¿Cómo sería El Caballero Oscuro nos anos 60?
Os tolos de College Humor veñen de facerme escachar coa risa ao presentar cómo sería a película de El Caballero Oscuro se seguise os pasos da serie de Batman que botaban hai anos na TVG:
O peor de todo é que non hai tanto que tragaba todos os episodios do Batman de Adam West sen rechistar, aínda que sempre gustei máis da visión que do personaxe daba Bruce Timm na súa serie de animación.
Por se acaso, recomendo á xente que non revisite moitas series da súa infancia, pois téndese a levar sorpresas nada agradables, que enturbian as nosas lembranzas. Vaia, que Mazinger Z dá moita peniña hoxe, aínda que no seu día parecese unha serie alucinante (aínda que hai que recoñecer que moitas series xa eran cutres no seu tempo).






4 comentarios realizados
1. Manoliño Captura escrito o 29 de Abril de 2009 ás 19:35
Si que tes razón no de non revisitar as series da infancia, pero eu quero deixar aquí unha excepción: ‘Allo ‘Allo. Sorpréndeme que haxa tanta xente que non a lembre ata que non lle dis “son eu, LeClerc” facendo un xestiño cos óculos.
A que si que gostaría moito de ver é A muller biónica, xa me parecía cutre na infancia e agora ten que ser o summum do kitsch.
2. Marcus escrito o 29 de Abril de 2009 ás 21:14
Manoliño, eu de Allo Allo quedo co de , e gustei de que a editasen en DVD en galego.
Sobre A muller biónica, saíu en DVD en español, e vese bastante cutre, como tamén a serie de El Hombre de los Seis Millones de Dólares. Ese tipo de produtos vense moi do seu tempo, coma Magnum, El Equipo A ou El Coche Fantástico. Aínda que todas teñen detalles que as fan tan lembradas e admiradas coma o Dr. Who.
3. Manoliño Captura escrito o 30 de Abril de 2009 ás 17:24
Eu teño as catro primeiras tempadas de Allo Allo en DVD ca doblaxe en galego (e catalán e castelán e non sei se algún máis), pero a quinta non a merquei porque só tiña a doblaxe en castelán (e perde bastante, podes crerme, ainda que só seña porque os franceses non teñen acento francés).
4. Marcus escrito o 30 de Abril de 2009 ás 18:18
Manoliño, o que pasa é que a serie non a botaron enteira na TVG. De feito, a 8ª tempada nin sequera está dobrada ao español (aínda que si ao catalán). Cousas raras…