Martes, 21 de Abril de 2009

Concerto de Carlos Baute en Melide

O sábado pola noite tivo lugar en Melide un concerto de Carlos Baute, e eu tiña algo de curiosidade por saber se fora moita xente, ao que Riki respondeu que irían unhas 3 mil persoas, o que non parece un mal resultado.
Logo déuseme por mirar se había algo do tema e atopei que no Correo falaban do asunto:

La música de Baute triunfa en la noche de Melide
Moitas mozas no concerto de Baute en MelideEl cantante venezolano Carlos Baute deleitó ayer en Melide a un público entregado -principalmente el sector femenino-, que llenó el palacio de congresos para seguir su música y sus bailes en un escenario que conformó parte importante del espectáculo. Las puertas estuvieron abiertas desde una hora antes y ese fue un acierto de la organización, puesto que la gente comenzó a llegar con bastante antelación, probablemente para poder ubicarse en los mejores sitios, es decir, en los que mejor podía ver a su ídolo.

A fotografía que acompaña á nova é moi ilustrativa do concerto, e faime graza a cara que poñen os asistentes que en vez de mirar a Baute miran a cámara :P
Pero aparte da prensa, apenas había información sobre o concerto na Rede, o que me parecía algo díficil e finalmente din cun par de clips en YouTube, coma no que Baute interpreta o seu tema Te regalo:

Amais tamén saín de dúbidas sobre cómo ía cantar Colgado en tus manos sen contar con Marta Sánchez no escenario, e a respota foi bastante cutre (deixou que fose o público o que cantase):

Tamén lin por aí que se notou o playback, o que non sei moi ben a qué se referiría (literalmente o playback é o acompañamento musical, non a voz). ¿Será que algún fragmento dalgunha canción estaba pre-gravado? Paréceme algo raro, porque non vexo que as cancións precisen dese tipo de trucos, xa que non son tan sofisticadas (nin o cantante destacou nunca polo seu chorro de voz). E iso sen comentar a mala acústica do Pazo de Congresos…

Luns, 20 de Abril de 2009

¡Este rapaz é pura dinamita (TNT)!

Grazas a Vincenzo coñecín outro novo fenómeno da Internet, un rapaz que pon unhas caras incribles mentres canta o T.N.T. de AC/DC:

Ver letra ▼

Polo momento superou as 888 mil reproducións, ou sexa, que estamos ante un potencial Gary Broslma ou Star Wars Kid, aínda que neste caso conta con complices ;)

¿Star Wars coma serie de televisión nos 80?

Un sueco coñecido en YouTube coma kalleanka71 decidiu inspirarse na cabeceira de MacGyver para facer a intro dunha imaxinada serie de televisión de Star Wars:

Pero a cousa non rematou aí, e tamén fixo o propio con Dallas:

Tamén parodiou a Airwolf polo que parece que durante os vindeiros meses poderemos ver outras pezas semellantes, aínda que eu non logro decidirme entre cal dos 2 vídeos que poño aquí está mellor.

Domingo, 19 de Abril de 2009

El Jueves dedica unha canción á nova ministra de Cultura

Vendo a que se estaba a montar na Internet por mor do nomeamento de Ángeles González- Sinde(scargas) os de El Jueves decidiron dedicarlle un vídeo musical:

Sen entrar en materia, coido que sobra dicir que non gusto nada da elección da ministra, pois considero que ten moitos intereses no sector cultural como para poder manexar a política do Goberno estatal nesta materia, así coma prexuízos que deixan clara a súa parcialidade, pero o que realmente debería ser tema de debate é a existencia do Ministerio de Cultura, pois as competencias na materia están transferidas ás comunidades autónomas, polo que parece que se limitan a repartir subvencións (polémicas) a certos sectores, motivo que en si mesmo non xustifica un ministerio enteiro.

Ah, e lembrei publicar aquí este vídeo porque o sábado pola noite actuou en Melide o ¿cantante? Carlos Baute (quen interpreta xunto a Marta Sánchez a canción orixinal parodiada), e quería aproveitar para preguntar se alguén sabe da asistencia ao concerto.

