Sábado, 30 de Maio de 2009

Memorias USB contra o Alzheimer

A memoria USB que recibín da Consellería de Economía e Industria lembroume a unha campaña da Asociación Nacional do Alzheimer AFAL, chamada Regala Memoria, e que é moi orixinal:

1 Gb de recordos nunha memoria USBPara contribuír coa causa pódese adquirir unha memoria USB de 1 Gb de capacidade (¡que coincidencia!) por só 10,25 euros. Con esta iniciativa entendo que conseguen varios obxectivos:
- conciencian ao público sobre o problema do Alzheimer
- presentan un trebello tecnolóxico orixinal
- conseguir fondos para unha ONG
- facernos reflexionar sobre as cousas importantes da nosa vida, que queiramos conservar para sempre, aínda que sexa nunha memoria USB

¿Quen ía dicir que as pulseiras de silicona solidarias podían dar tanto xogo?

Venres, 29 de Maio de 2009

Velaquí a memoria USB que regalaba a Xunta

Carta recibida
O pasado día 8 avisaba de que co gallo do día da Internet a Consellería de Economía e Industria estaba a regalar 7 memorias USB ao día, das que 1 viña de tocarme, e agora, 3 semanas despois, sorprendeume o carteiro traéndome un sobre (¿sobre?) que ao abrir vin que traía unha tarxeta ríxida. U-la memoria USB?
Memoria USBNa web do sorteo aparecían pendrives de 5 cores distintas e iso nun sobre abultaría bastante. Pero resultou que esas imaxes eran só promocionais, e a memoria USB estaba integrada na tarxeta de visita que viña no sobre.
Só ten 1 Gb de capacidade, e resulta bastante incómoda de conectar, pero para o que si é moi práctica e para levala na carteira coa documentación, de xeito que podemos viaxar sempre con algúns datos de interese ou documentos importantes que nos poidan sacar dun apuro (e incluso varias aplicacións portables). Agradecido quedo (especialmente porque o tema deu para 2 entradas neste blogue).

Xoves, 28 de Maio de 2009

A peste das axencias de novas chega agora aos dominios de Internet

O pasado día 7 iniciouse unha poxa de dominios de Internet en español, na que se adquiriron dominios coma ingles.es, alarmas.es, agua.es ou liga.es, do que deron boa conta xa o día 15, pero que dende Sedo quixeron aproveitar para ter publicidade de balde, e así a primeiros de semana lanzaron unha nota de prensa para dar datos sobre un estudo que fixeron sobre o asunto. Pero a cousa non remata aí, senón que hoxe comeza en Madrid o Congreso de Dominios 2009, polo que as axencias de novas (concretamente EFE) quixeron dar conta do evento e non se lles ocorreu nada mellor que facer un refrito de todo o anterior sumándolle información dun xeito moi torpe, de aí que neste momento na web de La Voz de Galicia publiquen a seguinte nova:

Las empresas españolas no están interesadas en los dominios de Internet

Los «.es» se pueden ver afectados por la decisión de las autoridades mexicanas de cambiar su actual terminación de dominio «.com.ex» por la de «.ex».

(..)

También coincidieron en el congreso en que la nueva liberalización de TLDs (o extensiones formadas por el final del dominio como son .com, .es, .ue…) por parte del organismo internacional ICANN, está haciendo que muchos interesados en una determinada palabra para crear un dominio estén esperando la nueva regulación.

Alberto Domínguez explicó que la nueva tendencia es adoptar LTDs de ciudades (com, en un servicio cada vez más local).

Los dominios .es se pueden ver afectados también por la decisión de las autoridades mexicanas de cambiar su actual terminación de dominio «.com.ex» por la de «.ex» lo que supone la posibilidad de volver a registrar palabras en castellano con el «.ex.», aunque ya estén ocupadas en otras extensiones como .com o .es.

Como a nova é de EFE, agora mesmo está xa replicada nas webs da Editorial Prensa Ibérica coma o Faro de Vigo, La Provincia - Diario de Las Palmas, Levante - El Mercantil Valenciano e outras cabeceiras, o que demostra que ninguén verifica nada antes de copiar e pegar novas de axencia. ¿Por qué digo isto? Pois simplemente porque a liberalización de dominios da que falan non ten nada que ver cos dominios actuais (simplemente supón a posibilidade de que nun futuro poidan existir dominios coma o .gal, o que non debería afectar para anda nin aos .com nin aos .es) e polo mesmo motivo é absurdo e ridículo pensar que a reapertura dos dominios de segundo nivel mexicanos (iniciada o pasado día 1) vaia a afectar dalgún xeito aos .es (e non creo que ningún asistente ao Congreso afirmase tal). Vaia, que ningunha empresa española vai mercar un dominio mexicano porque o español estea ocupado, pois só levaría a confusión aos seus clientes. Os dominios de ámbito xeográfico non son para facer esas cousas (coa excepción dos .fm ou os .tv).
Teño que entender que o xornalista que redactou a nova non se enterou de nada do que se estaba a dicir no Congreso de Dominios, pois incluso cometeu a cagada de dicir que México vai pasar dos dominios .com.ex aos .ex cando o dominio de primeiro nivel mexicano é .mx (o ccTLD .ex non existe).
Cando hai novas deste tipo, ¿as axencias non deberían mandar a cubrilas a xente que saiba algo sobre o tema, ou que como mínimo se documente á hora de escribir un artigo?

Mércores, 27 de Maio de 2009

Carlos Gulías ¡en Sé lo que hicisteis!

Xa teño comentado algunha vez neste blogue que Carlos Guías (agora, Carlos Cachafeiro) está a traballar actualmente para TVE, chegando a facer reportaxes á altura de cando preguntou a Don Pedro polo tabaco en Código TV, o que fixo graza á xente de Sé lo que hicisteis, que veñen de parodialo:

Parabéns a Carlos, pois saír parodiado en SLQH é o máis semellante en España a facer unha aparición coma personaxe convidado nos Simpson ou en Padre de Familia.
De paso, tamén agardo que o Padre Portela quitara o demo do corpo a esta estrela televisiva ;)

Jesús Martínez del Vas e as descargas ilegais

No mércores de redacción de hoxe, JMV fai un chiste pouco orixinal pero que fíxome lembrar especialmente a unha das súas vellas tiras:
Descargado La Oreja de Van Gogh
¿Alguén pilla a qué viñeta de Jesús publicada na Gaceta Universitaria lembroume esta tira?

Entradas máis vellas »

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Últimos comentarios