Xoves, 30 de Abril de 2009

¡Borraron YouTube! A gravalo de novo…

Os de Que Vida Más Triste quixeron volver á televisión por todo o grande, e o mellor xeito que se lles ocorreu foi facendo un episodio que de seguro que vai dar moito que falar na Internet (polo momento xa o comentan en Pixel y Dixel), pois é unha homenaxe á película Rebobine por favor, pero aplicando o conto a YouTube:

Como continúen así van petar con todo en YouTube, no BitTorrent, no eMule… ¿e na televisón?

A orxía dos sentidos de Blusens (por BAP&CONDE)

Coido que aos de BAP&CONDE fóiselles a pinza coa nova campaña de Blusens, na que queren representar que os produtos da empresa tecnolóxica galega son unha orxía para os sentidos:
orxía para os sentidos
Eu aínda non vin o anuncio na prensa ou en carteis, e incluso sospeito que non o chegarei a ver (pois os de Blusens non son dos que gastan moito en publicidade), pois pareceríame raro que investisen nunha campaña tan rariña.

Mércores, 29 de Abril de 2009

Os 20 anos da web en Voces de Galicia

Micrófono de RadioVozEsta mañá coincidimos en RadioVoz para falar dos cambios que supuxo a Internet para a sociedade Javier Wicho Pedreira, Patricia Ferrol e un servidor, baixo a condución de Isidoro Valeiro.
O tema da tertulia estaba marcado polos 20 anos da WWW o que Wicho ampliou asegurando que a Rede ten uns 40 anos (os cumpriría en setembro), dato cronolóxico que quixen matizar, pois entendo que cadaquén tende en datar a Internet segundo os seus intereses. Así, ARPANET, a rede nacida nos EE.UU. cumprirá 40 anos, pero non foi ata o 1 de xaneiro de 1983 cando se instaurou coma protocolo de comunicación o actual TCP/IP (¿26 anos?), se mirarmos á web incluso os 20 anos sería unha esaxeración (as primeiras webs tardaron en chegar), pero eu entendo que cando falamos da Internet estamos a facer referencia a unha rede pública de comunicación na que conviven distintos ámbitos, dende o educativo ata o puramente comercial, e non sería ata abril de 1995 cando iso sería unha realidade. Meses despois (o 15 de decembro, para máis señas) chegaría a Infovía a España, polo que en certa medida non chegamos tan tarde a esta revolución. Con estas últimas contas teriamos unha Internet con 14 anos, ou sexa, menor incluso que a propia web, o que pode resultar paradoxal, de aí que ningún dos datos anteriores teña moito sentido porque, simplemente, a Rede non é unha cousa ben definida, e a súa creación foi accidental, de aí moitas das súas carencias e a dificultade de escribir unha historia fiel da mesma.
Sendo serios, nunca poderiamos celebrar o cumpreanos da Internet, e de querer facer celebracións históricas, deberiamos falar de aniversarios dos distintos momentos relevantes para a súa creación. Así, o 20º aniversario da proposta de creación da WWW é un acontecemento a ter en conta, principalmente porque serve de recordatorio do moito que cambiou as nosas vidas algo que leva tan pouco tempo entre nós (aínda que a tecnoloxía que sostén esta infraestrutura sexa anterior ao meu propio nacemento).

Deixando de lado o asunto, durante o programa de radio tamén comentamos outros moitos temas, para o que tamén fixeron as súas achegas polo fío telefónico Carlos Agulló (subdirector de La Voz e responsable da súa edición dixital) e Víctor Domingo (director da Asociación de Internautas). Sen máis rollo, deixo aquí o corte completo do programa de RadioVoz:

Audio clip: Adobe Flash Player (version 9 or above) is required to play this audio clip. You also need to have JavaScript enabled in your browser.

¿Cómo sería El Caballero Oscuro nos anos 60?

Os tolos de College Humor veñen de facerme escachar coa risa ao presentar cómo sería a película de El Caballero Oscuro se seguise os pasos da serie de Batman que botaban hai anos na TVG:

O peor de todo é que non hai tanto que tragaba todos os episodios do Batman de Adam West sen rechistar, aínda que sempre gustei máis da visión que do personaxe daba Bruce Timm na súa serie de animación.
Por se acaso, recomendo á xente que non revisite moitas series da súa infancia, pois téndese a levar sorpresas nada agradables, que enturbian as nosas lembranzas. Vaia, que Mazinger Z dá moita peniña hoxe, aínda que no seu día parecese unha serie alucinante (aínda que hai que recoñecer que moitas series xa eran cutres no seu tempo).

