Luns, 13 de Abril de 2009

Susan Boyle sorprende en Britain’s Got Talent

Susan Boyle en Britain's Got Talent
Admito que sinto certa vergoña ao ver cómo son os programas tipo Tienes Talento en España comparándoos cos de EE.UU. e Reino Unido. Paul Potts foi a repanocha hai un par de anos, pero xa ten unha sucesora:

Coido que en YouTube caparon todos os vídeos do programa de televisión para que haxa que velos dende a súa propia páxina web (o que é mellor que borralos directamente), pois supoño que van xerar bastantes ingresos publicitarios coma continúen a ter tanto éxito como esta sorprendente cantante de 47 anos. Paul Potts é un bo cantante, pero Susan Boyle sorprende pola súa aparencia. ¿Haberá máis sorpresas nesta edición do concurso de talentos?

3 comentarios realizados

a gravatar

1. gaioso escrito o 13 de Abril de 2009 ás 13:24

Boas, impresionante, acaba de poñerseme a pel de galiña escoitando esa voz… Cando oio a esta xente, entendo que a industria musical é unha grande “fábrica” de cantantes, e que nos venden que non hai máis xente no mundo que sexa capaz de facer o que fan os grandes mitos da música, e de repente aparece unha señora desempregada e ponse a cantar mellor que moitos dos cantantes que venderon millóns de discos durante os últimos anos.

a gravatar

2. Marcus escrito o 13 de Abril de 2009 ás 18:51

A min o que me impresionou foi ver como a señora facía rir a todo o mundo pola súa aparencia e xeito de comportarse (sospeito que ela mesma esaxera para gañarse ao público) e logo todos cambiaron de parecer ao escoitala cantar.
Haberá que agardar a futuras actuacións para ver se realmente emociona coma Paul Potts, pero a cousa promete.

a gravatar

3. marcus.es » Sáelle un duro competidor a Susan Boyle escrito o 21 de Abril de 2009 ás 11:34

[...] apuntaba a que Susan Boyle ía converterse no novo Paul Potts, pero agora vai pórlle as cousas difíciles un rapaciño de 12 anos que podedes ver en YouTube: O [...]

Facer un comentario

Etiquetas (tags) permitidas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Observación: Os comentarios poderían non aparecer automaticamente, pois nalgunhas ocasións precisan de moderación por parte do administrador deste blogue.

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Alianzo Rank de GalegoAlianzo Rank de Galicia

Últimos comentarios