Mércores, 1 de Abril de 2009

Envorca un camión na Vedra (A Coruña)

camión envorcado
Despois dos distintos accidentes contra o barco de Chanquete, mándanme hoxe unha impactante fotografía dun camión entornado xunto a Avenida de Alfonso Molina, na entrada da Coruña. A imaxe é obra de Patricia Ferrol, que como siga así vai labrarse toda unha reputación no seguimento dos accidentes no contorno de Matogrande (adiantándose sempre os medios de comunicación), onde vai rematar compensar pór unha cámara web as 24 horas do día.
condutor sobre a cabina
O condutor sobre a cabina do camión tamén é algo que impresiona. Gustaríame ver un detalle da cara de circunstancia do paisano.

Coido que desta vez non é preciso mencionar nada sobre a velocidade do vehículo, pois está claro que o camión é un Transformer, que co cambio de hora estaba algo canso e decidiu botar unha soneca. O condutor só está agardando para retomar a súa viaxe cando o curmán de Optimus Prime recupere as horas de sono perdidas.

ACTUALIZACIÓN: La Voz de Galicia ampliou a información:

El vuelco de un camión en Alfonso Molina provoca desvíos en la entrada a la ciudad
El siniestro se produjo a las nueve y veinte de la mañana.

erguendo o camiónUn camión que circulaba en dirección entrada a la ciudad volcó esta mañana en la incorporación a la avenida de San Cristóbal, provocando desvíos en la circulación.

Fuentes de la policía local indicaron a Efe que el siniestro se produjo a las nueve y veinte de la mañana y que el conductor del vehículo resultó ileso.

Según estas mismas fuentes, los trabajos de izado del vehículo continúan y están siendo «muy laboriosos», aunque no han provocado grandes problemas en el tráfico rodado.

Los vehículos que acceden a la ciudad y que pensaban tomar la salida hacia la avenida de San Cristóbal están siendo desviados hacia Matogrande y la zona de la fuente de las pajaritas.

Non sei para qué utilizaron grúas para erguer o camión cando podían limitarse a gritar upa a ver se acordaba e se incorporaba sen máis á estrada ;)

3 comentarios realizados

a gravatar

1. Brigantium escrito o 1 de Abril de 2009 ás 12:42

Ola Marcus! Sabes algo máis do peche de Chuza aparte da información que se pode ler no expediente que aparece na web?

a gravatar

2. Marcus escrito o 1 de Abril de 2009 ás 12:44

¿O peche de Chuza? ¡Primeiro de abril, primeiro de abril!

a gravatar

3. marcus.es » Outro camión envorcado na Vedra escrito o 13 de Xuño de 2009 ás 12:09

[...] A historia repítese, e a cámara de Patricia Ferrol volveu captar a un camión descansando na Vedra. Supoño que é un Transformer que viña de concentración para ver o vindeiro venres a nova película dos seus colegas, pero cansou de andar tantas horas na estrada e decidiu botar unha soneca. [...]

Facer un comentario

Etiquetas (tags) permitidas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Observación: Os comentarios poderían non aparecer automaticamente, pois nalgunhas ocasións precisan de moderación por parte do administrador deste blogue.

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Últimos comentarios