Si, si, si, autovía por Millí

Esta tarde quedei algo sorprendido ao ver Melide empapelado de carteis que anunciaban a aprobación do trazado da Autovía Lugo-Santiago que faltaba por proxectar, que finalmente parecer ir a favor das aspiracións dos melidenses.
Incluso o PSdeG-PSOE puxera os seus propios carteis atribuíndo a aprobación do trazado ao PSOE e, especialmente, ao actual ministro de Fomento, José Blanco:

A min pilloume desprevenido todo iso porque non o vira na prensa pola mañá, aínda que logo vin que o medio que se adiantara ao resto en dar a nova fora El Progreso:
Fomento elixe trazado para o tramo que faltaba da autovía Lugo-Santiago
O Ministerio de Fomento acaba de presentar para a súa exposición ao público o estudo informativo do trazado polo que discorrerá a autovía entre Lugo e Santiago (A-54), no tramo comprendido entre Palas de Rei e Arzúa, pasando por Melide. Esta parte da vía, de 28 quilómetros de lonxitude, é a máis longa do proxecto e a última que quedaba por definir desta vía, xa que o resto atópanse en fase de licitación ou en obras de construción, como recolle o diario El Progreso na súa edición impresa deste sábado.
O percorrido elixido por Fomento discorre polo sur dos municipios de Palas de Rei, Melide e Arzúa, descartando así outras opcións expostas. Inicialmente, o ministerio xa prescindira da posibilidade de que a autovía discorrese polos municipios de Antas de Ulla e Agolada. Con todo, existían varias opcións para fixar o trazado entre Pas, Melide e Arzúa.
Entre as alternativas posibles, foi descartado o trazado pola zona norte dos municipios citados, xa que había dous inconvenientes. Por unha banda, discorría afectando o Camiño de Santiago, patrimonio protexido pola lexislación autonómica. Por outra, estaba o problema do impacto ambiental que esta opción expuña na Serra do Careón, unha zona protexida pola súa diversidade biolóxica.
A opción elixida por Fomento, que discorre paralela á N-547, pretende liquidar eses dous aspectos, respectando o patrimonio cultural e adecuándose ás esixencias da declaración de impacto ambiental da autovía. Concretamente, a maioría dos tramos discorren a uns dous quilómetros da ruta xacobea.
211 millóns
Polo que se refire ao orzamento, este tramo dispón dunha consignación de 211 millóns de euros.
A vía constará de dúas calzadas con dous carriis cada unha de 3,50 metros de ancho e unha beiravía de 2,50 por cada lado, ademais da correspondente mediana.
Este estudo informativo, que foi aprobado polo Ministerio de Fomento o pasado 19 de maio, permanecerá exposto ao público durante un mes, tempo no que as institucións, asociacións e particulares afectados poderán presentar as correspondentes alegacións.
Impacto
Unha vez presentados os recursos, estes serán analizados e o expediente, coa resolución que adopte Fomento, será remitido ao Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño, para que emita a perceptiva declaración de impacto ambiental, necesaria para a aprobación definitiva do estudo informativo.
A decisión de Fomento, cuxo ministro é o palense José Blanco, é unha lombeirada importante para un proxecto que comezou a xestarse no ano 2004 e que levaba un importante atraso, xa que ata a chegada de Branco ao ministerio só se achaban en obras cinco quilómetros, cando xa debería estar a piques de entrar en servizo.
Os concellos afectados aínda non coñecían este venres con detalle o trazado que elixiu o Ministerio de Fomento para facer valoracións.
Con todo iso, a que non teño nada clara é a data de finalización da obra da autovía, pois vexo que áinda quedan bastantes trámites. ¿Estariamos a falar do ano 2014?
Por certo, no debuxo, o trazado da autovía é bastante gordo pero non teño nada claro onde estarán os accesos á mesma. ¿Alguén coñece ese detalle? ¿A onde haberá que ir dende Melide para coller a autovía que leve a Santiago ou a Lugo?
