O truco do móbil que desaparece
Para aproveitar o efecto viral de moitos contidos na web, crearon un vídeo no que podemos ver cómo se fai un interesante truco utilizando un Samsung Omnia I8910 HD:
Fixándose un moito pode decatarse da trampa, que non precisa de edición de vídeo nin efectos especiais, só imaxinación… e de paso a xente queda coa copla de que o móbil de Samsung grava vídeo en alta definición, que en YouTube podemos ver caralludamente. ¿Funcionará a campaña?




8 comentarios realizados
1. Mixigodo escrito o 16 de Abril de 2009 ás 15:13
Seino, son un inútil, pero non sei, para min ten que haber algo de edición… xD
Outra cousa, como fan para que o móvil poña SAMSUNG ao revés no suposto espello?…
2. Marcus escrito o 16 de Abril de 2009 ás 15:33
Mixigodo, vexo que fuches quen de ver o truco:

O que ten cando caes na conta é que pensas que estabas parvo ao non velo antes.
3. lorena escrito o 16 de Abril de 2009 ás 15:37
moi bo
4. moinante escrito o 17 de Abril de 2009 ás 15:52
Pois eu aínda non o collín
5. Marcus escrito o 17 de Abril de 2009 ás 17:34
Jajaja, Moinante, por se non estás de broma, explico que o espello non existe, senón que é unha porta (fíxate que non ten reflexos) e ao outro lado está un actor imitando ao que ten a cámara. Nin sequera é preciso que os actores sexan semellantes porque o que está gravando só amosa as súas pernas (non a súa cara).
A rapaza do vídeo pode correr dunha habitación a outra, pero dá a impresión de que hai dúas actrices distintas vestidas igual.
Agora ben, gravar o truco debeu levarlles moooooitas horas, pois quixeron facelo ben de corrido para poder demostrar que o vídeo non estaba editado.
Parece unha animalada facer o truco no mundo real, pero se pensamos que é unha estratexia publicitaria temos que gastando relativamente pouco conséguese unha grande repercusión, á vez que queda patente a calidade das gravacións co Samsung Omnia HD. A min convencéronme do ben que grava.
6. moinante escrito o 17 de Abril de 2009 ás 19:40
Pois a verdade, menos mal que mo explicas, porque non o collía. Vin catro ou cinco veces o momento no que pasaba a man por diante do obxectivo do móbil, porque pensei que aí estaba a clave, e a verdade é que non lle vía nada.
Pois si que era máis sinxelo do que pensaba, jeje
7. Mixigodo escrito o 17 de Abril de 2009 ás 21:22
Eu dinme de conta de que non existía un espello, pero non sabía que era iso o que escondía o vídeo, parecérame bastante obvio xD
Grazas por explicalo, así queda claro
Buah, vaia cacao que me montei e xa o había visto… meu deus xD
8. Marcus escrito o 17 de Abril de 2009 ás 21:42
E fixádevos en que os S de Samsung non están xirados no espello, o que ten toda a pinta de ser unha pista.