixigodo, que as imaxes non se correspondan co produto que mandan está claro que non é moi ético, pero tampouco estaba ben que o documento coas bases do sorteo estivese Not Found durante varios días (de xeito que cando gañei a memoria USB non sabía cando ía recibila nin a súa capacidade, o que finalmente tampouco detallaron as bases publicadas).
De todos os xeitos, ao final recibín o produto, e a tarxeta de memoria é curiosa, o que compensa o demais.
4. Snob Megalove escrito o 29 de Maio de 2009 ás 19:22
A min tamén me chegou hoxe, levei unha pequena decepción, pero é un agasallo a fin de contas. Iso si, cando chamaron para me pedir a dirección postal, dirixíronse a min en castelán durante toda a conversa. Máis Internet, Máis Galego, si. Pero o teléfono xa é outra historia…
5. Xaime escrito o 30 de Maio de 2009 ás 12:35
Pois si, cando me chamaron a min falaban en castelán, que curioso.
En todo caso a peza que constitúe a memoria USB en si se pode quitar para, debido ao seu pequeno tamaño e forma, inserila en outros obxectos e crear novos chismes USB (croasán USB, puro USB… as posibilidades son infinitas).
6. Marcus escrito o 30 de Maio de 2009 ás 16:06
O do español é o que pasa cando a xestión do concurso o leva unha empresa curuñesa. Admito que non me fixei na lingua na que me falaron.
A memoria USB en si tes razón en que é bastante cativa, o que facilitaría a transformación de moitos trebellos, aínda que comparada con, por exemplo, o SanDisk Cruzer Micro de 8 Gb que teño (que é bastante cativo, especialmente se lle quitas a cuberta de goma que ten, e que só está para protexer unha etiqueta de papel para escribir os contidos da unidade), entendo que de capacidade quedou cutre (hoxe en día o normal é partir dos 2 Gb nos pendrives).
7. marcus.es » Memorias USB contra o Alzheimer escrito o 30 de Maio de 2009 ás 17:51
[...] memoria USB que recibín da Consellería de Economía e Industria lembroume a unha campaña da Asociación Nacional do Alzheimer AFAL, chamada Regala Memoria, e que [...]
8. moinante escrito o 31 de Maio de 2009 ás 18:24
#4 Xusto me quitáchedes a idea. A min tampouco me pareceu moi normal que me falasen en castelán cando se trata de promocionar o galego.