Domingo, 19 de Abril de 2009

El Jueves dedica unha canción á nova ministra de Cultura

Vendo a que se estaba a montar na Internet por mor do nomeamento de Ángeles González- Sinde(scargas) os de El Jueves decidiron dedicarlle un vídeo musical:

Sen entrar en materia, coido que sobra dicir que non gusto nada da elección da ministra, pois considero que ten moitos intereses no sector cultural como para poder manexar a política do Goberno estatal nesta materia, así coma prexuízos que deixan clara a súa parcialidade, pero o que realmente debería ser tema de debate é a existencia do Ministerio de Cultura, pois as competencias na materia están transferidas ás comunidades autónomas, polo que parece que se limitan a repartir subvencións (polémicas) a certos sectores, motivo que en si mesmo non xustifica un ministerio enteiro.

Ah, e lembrei publicar aquí este vídeo porque o sábado pola noite actuou en Melide o ¿cantante? Carlos Baute (quen interpreta xunto a Marta Sánchez a canción orixinal parodiada), e quería aproveitar para preguntar se alguén sabe da asistencia ao concerto.

3 comentarios realizados

a gravatar

1. riki escrito o 20 de Abril de 2009 ás 14:21

Boas Marcus, coido que houbo sobre 3.000, 3.000 e pico persoas, veña un saúdo ¡¡¡

a gravatar

2. Marcus escrito o 20 de Abril de 2009 ás 17:09

Grazas pola info, Riki. Agora só falataría saber o que cobra Baute para saber se a experiencia foi rendible economicamente.

a gravatar

3. marcus.es » Concerto de Carlos Baute en Melide escrito o 21 de Abril de 2009 ás 9:24

[...] un concerto de Carlos Baute, e eu tiña algo de curiosidade por saber se fora moita xente, ao que Riki respondeu que irían unhas 3 mil persoas, o que non parece un mal resultado. Logo déuseme por mirar se había algo do tema e atopei que no [...]

Facer un comentario

Etiquetas (tags) permitidas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Observación: Os comentarios poderían non aparecer automaticamente, pois nalgunhas ocasións precisan de moderación por parte do administrador deste blogue.

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Alianzo Rank de GalegoAlianzo Rank de Galicia

Últimos comentarios