E agora, ¿a hora porno de Bill Cosby?
Admito quede cativo non perdía un episodio de La Hora de Bill Cosby, pero acepto que hoxe a serie pareza unha ñoñería absoluta, da que apenas lembro 2 detalles: as parodias que fan en Padre de Familia e Lisa Bonet (especialmente na película Alta Fidelidad).
Non esperaba que fosen capaces de facer unha parodia porno da serie, titulada Not The Cosby Show XXX, que xa conta cun trailer non pornográfico:
Esperaba unha trapallada, ¡pero o fulano é cuspidiño! E incluso a intro quedou moi semellante á da serie orixinal:
De todos os xeitos, ¿non se están a pasar un pouquiño con estas parodias? É que unha cousa é facer coñas con Star Wars e Star Trek, e outra ben diferente ir a polas series de televisións familiares. Vaia, que como a cousa continúe así xa estou vendo como mancillan Cosas de Casa ou El Príncipe de Bel-Air. Que tomen un atallo, e vaian directamente a facer os Telefuckies ou unha versión erótica dos Lunnis.




3 comentarios realizados
1. Xoán Castro escrito o 18 de Abril de 2009 ás 18:57
Ah, pero é que non coñeces “Conas de casa” e “El Príncipe de Bel-Air y otras cosas de met-air”? (vale, admítoo, o chiste é absolutamente infame).
2. Marcus escrito o 18 de Abril de 2009 ás 23:37
Jajaja, o chiste será infame, pero fíxome grazas.
3. marcus.es » Friends inspira unha parodia pornográfica escrito o 19 de Agosto de 2009 ás 18:49
[...] orixinal e da revisión para adultos limítanse ao peiteado e pouco máis, quedando moi lonxe da parodia de La Hora de Bill Cosby. O que si quedou bastante ven foi o estoxo dos DVD, que ten un aire ao de Friends: O que non [...]