Interesante promoción de El Mundo: un móbil Nokia 5800 case de balde
Non é a primeira vez que falo de promocións tecnolóxicas dalgún xornal, para advertir da súa letra pequena ou de que presentan uns prezos que non compensan, pero a última de El Mundo sorprendeume positivamente. A promoción consiste en xuntar 15 cupóns nunha cartilla, de xeito que sairía en pouco máis de 18 euros (aos que habería que sumar 49 euros de non ter contrato cunha operadora distinta a Vodafone), e permite facerse cun móbil Nokia 5800 cun compromiso de permanencia de 18 meses en Vodafone (aplicable a calquera plan de prezos).

E para que dubide da letra pequena, parece moi razoable:

Hai que lembrar que o Nokia 5800 é un terminal moi completo para a reprodución multimedia:

Actualmente é posible coller unha promoción semellante sen El Mundo, pero só con contratos con tarifas bastante elevadas, e coas tarifas máis económicas a broma sairía normalmente en 209 euros, de aí que diga que a promoción parece bastante boa.
Non esquezamos que Vodafone tamén ten un bo servizo de conectividade 3G, polo que os interesados poden tamén empregar o Nokia 5800 para estar conectado á Rede en calquera momento e lugar a un prezo aceptable (hai tarifa plana móbil por 12 euros/mes + IVE).
Sen dúbida, unha interesante opción para os que estean en operadoras diferentes a Vodafone e queiran gozar dun terminal telefónico moi completo.




3 comentarios realizados
1. josiño escrito o 19 de Marzo de 2009 ás 12:55
Este terminal está dando moitos problemas.Nokia,dende as series N , está dando moi mal resultado.De aí que tanto este terminal en El Mundo , coma os propios de Vodafone co N95(que mira que non está desfasado)o poñan a prezos realmente apetecibles.
2. Marcus escrito o 19 de Marzo de 2009 ás 13:33
Josiño, coido que hai algo de confusión por aí: o Nokia 5800 deu problemas nos EE.UU., pois funcionaba mal coas redes 3G americanas, o que arranxaron cunha actualización.
Logo, se os problemas dos que falas son pola carcasa de plástico cutre, coma o N95, iso é certo, pero só dá problemas á xente que trata os trebellos coma se fosen de goma.
A outros nivels non escoitei de fallos nin no N95 nin no 5800, aínda que cómpre deixar claro que o 5800 é o terminal máis cutre da nova serie de Nokia, e o móbil realmente completo será o Nokia N97, pero aínda non está nas tendas (sairá antes do verán) e custará bastante (550€+IVE libre).
3. Nemigo escrito o 20 de Marzo de 2009 ás 12:26
18 meses de permanencia? A día de hoxe en 18 meses quen sabe o que se poderá ofrecer en telecomunicacións! Penso que pouca xente chega a esgotar ises plazos. En Yoigo xa teñen faltado a manter promocións ise tempo. Ocasión moi boa pra darse de baixa sen penalizacións. E iso os operadores. Imaxina que mañá unha de isas operadoras virtuias ofrece o que xa hai noutros países de europa e USA: tarifa plana de móbil todo o día!
50 ou 100 euros ao mes e fala todo o que queiras. Quen vai manter permanencia algunha con isas condicións? Marcha ata as dependentas