Molan os planos secuencia, ¿a que si?
O dúo parisino de música electrónica Make The Girl Dance preparou un orixinal vídeo para o seu tema Baby Baby Baby, gravando un plano secuencia na rúa Montorgueil de París un xoves ao serán no que tres mozas espidas (Mathilde, Sarah e Marine) dan un paseo cantando a canción do grupo:
Hai varios detalles que me deixan bastante intrigado:
- ¿Pedirían permiso municipal para gravar o vídeo musical?
- ¿Cómo é posible que tan poucas persoas miren ás mozas? (non só por ir espidas, senón por ter unha cámara filmándoas)
- ¿Por qué carallo o vídeo está en espello? (si, é difícil fixarse niso
)






7 comentarios realizados
1. Xoán Castro escrito o 14 de Maio de 2009 ás 15:11
Bah, iso non é nada, onde estea o plano secuencia de ‘Touch of Evil’, que se quite isto… sería o que diría un friki do cine. A min, Dios me libre ;))))
Pero quedo intrigado co da gravación espello e co que se pode sentir camiñando en coiros a 5 minutos do Louvre…
2. El_podcastero_enmascarado escrito o 14 de Maio de 2009 ás 16:48
Xa estaba farto dos tipicos videos de karaoke, con plaias e ceos…
3. El_podcastero_enmascarado escrito o 14 de Maio de 2009 ás 16:48
Xa estaba farto dos típicos videos de karaoke, con praias e ceos…
Que boa a opción de editar, lembrame as gadget notas
4. Mixigodo escrito o 17 de Maio de 2009 ás 21:59
Oh, pois si que está en espello… incribel!
Por outro lado, eu non consigo entender porque lles censuran certas zonas… seguro que era igual de bonito ou máis sen a censura xD
Por outro lado, coordinación xenial e idea orixinal… Non repiten o que xa está feito 100.000 veces, e máis tendo en conta que é xénero electrónico e tal, onde os videoclips aseméllanse entre si todos
5. moinante escrito o 2 de Xuño de 2009 ás 0:30
A que vos soa este vídeo?
http://www.youtube.com/watch?v=bJkymylTNU4
6. Marcus escrito o 2 de Xuño de 2009 ás 1:34
Menuda descuberta, Moinante; aínda que gusto máis da versión parisina
7. Montorgueil - Crónicas de Oz escrito o 13 de Marzo de 2010 ás 15:54
[...] Un vídeo que, máis alá do desfrute sensorial, me segue intrigando tanto como día que o vin por primeira vez (¿Un dúo de tres? ¿Por que está en espello? ¿Que pode ser tan interesante para os parisinos [...]