<ROSMÓN>Tamén quedei algo flipado polo uso da palabra lombeirada no artigo de El Progreso, no que sospeito que é un castelanismo, xa que lombeirada/lombada é un golpe no lombo, e supoño que pretende significar espaldarazo (que sería unha expresión de apoio derivada do xesto de armar cabaleiro cunha espada) que non parece ser de uso común no galego. Buscando pola web deume a impresión de que esa palabra só estaba a ser utilizada por algúns xornalistas como tradución forzada (e mesmo automática) ou en ámbitos deportivos, o que me fai pensar que é unha desas palabras que poñen de moda os comentaristas dos partidos de fútbol. ¿Alguén podería confirmarme esto último?</ROSMÓN>
ACTUALIZACIÓN (24-5-2009): Estou algo sorprendido polo feito de que hoxe en La Voz non se falase do tema da autovía, despois da guerra que deu durante os últimos anos. Coido que El Progreso foi o único medio en difundir tal información. ¿Por qué será?
ACTUALIZACIÓN (26-5-2009): La Voz de Galicia publica hoxe que o trazado da autovía farase público o xoves.
ACTUALIZACIÓN (28-5-2009): O B.O.E. fai oficial o novo trazado da autovía A-54:
Por Resolución del Subdirector General de Planificación, por delegación del Director General de Carreteras (Resolución Delegación de Atribuciones de 12-01-1994), de fecha 19 de mayo de 2009, ha sido aprobado provisionalmente el Estudio Informativo EI1-E-211 “Autovía A-54. N-547 Enlace de Arzúa oeste-Enlace de Palas de Rei oeste” recomendando como alternativa más favorable la denominada en el estudio Alternativa 4, de 28,12 kilómetros de longitud y Presupuesto Base de Licitación de 211,64 Millones de euros.
En cumplimiento de lo ordenado en dicha Resolución y de conformidad con lo dispuesto en el artículo 10 de la vigente Ley de Carreteras 25/1988 y la modificación del apartado 4 establecida en la Ley 24/2001 de 27 de diciembre, y en los artículos 31 y 34 del Reglamento General de Carreteras, se somete a Información Pública el referido Estudio Informativo durante el plazo de treinta días hábiles contados a partir del primer día hábil siguiente al de la fecha de publicación del presente anuncio en el Boletín Oficial del Estado.
Se hace constar que esta Información Pública lo es también a los efectos establecidos en el Real Decreto Legislativo 1/2008 relativo a la Evaluación del Impacto Ambiental.
Asimismo se hace constar que toda nueva calzada tendrá limitación total de acceso a las propiedades colindantes.
Lo que se publica para general conocimiento en el Boletín Oficial del Estado. Asimismo y con el fin de que los interesados puedan examinar el citado Estudio y la aprobación provisional del mismo, durante el período de información pública y presentar las alegaciones y observaciones que estimen procedentes, estará expuesto al público en días hábiles y horas de oficina, en el Tablón de Anuncios de los Ayuntamientos de Agolada, Antas de Ulla, Arzúa, Melide, Palas de Rei, y Santiso, en la Unidad de Carreteras del Estado en Lugo (Ronda de la Muralla, 131-3.º, 27071-Lugo), en la Unidad de Carreteras del Estado en Pontevedra (San Roque, 2, 36071-Pontevedra), en esta Demarcación de Carreteras del Estado en Galicia (Concepción Arenal, 1-3, 1.º, 15071-A Coruña) y en el Ministerio de Fomento, Dirección General de Carreteras (Paseo de la Castellana, 67, 28071-Madrid).
Las observaciones que se formulen habrán de dirigirse a esta Demarcación y deberán versar sobre las circunstancias que justifiquen la declaración de interés general de la carretera y sobre la concepción global de su trazado.
