Martes, 28 de Abril de 2009

Os de Pepsi queren quitarme o sono

Anuncio de Kick Pepsi en México
En México lanzaron unha nova Pepsi con máis cafeína e ginseng, a Pepsi Kick, que debería espertar á xente, coma destacan nos seus anuncios televisivos:

Aínda que para anuncios, o da Pepsi Cafechino na India:

Pero que a xente non pense que estas edicións limitadas de Pepsi están limitadas a países raros, senón que nos EE.UU. tamén están a vender a Pepsi Throwback, feita con azúcar natural, aínda que no seu anuncio dea a impresión de que lle botan LSD:

¿Por qué en España non se animan nin a cambiar o logotipo de Pepsi nin a introducir ningunha destas novas marcas que buscan repuntar as vendas? ¿Estarán a agardar ao verán para lanzar os típicos produtos que non chegan ao inverno?

Luns, 27 de Abril de 2009

Novo directo de Zapping o vindeiro xoves

Zapping no centro cívico de Labañou
Este xoves (véspera de festivo) de 20:30 a 22:30 horas terá lugar no Centro Cívico Municipal de Labañou o segundo destes directos mensuais de Zapping, que como ben sabedes, é o mellor xeito de gozar deste tipo de experiencia radiofónica, cunha participación moi especial do público (que pode confirmar a súa asistencia a través de Facebook).
Un encontro ideal para continuar de rachí o que queda da noite (pois ao día seguinte toca celebrar o Día do Traballo… folgando).

Á espera dese día, déixovos coa gravación do anterior directo:

Audio clip: Adobe Flash Player (version 9 or above) is required to play this audio clip. You also need to have JavaScript enabled in your browser.

Xoves, 23 de Abril de 2009

Nicetrip está de aniversario

A tenda de camisetas do noso querido Antón Lezcano está de aniversario, e por iso no programa Acompáñenos da TVG dedicáronlle unha reportaxe a semana pasada:

Pero a cousa non rematou aí, e tamén contou cunha entrevista no último número da revista de R:
Entrevista a Antón Lezcano na revista de R

Parabéns á xente de Nicetrip, por cumprir aniños, e que dure moito máis esta iniciativa creativa.

Mércores, 22 de Abril de 2009

¿A qué chamar One Hit Wonder?

M80 One Hit WondersEsta mañá escoitei pola radio que un colaborador dun programa elixira un tema musical dun recompilatorio chamado M80 One Hit Wonders, o que me pareceu unha excelente idea para un dobre CD, pero que ao descubrir do que se trataba en realidade levei unha enorme decepción.
Eu entendo que un one hit wonder é un intérprete ou grupo cun único éxito, que nunca chega a levantar cabeza despois de chegar ao máis alto, e diso podemos atopar moitos exemplos coma o Koala, Los del Río, Meredith Brooks ou Lou Vega, pero estariamos dacordo en que alguén coma Georgie Dann non encaixaría nesta categoría, ¿verdade?
Todos lembramos a canción El Africano (máis coñecida coma mami, ¿qué será lo que quiere el negro?), pero aínda que fose un exitazo, Dann tamén trunfou con El Bimbó, El Chiringuito e La Barbacoa, polo que nunca o consideraría un artista dun único éxito, polo que penso que o recompilatorio de M80 é unha vergoña, coma podemos comprobar na súa selección de temas:

