Nicetrip está de aniversario
A tenda de camisetas do noso querido Antón Lezcano está de aniversario, e por iso no programa Acompáñenos da TVG dedicáronlle unha reportaxe a semana pasada:
Pero a cousa non rematou aí, e tamén contou cunha entrevista no último número da revista de R:

Parabéns á xente de Nicetrip, por cumprir aniños, e que dure moito máis esta iniciativa creativa.






8 comentarios realizados
1. ccorleone escrito o 23 de Abril de 2009 ás 18:23
Ostia, o Antón, eu seguía Zapping cando se emitía en Radio Voz, era un dos seus oíntes fieis aínda que nunca cheguei a chamar pero cando se pasaron á SERCoruña practicamente perdinos de vista. Non sabía que levaba este proxecto de Nicetrip, non recordaba oir nada disto, boa inicitiva, as camisetas están moi chulas.
Un saúdo pra ti tamén Marcus que lémbrote da sección de tecnoloxía do Zapping e habitualmente sigo o teu blog que é un dos mellores da rede galega, noraboa.
2. Marcus escrito o 23 de Abril de 2009 ás 18:27
Corleone, que saibas que agora tamén podes seguir en persoas Zapping unha vez ao mes. Para a semana que vén haberá outro dos programas de 2 horas en vivo, nun dos centros cívicos coruñeses (xa avisarei no blogue).
Grazas polos inmerecidos parabéns.
3. O Traveseiro escrito o 23 de Abril de 2009 ás 18:50
Unhas cousiñas sobre o particular:
1. O video merece moito a pena só pola presenza de Alba Lago, -ao Antón que lle dean :)- encántame esa rapaza.
2. As camisolas sáense, son algo caras, pero de gran calidade. Hai anos que teño a da vaca e está case impecábel.
3. É a primeira vez que comento aquí a pesares de que xa hai tempo que vos sigo. Agardo que non sexa a última.
4. antón escrito o 24 de Abril de 2009 ás 1:07
Moitas gracias, neno!
Xa sabes que moita culpa (boa) tela ti…
Apertas e gracias
A.
PS. Ah! E de caras nada. En 7 anos subimos 1 euro.

5. Marcus escrito o 24 de Abril de 2009 ás 1:27
Antón, sobre a palabra caro, sempre podes acollerte á cuarta acepción que dá o dicionario da RAE:
6. MERCAR | Tenda | Nicetrip | Curros Enríquez 29, baixo | A Coruña « HELLOgalicia escrito o 24 de Abril de 2009 ás 11:15
[...] de 7º aniversario, y para celebrarlo, a Antón (el cerebro oculto tras la marca Nicetrip) se le ha dado por invocar los 7 pecados capitales y [...]
7. Chousa da Alcandra escrito o 25 de Abril de 2009 ás 23:09
…e hoxe seica andabas escoitando como bouraban os de Xinzo nos tambores, pero eu non te vin.
Saúdos xa de volta
8. Marcus escrito o 25 de Abril de 2009 ás 23:39
Chousa, pois si que andaba por alí, aínda que fun principalmente para ver o que facía Gayoso no expositor de MeLISA. Flipei ao ver que trouxeran a figura xirante do AraOS (o pingüín que fai de icona do Galinux).