Sorpréndeme que non se expoña na Internet o estudo. Non parece moi lóxico ter que ir ao Concello en horario de oficina para ver un documento que podería estar publicado na web de Fomento, para que puidera consultar calquera cidadán sen ter que desprazarse.
O estudo pode verse na páxina web de Fomento (coido que cando escribín a anterior actualización desta entrada aínda non o subiran) e non achega novidades:






35 comentarios realizados
1. luisma escrito o 24 de Maio de 2009 ás 13:47
Si si si,somos de milli! Non me podo crer que ninguen se una o canto iniciado por marcus! .; por certo, e en relacion co post do orgullo friki, podese considerar un pouco friki escribir un comentario no Teu blogue dende un smart phone?
2. Laura escrito o 24 de Maio de 2009 ás 16:02
Eu oín que iba haber saída/entrada a 800 metros do polígono e pola estrada de Agolada… O sea, cerquiña
3. Marcus escrito o 24 de Maio de 2009 ás 16:43
Luisma, pois si, é bastante friki, así que mañá que é o Día do Orgullo Friki podes repetir a experiencia
Laura, se temos conexión coa autovía tan preto logo podería beneficiar bastante ao polígono, así como á xente que traballe en Santiago ou Lugo e queira seguir vivindo en Melide.
4. Kat escrito o 24 de Maio de 2009 ás 18:44
que veña por aquí, Autovía por Millí ¡¡¡,Highway to Melide saúdos dende Australia
5. os teus ollos escrito o 25 de Maio de 2009 ás 14:40
Marcus,pódese consultar a publicación na web de Fomento?ou no BOE?
6. Marcus escrito o 25 de Maio de 2009 ás 15:08
Coido que a información non está aínda publicada fóra das páxinas de El Progreso. No BOE falan da contratación do servizo de vixilancia das obras, pero non do trazado. Supoño que sairá algo nos vindeiros días (e será cando os medios de comunicación distintos ao diario lugués falen do tema).
7. os teus ollos escrito o 25 de Maio de 2009 ás 16:39
Estiven investigando,Marcus.O da contratación do servizo de vixilancia é das vias de servizo e da rotonda da parte do PK 49 na estrada de Santiago.
Non corramos nós máis cá a autovía.
8. Marcus escrito o 25 de Maio de 2009 ás 17:16
¿Mande? Eu o que dixen é que nos últimos días o único que saíu no BOE sobre a autovía era a licitación do que literalmente definen coma , non me refiro a que liciten nada con respecto ao novo tramo, pois como xa dicía nesta entrada, aínda non está aprobado (faltan varios trámites para que iso sexa así).
9. os teus ollos escrito o 25 de Maio de 2009 ás 17:28
Ok,Marcus.Perdón.Pero falabamos de Millí.
Outra cosa é que no mapa do Progreso,sae a aldea de Cabanelas,en Melide.
10. Luisma escrito o 25 de Maio de 2009 ás 17:34
Será un tempo de oportunidade e expansión para moitas empresas da vila, pero por contra penso que algunha que outra verá reducido o seu volume de negocio. ¿que opinades?
11. Marcus escrito o 25 de Maio de 2009 ás 18:50
Uff, Luisma, tocas un tema moi sensible. Dúas cousas hai que recoñecer:
1- Que a autovía para preto de Melide é mellor que contar cun acceso á mesma que estea afastado
2- A construción da vía vai afectar negativamente a empresas (especialmente as de hostalaría) que teñen moitos clientes de paso.
De todos os xeitos, penso que o comercio de Melide vive da xente do contorno, e non da xente que se move de Santiago a Lugo, polo que a futura redución de ingresos non creo que sexa moi elevada.
Para os cidadáns que non dependen deses negocios a autovía é unha boa nova, pois facilita os desprazamentos as cidades, así que non pode chover a gusto de todos.