DISCO 1:
01. Ace Of Base - “All That She Wants”
02. Cock Robin - “The Promise You Made”
03. Michael Sembello - “Maniac”
04. Nik Kershaw - “Wouldn’t It Be Good”
05. Europe - “The Final Countdown”
06. 4 Non Blondes - “What’s Up?”
07. Jon Secada - “Just Another Day”
08. Katrina & The Waves - “Walking On Sunshine”
09. Soft Cell - “Tainted Love”
10. Trio - “Da Da Da (I Don’t Love You You Don’t Love Me Aha Aha Aha)”
11. Swing Out Sister - “Breakout”
12. Gerry Rafferty - “Baker Street”
13. Black - “Wonderful Life”
14. Dexys Midnight Runners - “Come On Eileen”
15. Dan Hartman - “Relight My Fire”
16. Harold Faltermeyer - “Axel F”
17. Buggles - “Video Killed The Radio Star”
18. Joan Osborne - “One Of Us”
19. Lisa Loeb - “I Do”
20. OMC - “How Bizarre”
DISCO 2:
01. Visage – “Fade To Grey”
02. Kim Carnes – “Bette Davis Eyes”
03. Emilia – “Big Big World”
04. Diana King – “Shy Guy”
05. Sam Brown – “Stop”
06. Rockwell – “Somebody’s Watching Me”
07. Boston – “More Than A Feeling”
08. Johh Waite – “Missing You”
09. Hanson – “MMMBop”
10. John Miles – “Music”
11. Irene Cara – “Flashdance… What A Feeling” (’95 Version)
12. Lipps Inc. – “Funkytown”
13. Chumbawamba – “Tubthumping”
14. Terry Ronald – “Calm The Rage”
15. Johnny Hates Jazz – “Shattered Dreams”
16. Baltimora – “Tarzan Boy”
17. The Beloved – “Sweet Harmony”
18. Quarterflash – “Harden My Heart”
19. Spin Doctors – “Two Princes”
20. Alannah Myles – “Black Velvet”

O disco comeza con moi mal pé, porque All That She Wants foi un temazo, pero The Sign non quedou moi atrás (sospeito que aínda é máis lembrada polo público); Europe non quedou só con The Final Countdown, senón que o seu Carrie é unha balada coñecidísima; Lisa Loeb non só tivo máis éxito que con I Do, senón que a súa canción máis popular é outra (Stay (I Missed You), incluínda na banda sonora da película Reality Bites); e o Tubthumping é o tema máis coñecido de Chumbawamba, pero o grupo tivo máis cancións populares (a miña favorita é o Mary Mary da película Stigmata).
Non podo precisar máis detalles sobre o resto de intérpretes nos que coido que tamén hai casos coma os mencionados (¿Diana King?), pero penso que antes de pór á venda un disco deste tipo, co respaldo dunha emisora de radio especializada en música, deberían ter máis tino. Cando menos non meteron no mesmo saco a Chic, que aínda que non o pareza, tivo varios éxitos, só que todos parecían iguais ;)

O que non podo deixar de comentar é que ao buscar información sobre o disco en Google, a web de M80 saíu rodeada de páxinas web con torrents para descargar o disco de balde, polo que entendo que a industria musical está a facer moi mal as cousas ao non conseguir que nos primeiros postos de busca non aparezan reseñas dos discos ou tendas onde adquirilos. Se queren evitar as descargas na Internet teñen que actuar ofrecendo información, en vez de deixar que os piratas ocupen na web o lugar que nos medios tradicionais ten a industria musical. Atacar ao lume con lume, e non con avogados.

Martes, 21 de Abril de 2009

Sáelle un duro competidor a Susan Boyle

Todo apuntaba a que Susan Boyle ía converterse no novo Paul Potts, pero agora vai pórlle as cousas difíciles un rapaciño de 12 anos que podedes ver en YouTube:

O mellor da súa actuación é cando Simon o interrompe a Shaheen Jafargholi e faille cambiar de canción (do Who’s Loving You de Michael Jackson ao Valeire de Amy Winehouse). Queda clarísimo que as sorpresas están amañadas, pero mola igual ver eses momentos.
¿Por qué os Tienes talento e os Tú sí que vales españois son unha merda pinchada nun pao en comparación? A ver se toman nota e podemos ver algo semellante por aquí (e dos concursos de talento da TVG xa nin falo).

« Entradas máis novasEntradas máis vellas »

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Últimos comentarios