Martes, 21 de Abril de 2009

Concerto de Carlos Baute en Melide

O sábado pola noite tivo lugar en Melide un concerto de Carlos Baute, e eu tiña algo de curiosidade por saber se fora moita xente, ao que Riki respondeu que irían unhas 3 mil persoas, o que non parece un mal resultado.
Logo déuseme por mirar se había algo do tema e atopei que no Correo falaban do asunto:

La música de Baute triunfa en la noche de Melide
Moitas mozas no concerto de Baute en MelideEl cantante venezolano Carlos Baute deleitó ayer en Melide a un público entregado -principalmente el sector femenino-, que llenó el palacio de congresos para seguir su música y sus bailes en un escenario que conformó parte importante del espectáculo. Las puertas estuvieron abiertas desde una hora antes y ese fue un acierto de la organización, puesto que la gente comenzó a llegar con bastante antelación, probablemente para poder ubicarse en los mejores sitios, es decir, en los que mejor podía ver a su ídolo.

A fotografía que acompaña á nova é moi ilustrativa do concerto, e faime graza a cara que poñen os asistentes que en vez de mirar a Baute miran a cámara :P
Pero aparte da prensa, apenas había información sobre o concerto na Rede, o que me parecía algo díficil e finalmente din cun par de clips en YouTube, coma no que Baute interpreta o seu tema Te regalo:

Amais tamén saín de dúbidas sobre cómo ía cantar Colgado en tus manos sen contar con Marta Sánchez no escenario, e a respota foi bastante cutre (deixou que fose o público o que cantase):

Tamén lin por aí que se notou o playback, o que non sei moi ben a qué se referiría (literalmente o playback é o acompañamento musical, non a voz). ¿Será que algún fragmento dalgunha canción estaba pre-gravado? Paréceme algo raro, porque non vexo que as cancións precisen dese tipo de trucos, xa que non son tan sofisticadas (nin o cantante destacou nunca polo seu chorro de voz). E iso sen comentar a mala acústica do Pazo de Congresos…

8 comentarios realizados

a gravatar

1. Animaliño escrito o 21 de Abril de 2009 ás 13:18

Dende logo, qué mala é a xente. Haberá mesmo quen diga que en Luar hai playback…

a gravatar

2. riki escrito o 21 de Abril de 2009 ás 14:28

como curiosidade dicir que o concerto estivo oficialmente cancelado duas horas ó venres pola tarde, xa que había rumores de que lle secuestraran o pai, e sobre si foi rendible, supoño que si o sería, saúdos marcus

a gravatar

3. Jorge escrito o 21 de Abril de 2009 ás 17:58

Hay que decir q foi o mellor concerto a nivel de sonido, xa q por lo menos escoitábase a letra. Tempos aqueles quedan cando mclan non se escoitaba a letra

a gravatar

4. yo escrito o 21 de Abril de 2009 ás 19:43

Se oyó muy bien, no esperaba que fuera así.
Animo a los organizadores a que sigan trayendo gente, pues estuvo muy animada la noche de Melide, y además fue muy bueno para la hostelería.
Lo del playback es mentira. Fue todo el concierto en directo. Si la envidia fuera tiña…

a gravatar

5. Carla escrito o 23 de Abril de 2009 ás 0:21

Concordo con que había unhas 3.000 persoas pero iso é pouco e non estaba nin mediado o local. Alí caben se problemas 8.000 persoas, como mínimo. Botando contas polo prezo da entrada e o número de persoas que había, estou completamente segura de que non cubriron os gastos. Unha pena, pero éche o que hai.

a gravatar

6. Luisma escrito o 23 de Abril de 2009 ás 12:15

Logo moito cobra o paisano! (que cobre xa me parece un despropósito :) )

a gravatar

7. Marcus escrito o 23 de Abril de 2009 ás 12:31

Luisma, os custos non están só no caché do cantante. Depende dos casos, pero o local, a seguridade, o equipo de son e moitos outros gastos aparte do que cobre Baute non son pouco. Non creo que perdesen cartos, pero tampouco sacarían moito. Haberá que ver se a experiencia a consideraron positiva e así repiten con cantantes de máis peso.

a gravatar

8. os teus ollos escrito o 6 de Maio de 2009 ás 7:27

Marcus,xoves festa da hostelaría en Melide.

Facer un comentario

Etiquetas (tags) permitidas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Observación: Os comentarios poderían non aparecer automaticamente, pois nalgunhas ocasións precisan de moderación por parte do administrador deste blogue.

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Últimos comentarios