Festa do Melindre para o 10 de maio
Xa hai cartel da vindeira Festa do Melindre, que terá lugar o domingo día 10 de maio, coincidindo coa degustación en Arzúa do queixo máis grande do mundo, o que podería parecer malo, pero tendo en conta que o acto de Arzúa o vai ter difícil para manter ao público durante varias horas, supoño que ao final rematarán pasando por Melide e, como vén sendo habitual, esgoraranse todos os melindres da vila.

E a cousa non remata aí, pois a celebración tamén conta con cuña radiofónica e grupo en Facebook que a apoia:
Audio clip: Adobe Flash Player (version 9 or above) is required to play this audio clip. You also need to have JavaScript enabled in your browser.
De todos os xeitos, por moito que se anuncie en prensa e radio o evento, a mellor promoción que podería ter sería o seu sabor, o que polo momento non hai xeito de comunicar. Os melindres son un doce realmente atractivo, que poden chegar a converterse en todo un vicio porque provocan adicción. ¿Non o credes? Pois probade a tomar só un e logo falamos ![]()






6 comentarios realizados
1. ánzony escrito o 2 de Maio de 2009 ás 0:45
Pobres arzuáns (ou arzuitas?). Serás cabrón!
En fin, só para confirmarche que son melindreadicto e melindrefriki. Si, si. Unha vez estiven (txury tamén) na Festa do Melindre de GONDOMAR!!!!, máis abaixo de Vigo, case en Portugal, onde case 15 persoas apuntáronse a ver quen era capaz de xantar máis melindres en menos te (modalidad 1) e máis melindres en total ata non poder máis… CON VIÑO PARA PASALOS!!!!
E aparte, foi coincidencia tamén friki (melide-melindre) ou é que realmente aí os fan ben? Xa dirás, xa.
Apertas
A.
2. Carla escrito o 2 de Maio de 2009 ás 10:48
¿Alguén sabe quen é o autor/a do cartel?. Está moi chula a pintura.
3. Marcus escrito o 2 de Maio de 2009 ás 12:35
Carla, non sei quen foi o autor, pero iso faime pensar que estaría moi ben que nas edicións da festa puxesen nun curruncho os carteis de todos os anos en plan exposición, pois agora xa van moitos, e de diversos estilo.
O que tamén boto en fala é unha mascota (persoa disfrazada) en plan melindre ou rico, que reparta trípticos pola rúa e saque fotos cos cativos. Sería moi simpático, e tamén serviría para putear ao veciño que estivese dentro do caluroso disfraz
4. os teus ollos escrito o 2 de Maio de 2009 ás 12:41
Ampliando la foto,cosa que se hace con un “clic”,se ve el autor del cartel:Broz.
5. Marcus escrito o 2 de Maio de 2009 ás 16:20
Tes moita razón, non me fixara en que o debuxo estaba asinado. A verdade é que Broz xa te unha boa colección de ilustracións das festas locais, sendo unha fortuna que poidamos contar cun artista que recolla detalles da vila nas súas obras. O que lle quedou mellor foi a igrexa de San Roque nos billetes de 10 euros
6. eva escrito o 4 de Maio de 2009 ás 11:50
OLA MARCUS¡¡ como non o indicaches na nova, supoño que non o sabes…, este ano no Melindre actuaran o grupazo TROMENTELOS CHIS PUM¡¡¡¡
un saudo