Un novo Lobezno de Das Pastoras
Esta semana non paro de ler novas que de comics da Marvel con relación con Galicia, e hoxe dende Culturagalega.org adiantan que Das Pastoras está a preparar un novo one-shot de Lobezno baixo o título Wolverine: Revolver, que sairá en xuño nos EE.UU. e ten unha pinta un tanto rara:



Lembremos que a Das Pastoras xa publicáranlle Wolverine: Switchback en xaneiro (non sei se en España chegará como número solto ou dentro da serie regular, na que fan o que lles peta, mestruando dúas series regulares norteamericanas e números independentes sen pensar no lector), polo que supoño que na Marvel quedaron convencidos polo seu traballo co mutante máis comercial que hai (e que pronto veremos na pantalla grande nunha película propia).




2 comentarios realizados
1. albixoi escrito o 21 de Marzo de 2009 ás 23:42
Interesante. Se ben, recoméndoche que empregues a palabra Lobeto para a tradución.
2. Marcus escrito o 22 de Marzo de 2009 ás 0:21
Albixoi, utilizo a palabra Lobezno en cursiva porque é o nome que ten o personaxe en España. Chamarlle lobeto ou lobiño sería un erro de tradución, pois no caso de Logan a palabra Wolverine define a un carcayú ou glotón (animal do que non me consta que exista palabra en galego, aínda que atendendo ao portugués supoño que quedaría coma glotón). A xente tende a esquecer as garras e o traxe orixinal de Wolverine non teñen nada que ver cun lobo, así coma o feito de que o personaxe sexa canadense (coido que máis do 90% dos glotóns do mundo viven en tal país).