A banda larga fai perder o siso aos pontevedreses
En Microsiervos veñen de dar conta cunha simpática errata na web de La Voz de Galicia:

Paréceme bastante raro que aínda non corrixiran o gazapo porque a súa publicación en Microsiervos a está a expor bastante.
Aproveito a ocasión para felicitar á xente de Agolada que teña a sorte de poder entrar na experiencia piloto (a ver se lle toca a algún dos blogueiros que coñecín o ano pasado nos Pendellos da vila), aínda que de seguro que todos preferirían que fose a propia Telefónica a que levase o ADSL ao seu concello.




4 comentarios realizados
1. Mixigodo escrito o 22 de Maio de 2009 ás 16:57
Haberá cousa dun mes ou algo máis atopei un dispositivo USB de tamaño reducido que tan só pesaba 3cm, segundo CódigoCero. De todas formas, son erratas comúns e solucionárona rápido.
2. Marcus escrito o 22 de Maio de 2009 ás 18:20
Mixigodo, o que pasa é que en Código, cando a xente detecta as erratas, as corriximos, mentres que a pifia de La Voz aínda segue presente a estas horas (agardo que o corrixan antes de mañá, pois así o fixeron en outras ocasións).
3. Mixigodo escrito o 25 de Maio de 2009 ás 20:48
Xa me parecía a min que lera por ai adiante que ti eras de Código Cero. En parte díxeno para asegurarme xD
Pois os da Voz aínda non o correxiron. Supoño que lles virán ben as visitas que xera a través de Microsiervos e algún blogue máis, eu que sei…
Por certo, parabéns por Código Cero. Levo moito tempo suscrito no correo, e encántame
4. Marcus escrito o 25 de Maio de 2009 ás 22:53
Grazas polos parabéns.
Aínda estou flipadiño coa errata, que persiste a desaparecer. Normalmente as corrixen, pero entendo que pese a que o efecto Microsiervos debeuse notar, os responsables desa sección do xornal aínda non deben de saber que meteron a zoca.