12. Luisma escrito o 25 de Maio de 2009 ás 19:59
O certo é que a moitas empresas facilitaralle chegar a novos clientes. Sempre nos poderan visitar máis turistas “domingueiros”. A exto sempre podería axudar unhas potentes festas gastronómicas con degustación gratuita ;).
13. Laura escrito o 26 de Maio de 2009 ás 12:26
Ven unha nova hoxe na Voz sobre a autovía
(Non me deixa por ligazóns así que…buscádea jejejeje)
14. Marcus escrito o 26 de Maio de 2009 ás 13:45
Laura, xa a engadín a ligazón á nova de La Voz a primeira hora da mañá. En canto saia no BOE o asunto procurarei poñelo por aquí.
15. lavrego escrito o 26 de Maio de 2009 ás 19:09
Seguuuuuuuro que esta autovía favorece que veñan domingueiros, eses que van ata o inferno se hai unha pista rural, pero como non había autovía non eran capaces de chegar a Melide
Seguuuuuuuro que as empresas de Melide chegan a mais clientes, é que a nacional era un impedimento para sacar mercadoría fora da vila, tardabase 45 minutos en chegar á cidade, agora só tardaremos 20 , e iso sen ter en conta que a maior parte do tempo é perdida na entrada á cidade cos atascos. Total, que si que imos mellorar moito a industria en Melide por ter autovía.
Veremos pasar os camións dende lonxe e non pararán, crearanse polígonos industriais nas proximidades das cidades, coma o de O Pino, pero non en Melide.
A ninguén se lle ocorre que poida ocasionar moléstias a construción da autovía e, mesmo cando estea feita, o ruido do tránsito?
E o imopacto medioambiental… é tan livián como para non pensar nel, ou mesmo nas zonas agricolas concentradas cara Arzúa que van ser ocupadas?… estes elementos foron básicos na economía da zona: a agricultura e o atractivo paisaxístico, e agora seguirá igual?
A min lémbranseme as vilas de castela a carón da A-6. E a esas si que lles facía falla autovía.
Eu penso que os grandes beneficiados son as cidades de Lugo e Santiago, pero mais ainda Madrid que conecta así con todalas cidades por autovía e inda fai atallos coma este.
16. Luisma escrito o 26 de Maio de 2009 ás 19:54
Home, lavrego, se unha empresa tarda 45 minutos en ir e 45 en volver suman 1 h e 30 minutos. Se tarde 20 en ir e 20 en volver suma 40, cunha diferencia de 50 minutos. Ese tempo é diñeiro, o cal repercutía na súa competitividade con respecto a outras empresas, podendo abrir o seu mercado.
Por outra banda a min non se me ocurre ir a Vilalba a nada por mor da estrada. Pero se teño que achegarme á Lanzada non me mete medo ningún.
En canto ó impacto ambiental é evidente, hai moitos xeitos de realizar as obras, e non creo que o fagan do xeito máis respetuoso, niso estou dacordo.
As vilas de castela, estarás dacordo conmigo en que se a A-& pasara a 10 km delas ainda estarían peor si cabe.
17. os teus ollos escrito o 28 de Maio de 2009 ás 12:57
O mapa na web Fomento.É o mesmo,polo que non se saben os accesos.
18. Luisma escrito o 28 de Maio de 2009 ás 13:30
Menuda historia que non aparezan os detalles na web… haberá que achegarse ó concello.
19. os teus ollos escrito o 28 de Maio de 2009 ás 13:54
Lapsus:dixen que é o mesmo,refiríndome ó mapa publicado no Progreso.
20. Luisma escrito o 29 de Maio de 2009 ás 8:44
Por fin sabemos exactamente os accesos que tera. Non está nada mal, Remonde, cire e cruce dos 8… Melide Este, Melide Centro e Melide oeste
21. lavrego escrito o 29 de Maio de 2009 ás 20:57
Que beeeeen!! agora xa podo coller a autovía para ir ate Mácara, cólloa ao lado da casa e deixame a tres quilómetros da aldea.
