Mércores, 29 de Abril de 2009

Os 20 anos da web en Voces de Galicia

Micrófono de RadioVozEsta mañá coincidimos en RadioVoz para falar dos cambios que supuxo a Internet para a sociedade Javier Wicho Pedreira, Patricia Ferrol e un servidor, baixo a condución de Isidoro Valeiro.
O tema da tertulia estaba marcado polos 20 anos da WWW o que Wicho ampliou asegurando que a Rede ten uns 40 anos (os cumpriría en setembro), dato cronolóxico que quixen matizar, pois entendo que cadaquén tende en datar a Internet segundo os seus intereses. Así, ARPANET, a rede nacida nos EE.UU. cumprirá 40 anos, pero non foi ata o 1 de xaneiro de 1983 cando se instaurou coma protocolo de comunicación o actual TCP/IP (¿26 anos?), se mirarmos á web incluso os 20 anos sería unha esaxeración (as primeiras webs tardaron en chegar), pero eu entendo que cando falamos da Internet estamos a facer referencia a unha rede pública de comunicación na que conviven distintos ámbitos, dende o educativo ata o puramente comercial, e non sería ata abril de 1995 cando iso sería unha realidade. Meses despois (o 15 de decembro, para máis señas) chegaría a Infovía a España, polo que en certa medida non chegamos tan tarde a esta revolución. Con estas últimas contas teriamos unha Internet con 14 anos, ou sexa, menor incluso que a propia web, o que pode resultar paradoxal, de aí que ningún dos datos anteriores teña moito sentido porque, simplemente, a Rede non é unha cousa ben definida, e a súa creación foi accidental, de aí moitas das súas carencias e a dificultade de escribir unha historia fiel da mesma.
Sendo serios, nunca poderiamos celebrar o cumpreanos da Internet, e de querer facer celebracións históricas, deberiamos falar de aniversarios dos distintos momentos relevantes para a súa creación. Así, o 20º aniversario da proposta de creación da WWW é un acontecemento a ter en conta, principalmente porque serve de recordatorio do moito que cambiou as nosas vidas algo que leva tan pouco tempo entre nós (aínda que a tecnoloxía que sostén esta infraestrutura sexa anterior ao meu propio nacemento).

Deixando de lado o asunto, durante o programa de radio tamén comentamos outros moitos temas, para o que tamén fixeron as súas achegas polo fío telefónico Carlos Agulló (subdirector de La Voz e responsable da súa edición dixital) e Víctor Domingo (director da Asociación de Internautas). Sen máis rollo, deixo aquí o corte completo do programa de RadioVoz:

Audio clip: Adobe Flash Player (version 9 or above) is required to play this audio clip. You also need to have JavaScript enabled in your browser.

1 comentarios realizados

a gravatar

1. marcus.es » Debate sobre a banda larga en RadioVoz escrito o 22 de Febreiro de 2010 ás 17:41

[...] Esta mañá, co gallo do Plan de Banda Larga en Galicia 2010-2013, tivo lugar unha tertulia no programa Voces de Galicia de RadioVoz no que coincidimos no estudo coruñés Patricia Ferrol, Javier Wicho Pedreira e o que subscribe, reiterando argumentos que temos comentado noutras ocasións: [...]

Facer un comentario

Etiquetas (tags) permitidas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Observación: Os comentarios poderían non aparecer automaticamente, pois nalgunhas ocasións precisan de moderación por parte do administrador deste blogue.

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Alianzo Rank de GalegoAlianzo Rank de Galicia

Últimos comentarios