Sábado, 18 de Abril de 2009

Movistar lanza unha tarifa para tatexos

El Mundo Today publica hoxe unha nova realmente curiosa:

A CAMPAÑA LEVANTA A POLÉMICA
Movistar lanza unha tarifa para tartamudos
tarifa tatexos de Movistar
A compañía de telefonía móbil líder en España anunciou esta semana un plan de tarifas especial para tartamudos cuxo slogan é ” Movistar-tar-tar-tar-tatexa contigo”. A comunidade de tartamudos, lonxe de agradecer a campaña, considera que é denigrante e pensa boicoteala. Dende Movistar non entenden o rexeitamento. Non sabe un como acertar” se lamentaba onte por teléfono Javier Aguilera Arauzo, responsable da empresa.

“Tratamos de favorecer ás minorías, temos unha gran vocación de servizo porque sabemos que o noso negocio son as palabras e as emocións das persoas. Fai pouco menos dun ano recibimos unha carta dun señor que dicía que era tartamudo e que se pasaba moito anaco ao teléfono para dicir cousas como estou a chegar’ ou ‘feliz Ano Novo’. E ben, intentamos responder ás súas queixas. O que pasa é que Movistar é sempre vítima de críticas inxustas” prosegue Javier Aguilera.

A Fundación Española da Tartamudez considera xusta a tarifación especial, o que critica é a campaña mediática: no anuncio de televisión pode verse un actor facendo ver que tatexa mentres fala por teléfono e nun segundo plano unha ventá mostra como van pasando as estacións do ano. “A promoción é correcta e necesaria, pero parece que a fixesen só para ter a oportunidade de rir de nós” comentaba o presidente da Fundación nun comunicado oficial. O que máis molestou é que para acollerse ao “Plan Tartamudos” hai que chamar por teléfono ao 609, onde as operadoras obrigan recitar ao cliente poemas e trabalinguas para que demostre o seu tartamudez. Movistar asegura que o sistema trata de evitar que usuarios “non-aptos” se aproveiten da oferta.

” Que imos facer agora coa remesa de baterías de dous quilos que encargamos? Iamos regalárllelas aos que se acolleran ao plan porque entendemos que a súa seguinte preocupación podía ser a duración da batería. Que máis podemos facer? Hai dous meses enviamos iPhones gratis á Asociación de Axuda contra o Parkinson e devolvéronnolos cunha carta que contiña expresións que intento esquecer” confesa Aguieira.

A semana que vén Movistar anunciará o “Plan Bipolar” co lema “Paga o mesmo esteas do humor que esteas”. Imos ter especial coidado coas nosas campañas a partir de agora, non queremos máis decepcións. Hai tres persoas de baixa por depresión no departamento de Mercadotecnia. Pero estámolo a facer ben, non creo que o slogan ‘Chámate a ti mesmo co Plan Dobre Personalidade de Movistar’ poida ofender a ninguén, nin tampouco a promoción Esquizo, que permite enviar SMS a 0,03 céntimos a ‘esa vocecita que che di que mates á xente’ “.

Supoño que tras ler o texto entenderedes que El Mundo Today non é un medio serio, e esta nova de carallada pareceume ideal para recomendarvos visitar esa páxina na que podedes atopar animaladas realmente simpáticas como as seguintes:
- Dous mozos esnifan a fronteira (a raia) con Portugal
- Un escuadrón de gatos islámicos atentan contra o can de Obama
- TVE repite o seu último informativo porque a xente non o entendeu
- Matías Prats vai ser substituído por Loquendo
- Atopan unha boa persoa en Cantabria
- Bertone: Deus distínguenos dos Ewoks
Supoño que todos estes textos teñen que saír dalgunha mente enferma e/ou xenial, e aínda que ler o medio diariamente sexa algo pesado, botar un ollo de cando en vez é moi recomendable… especialmente se tes alguén ao lado que pensa que a nova vai en serio ;)

4 comentarios realizados

a gravatar

1. Nemigo escrito o 18 de Abril de 2009 ás 23:43

vai uns anos fixeron outra campaña na que facían burla dos que falaban pola rúa dicindo que falaban sós
Vese que non aprenden. As telecos seguen en caída libre. Na páxina de r preguntan aos usuarios como deben avisar dos cortes de servicio. E preguntanlle aos clientes! Ese é o seu chollo señores. Se non saben que veñan outros

a gravatar

2. meneame.net escrito o 18 de Abril de 2009 ás 23:55

Movistar lanza una tarifa para tartamudos [gz]…

La compañía de telefonía móvil líder en España ha anunciado esta semana un plan de tarifas especial para tartamudos cuyo eslogan es “Movistar-tar-tar-tar-tartamudea contigo”. La comunidad de tartamudos, lejos de agradecer la campaña, conside…

a gravatar

3. Marcus escrito o 19 de Abril de 2009 ás 12:27

Nemigo,¿cómo que non aprenden? ¡Pero se a nova é de carallada! :P

a gravatar

4. moinante escrito o 19 de Abril de 2009 ás 15:35

#3 Éche o que ten non ler os posts ata o final ;)

Esta web apoia á iniciativa de petición
da volta do Xabarín Club á TVG

Facer un comentario

Etiquetas (tags) permitidas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Observación: Os comentarios poderían non aparecer automaticamente, pois nalgunhas ocasións precisan de moderación por parte do administrador deste blogue.

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Novas de Código Cero