Mais iso será se non é de peaxe, pois como é previsível que para cando a rematen, poidan estar gobernabdo o estado os do PP, pois farán o que en Lalín: peaxe.
Sigo a pensar que non favorece a Melide, inda é mais case a cambiaba cos ollos pechados por unha liña de ferrocarril. E non é que fora máis vantaxoso isto tampouco.
Ninguén pensou que cos cartos da autovía, podían facerse vias de servizo da Nacional e circunvalacións nas vilas, de maneira que a Nacional fose máis rápida.
E o feito de facer circunvalacións si que mete medo, por aquelo de desviar o turismo, pero a autovía non! Eu cada vez entendo menos a cousa, pero xa veremos o que pasa alá para o 2030, se é que a rematan para aquela. Pois de momento o único que hai feito, non sendo as actas de expropiación, é o anaco Amio-Lavacolla, e xa fai mais de dez anos que o remataron.
22. Marcus escrito o 29 de Maio de 2009 ás 23:01
Lavrego, perde coidado, que a autovía ten que ser sen peaxe á forza (as peaxes introdúcense para que a obra a faga unha compañía privada, e non é o caso).
Iso si, coincido en que as datas de remate da obra poden demorarse moito (en A Coruña levo 10 anos escoitando falar da Terceira Ronda e aínda non ten data de entrega, e o caso da autopista Coruña-Ferrol tamén foi todo un culebrón).
23. Luisma escrito o 30 de Maio de 2009 ás 10:33
Que bonito é mercar un ipod por internet e telo na casa en 48 h… a min a verdade é que non me importaría que mo trouxera david meca nadando polo río e despois nunha carruaxe de cabalos. O impacto medioambiental sería mínimo. Iso si, que me fabricaran o dispositivo con carcasa de madeira.
24. lauren escrito o 31 de Maio de 2009 ás 11:01
lavrego estaba a pensar un comentario ca ironia do luisma,,,pero superoume, penso o mesmo,e suscribo.
25. mijoni69 escrito o 31 de Maio de 2009 ás 19:00
bien por la autovía. Pero que ha pasado en furelos? Ayer fui para comer y me di la vuelta. Lo que decían que iba a ser el pulmón de Melide está como una selva, lleno de bichos, ranas, sapos, culebras… Es vergonzoso, nunca estuvo así. Y arreglar eso va a llevar tiempo, para cuando la piscina abierta? que dejadez por parte del Concello. No me lo puedo creer. Os animo a ir y verlo con vuestros propios ojos.
26. mijoni69 escrito o 31 de Maio de 2009 ás 19:28
por cierto los cientos de sapos y ranas e incluso culebras están dentro de la piscina no el río o alrededores como sería natural..
27. Luisma escrito o 31 de Maio de 2009 ás 23:47
Home mijoni69, que o rio esta feito un cristo é evidente. Que nunca estivo así xa non se axusta á verdade.
A miña recomendación para comer nun entorno inigualable é mácara. Xamáis a acción humana será quen de igualar a beleza da nai natura. Iso si, deixar todo como estaba por favor!
28. Marcus escrito o 31 de Maio de 2009 ás 23:56
Luisma, tes razón, a estas alturas por norma xeral o río sempre estivo de peniña.
Incluso creo lembrar que algún ano agardouse a xullo para limpalo. Está claro que ata que comezan a chegar os veraneantes a praia fluvial non é unha prioridade, o que por outra banda tamén é comprensible, aínda que habería que procurar que cando chega o bo tempo o estado do que se supón que é unha zona de lecer estea máis coidado.
29. mijoni69 escrito o 1 de Xuño de 2009 ás 14:15
Luisma,
No estoy de acuerdo contigo. Comí en muchas ocasiones allí y no en época estival y nunca estuvo así. No estaría en las mejores condiciones pero como ahora jamás. Ahora no puedes sentarte en las mesas pues la hierba supera la altura de las mesas de piedra. Están todas las papeleras destrozadas, no sé parece que por allí pasó un tornado.