¿Será Ye Sui a canción do vindeiro verán?

A estas alturas adiviñar cal será a canción do verán parece difícil, pero o Ye Sui, enamorado de tua podería ser un deses temas, aínda que non oficiais. ¿A qué me refiro? Pois ao feito de que, pese a que nas radios e televisións poñan certos temas a todas horas, hai cancións bastante distintas nas verbenas, en plan El Polvorete (de Pepe Benavente), e esta peza pode ir no mesmo camiño, comezando a súa traxectoria cara ao éxito na Internet (coma fixera o Koala):

A min faime bastante graza iso do open to los windows, e supoño que a letra é o suficientemente doada como para que a lembre todo o mundo.
O grupo que interpreta o tema é Albahaca, e o seu disco titúlase Vamos a bailar, descrito deste xeito:

Son de Triana. Y es son de Triana su música. Hay en el mundo un lugar, quizás el único, que no da autodidactas porque es el lugar de los mil maestros. En Triana nadie aprende solo en los cuartos vacíos del cerebelo. Desde que se nace se va asomando -pétalos de la memoria- la flor de los genes; una exquisita y natural sabiduría que bulle escondida hasta que se le llama. La va regando una atmósfera fresca y nutriente. Son de Triana y están en su son. En Triana no se exagera, se mide, se calibra y cualquiera es capaz de ponderar con justicia y sabiduría en una exposición o manifestación de arte. Que no se olvide que el histórico arrabal, puebla de Sevilla, es marca de origen en la bella artesanía plástica de la cerámica; que sabe de figuras y armonías. Que no se olvide que hablamos de la tierra donde se fraguó -de fragua- la música más andaluza, donde saltaron las primeras chispas hirientes del flamenco.
Son de Triana los miembros de ALBAHACA; Y este es el sonido de sus primeros veinte años de creatividad, de vida musical que llega al campo del placer -que es el mercado- con su veterana categoría de grupo andaluz. Que veinte años es mucho en este mural de primaveras para unas voces que suenan a ellos mismos, o a lo que es igual, que no se parecen a nadie.

¿De onde serán estes artistas? ;) ¿20 anos de creatividade? Só espero que pese a iso, esteamos ante o seu disco de debú, pois dúas décadas de discos con temas deste nivel non creo que haxa corpo que o resista.

Martes, 28 de Abril de 2009

Os de Pepsi queren quitarme o sono

Anuncio de Kick Pepsi en México
En México lanzaron unha nova Pepsi con máis cafeína e ginseng, a Pepsi Kick, que debería espertar á xente, coma destacan nos seus anuncios televisivos:

Aínda que para anuncios, o da Pepsi Cafechino na India:

Pero que a xente non pense que estas edicións limitadas de Pepsi están limitadas a países raros, senón que nos EE.UU. tamén están a vender a Pepsi Throwback, feita con azúcar natural, aínda que no seu anuncio dea a impresión de que lle botan LSD:

¿Por qué en España non se animan nin a cambiar o logotipo de Pepsi nin a introducir ningunha destas novas marcas que buscan repuntar as vendas? ¿Estarán a agardar ao verán para lanzar os típicos produtos que non chegan ao inverno?

Luns, 27 de Abril de 2009

Novo directo de Zapping o vindeiro xoves

Zapping no centro cívico de Labañou
Este xoves (véspera de festivo) de 20:30 a 22:30 horas terá lugar no Centro Cívico Municipal de Labañou o segundo destes directos mensuais de Zapping, que como ben sabedes, é o mellor xeito de gozar deste tipo de experiencia radiofónica, cunha participación moi especial do público (que pode confirmar a súa asistencia a través de Facebook).
Un encontro ideal para continuar de rachí o que queda da noite (pois ao día seguinte toca celebrar o Día do Traballo… folgando).

Á espera dese día, déixovos coa gravación do anterior directo:

Audio clip: Adobe Flash Player (version 9 or above) is required to play this audio clip. You also need to have JavaScript enabled in your browser.

Entradas máis vellas »

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Novas de Código Cero