Sábado, 28 de Marzo de 2009

Left 4 Dead, ¿a película?

Night Zero é un fotocómic un tanto rariño, pero o que é rechamante é que os seus responsables publicaron unha galería fotográfica na web (descuberta a través de Pixfans) promocionando a súa páxina web na que podemos ver unha serie de fotografías nas que recrean escenas do xogo Left 4 Dead, dando toda a impresión de que estamos ante unha película:
baixando as escaleiras
Apagade as lanternas
vas quedar coma un colador
Vendo esas falsas instantáneas só podo pensar: ¡quero ver a película xa! Conseguiron recrear a estética do videoxogo dun xeito excelente, e só faltaría un pouco de guión para crear unha obra impresionante con eses alicerces. Vaia, que das pelis de zombies ou infectados non pedimos moito, e do que non hai dúbida é de que son moi rendibles economicamente, polo que apostaría algo a que imos tardar pouco en ver unha película baseada no Left 4 Dead (xogo que poderiamos considerar como o tapado de 2008, converténdose en todo un imprescindible para o xogo en liña).

Venres, 27 de Marzo de 2009

Por amor rompí mi ordenador (Esteban Navarro)

Esteban Navarro, é un cantante que debe de querer facer moitos amigos en Facebook, porque está a provocar a todo o mundo co tema Por amor rompí mi ordenador:

O curioso deste vídeo é que sae a luz nun momento no que a xente fala xusto do contrario: Jennifer Aniston deixou ao seu mozo por prestarlle máis atención a Twitter que a ela (¡será paspán!).

¿Co-fundador de Microsoft e creador do Word?

Cando leo información relacionada coa tecnoloxía na prensa xeneralista normalmente pillo mosqueos pola falta de precisión e respecto pola verdade que se ten ao traducir, copiar e pegar textos sen saber interpretalos, e como último exemplo vin hoxe unha nova en La Voz de Galicia:

El creador de Word, el primer turista espacial que repite

Simonyi pagó por su billete 35 millones de dólares, diez más que hace dos años

SimonyiProbó la experiencia en abril del 2007 y ahora se dispone a repetirla. El multimillonario Charles Simonyi se puso ayer en órbita para convertirse en el primer turista espacial que viaja dos veces a la estación espacial internacional. Y probablemente sea también el último inquilino no profesional del laboratorio estelar, o al menos durante una larga temporada, porque a partir de mayo el complejo duplicará su capacidad para pasar de tres a seis astronautas. A partir de entonces ya no habrá sitio para más, pese a los importantes beneficios que reporta para la agencia espacial rusa el envío de turistas a la ISS. Simonyi pagó por el billete 35 millones de dólares, diez más de los que había abonado hace tan solo dos años, lo que demuestra que la crisis económica pasa de largo por el turismo espacial. Pero el estadounidense de origen húngaro también puede permitírselo. No en vano, el cofundador de Microsoft y creador del programa de edición de textos Word y de la hoja de cálculo Excel tiene una fortuna personal estimada en mil millones de euros.

Ao ler esto último quedei un tanto sorprendido. Daba a entender que había un fundador de Microsoft que non coñecía, e que o Word era un produto independente adquirido a posteriori por Microsoft, pero a realidade está moi lonxe diso.

Resulta que Simonyi é húngaro (o seu nome real é Simonyi Károly), polo que dificilmente estaría entre os fundadores de Microsoft, e non só non tivo nada que ver cos inicios da compañía, senón que comezou a traballar na mesma 6 anos despois da súa fundación.

E sobre acreditarlle a autoría do Word… o tío o que fixo foi supervisar o desenvolvemento do Word e do Excel (e anteriormente do esquecido Multiplan) o que dista moito da creación dun programa. Vaia, que é como dicir que Pedrojota Ramírez é o autor de todos os artigos de El Mundo.

Estiven a mirar no resto da prensa, e La Voz é un dos poucos medios que comete a pifia, que entendo que vén do titular de El Mundo (pois no texto de El Mundo non cometen o erro). Pensei así que o erro podería vir da prensa norteamericana e resulta que en todos os medios definen a Simonyi coma developer, agás no blog Gizmodo onde sacan da manga a palabra creator cando na nova de Reuters na que se inspiran falan de Simonyi, who led the teams that developed Microsoft’s Word and Excel applications. ¿Entendemos así que un erro dun blog tecnolóxico pode provocar que pifias na prensa xeralista de todo o mundo? A min, como mínimo, reafírmame na miña teima de verificar a información que non me parece fiable.

Mércores, 25 de Marzo de 2009

Hai que ter sentidiño en Facebook

Nos últimos meses non paran de preguntarme polas ameazas á privacidade en Facebook, e eu sempre teño que soltar o mesmo rollo decindo que hai que utilizar o sentido común, e utilizar as plataformas de redes sociais para o que son: comunicarse cos amigos. Non son un xeito de coleccionar contactos. Así, non hai que aceptar automaticamente todas as invitacións de amizade que recibimos (ou para xuntarnos a grupos cos que non temos nada en común) porque a longo prazo pode ser un problema.
Pero podemos deixar as preocupacións a un lado e tomalo con humor, coma Mark Parisi na súa tira Off The Wall:
Facebook nun xuízotailbook, o facebook para cans
Soltada a mensaxe, agora vén o spam: ¿sabedes que Alberto o do Estilo Rodríguez creou un grupo chamado me gustan los melindres de Melide? Xa conta con 32 membros, e agardemos que sexan moitos máis antes da Festa do Melindro o vindeiro 10 de maio.

Luns, 23 de Marzo de 2009

Zapping On Tour, este venres en Monelos

O vindeiro venres Txury e Antón van xuntarse no Centro Cívico Municipal de Monelos (A Coruña) durante dúas horas para achegarnos unha sesión en directo de Zapping On Tour:
Zapping On Tour
Este será o primeiro dunha serie de directos mensuais de Zapping, segundo puidemos ler en La Opinión:

Esta oferta de actividades socioculturais complétase coa emisión en directo, unha vez ao mes e dende o centro de Monelos, do programa Zapping, que emite actualmente a Cadea SER. Zapping naceu na radio universitaria CUAC FM e foi forxando a súa dilatada carreira a través de diferentes medios de comunicación.

Ah, e en Facebook tamén consta o evento, para que a xente indique se vai asistir, e así tamén anime a outros amigos a facer o mesmo.

« Entradas máis novasEntradas máis vellas »

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Últimos comentarios