30. luisma escrito o 1 de Xuño de 2009 ás 14:38
Posiblemente a herba medre máis con gobernos de esquerda-nacionalista
31. mijoni69 escrito o 1 de Xuño de 2009 ás 18:59
HOmbre máis no sé … Luisma. Me da igual quien gobierne.Simplemente digo que este año da asco y que antes no estaba así de mal. Hay que ser objetivos. Yo fui muchas veces a comer allí en días de sol de invierno y otoño, y pude comer. Ahora es literalmente imposible. Y si crece más con gobiernos nacionalistas-izquierdas pues que la corten más a menudo.
32. Luisma escrito o 1 de Xuño de 2009 ás 19:11
Por certo mijoni69, estás (estamos) de noraboa, ¡comezaron a segar a herba do rio e a limpar a piscina! se cadra son quén de comezar a tempada no seu tempo. (lembremos que o ano pasado foi a primeira vez)
33. mijoni69 escrito o 1 de Xuño de 2009 ás 21:46
Bueno pues me alegro¡¡¡ pero tampoco es cierto lo segundo que dices que fue la primera vez¡¡¡ mi cumple es a principios de mayo, siempre que ha hecho bueno fui allí a comer el churrasco y nunca estuvo así. No digo que estuviera divino pero como ahora jamás. Y no lo digo yo sola, salió en la prensa hace unos días y no fue el grupo de la oposición el que lo sacó. Me alegra que lo estén arreglando pues es una pena el estado en el que se encontraba, máxime cuando los que ahora gobiernan dijeron que era prioritario para ellos el estado de furelos. Si hasta los troiteiros se han quejado¡¡
34. MELICK escrito o 9 de Xuño de 2009 ás 20:15
NORABOA MELIDE, por unha vez, dannos a razón, a AUTOVIA PASARÁ PERTO DE MELIDE.
Grazas a Pepiño de Palas, ainda que nos joda, e a uns poucos veciños tolos que sacaban os coches facendo pitadas pola vila, e que eran o “recochineo” da vila. Os do PP non o creen, non axudaron nada, dexesaban que non pasará perto da vila. De Miguel Pampín algún día sabremos por que non defendeu a Melide, cal foi a verdade.
E certo que os máis beneficiados son os veciños de Lugo e Santiago pero o tempo dirá si tamén e boo para Melide.
Eu como veciño asalariado de Melide estou cheo de ledicia, xa me tarda o día en que non teña que reducir a velocidade a 50 en Boente, atravesar a vila de Arzúa, pasar con cuidado as curvas do Raido, volver a reducir a velocidade nos nucleos de Burres, Salceda, Amenal, atravesar Arca, etc… ¿Si esto non e mellorar o futuro? Que mo expliquen.
Sobre todo si teño ir o hospital, ir a un médico especialista, ir a universidade, coller un avión, ir a praia, etc…..
Os pequenos comerciantes teñen medo de perder clientes, pode ser certo, pero tamén e certo que hoxe, sen autovia, moitos melidenses enchen os centro comerciais das cidades veciñas.
Non creo que nadie diga que isto non sea progreso.
Moitos veciños están ledos, saben que agora temos futuro, que podemos crecer máis, que as nosas propiedades teñen máis valor.
VIVA MELIDE COA FORZA DA RAZÓN
Por certo o dia do mitín do PP os encargados de pegar os carteis no tiveron mellor idea que pegalos encima dos que habian colocado anteriormente os da “Plataforma pola Autovia”, despois os da Plataforma volveron a poñer outros encima dos do PP.
TEÑEN MOI MALA FE E MOI MAL PERDER.
35. os teus ollos escrito o 23 de Xullo de 2009 ás 19:54
Mañán,pleno no concello para facer fillo adoptivo de Melide a José Blanco.