Sábado, 18 de Abril de 2009

Movistar lanza unha tarifa para tatexos

El Mundo Today publica hoxe unha nova realmente curiosa:

A CAMPAÑA LEVANTA A POLÉMICA
Movistar lanza unha tarifa para tartamudos
tarifa tatexos de Movistar
A compañía de telefonía móbil líder en España anunciou esta semana un plan de tarifas especial para tartamudos cuxo slogan é ” Movistar-tar-tar-tar-tatexa contigo”. A comunidade de tartamudos, lonxe de agradecer a campaña, considera que é denigrante e pensa boicoteala. Dende Movistar non entenden o rexeitamento. Non sabe un como acertar” se lamentaba onte por teléfono Javier Aguilera Arauzo, responsable da empresa.

“Tratamos de favorecer ás minorías, temos unha gran vocación de servizo porque sabemos que o noso negocio son as palabras e as emocións das persoas. Fai pouco menos dun ano recibimos unha carta dun señor que dicía que era tartamudo e que se pasaba moito anaco ao teléfono para dicir cousas como estou a chegar’ ou ‘feliz Ano Novo’. E ben, intentamos responder ás súas queixas. O que pasa é que Movistar é sempre vítima de críticas inxustas” prosegue Javier Aguilera.

A Fundación Española da Tartamudez considera xusta a tarifación especial, o que critica é a campaña mediática: no anuncio de televisión pode verse un actor facendo ver que tatexa mentres fala por teléfono e nun segundo plano unha ventá mostra como van pasando as estacións do ano. “A promoción é correcta e necesaria, pero parece que a fixesen só para ter a oportunidade de rir de nós” comentaba o presidente da Fundación nun comunicado oficial. O que máis molestou é que para acollerse ao “Plan Tartamudos” hai que chamar por teléfono ao 609, onde as operadoras obrigan recitar ao cliente poemas e trabalinguas para que demostre o seu tartamudez. Movistar asegura que o sistema trata de evitar que usuarios “non-aptos” se aproveiten da oferta.

” Que imos facer agora coa remesa de baterías de dous quilos que encargamos? Iamos regalárllelas aos que se acolleran ao plan porque entendemos que a súa seguinte preocupación podía ser a duración da batería. Que máis podemos facer? Hai dous meses enviamos iPhones gratis á Asociación de Axuda contra o Parkinson e devolvéronnolos cunha carta que contiña expresións que intento esquecer” confesa Aguieira.

A semana que vén Movistar anunciará o “Plan Bipolar” co lema “Paga o mesmo esteas do humor que esteas”. Imos ter especial coidado coas nosas campañas a partir de agora, non queremos máis decepcións. Hai tres persoas de baixa por depresión no departamento de Mercadotecnia. Pero estámolo a facer ben, non creo que o slogan ‘Chámate a ti mesmo co Plan Dobre Personalidade de Movistar’ poida ofender a ninguén, nin tampouco a promoción Esquizo, que permite enviar SMS a 0,03 céntimos a ‘esa vocecita que che di que mates á xente’ “.

Supoño que tras ler o texto entenderedes que El Mundo Today non é un medio serio, e esta nova de carallada pareceume ideal para recomendarvos visitar esa páxina na que podedes atopar animaladas realmente simpáticas como as seguintes:
- Dous mozos esnifan a fronteira (a raia) con Portugal
- Un escuadrón de gatos islámicos atentan contra o can de Obama
- TVE repite o seu último informativo porque a xente non o entendeu
- Matías Prats vai ser substituído por Loquendo
- Atopan unha boa persoa en Cantabria
- Bertone: Deus distínguenos dos Ewoks
Supoño que todos estes textos teñen que saír dalgunha mente enferma e/ou xenial, e aínda que ler o medio diariamente sexa algo pesado, botar un ollo de cando en vez é moi recomendable… especialmente se tes alguén ao lado que pensa que a nova vai en serio ;)

« Entradas máis novasEntradas máis vellas »

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Últimos comentarios