Left 4 Dead, ¿a película?
Night Zero é un fotocómic un tanto rariño, pero o que é rechamante é que os seus responsables publicaron unha galería fotográfica na web (descuberta a través de Pixfans) promocionando a súa páxina web na que podemos ver unha serie de fotografías nas que recrean escenas do xogo Left 4 Dead, dando toda a impresión de que estamos ante unha película:



Vendo esas falsas instantáneas só podo pensar: ¡quero ver a película xa! Conseguiron recrear a estética do videoxogo dun xeito excelente, e só faltaría un pouco de guión para crear unha obra impresionante con eses alicerces. Vaia, que das pelis de zombies ou infectados non pedimos moito, e do que non hai dúbida é de que son moi rendibles economicamente, polo que apostaría algo a que imos tardar pouco en ver unha película baseada no Left 4 Dead (xogo que poderiamos considerar como o tapado de 2008, converténdose en todo un imprescindible para o xogo en liña).




1 comentarios realizados
1. skaltum escrito o 29 de Abril de 2009 ás 16:47
Tendo en conta a cantidade de películas nefastas que saen ao cine basadas en videoxogos, case se prefiro que non estropeen máis xogos.Xa que unha cousa é ben clara, debido á fama que ten dito xogo, os directores, guionistas e demáis, non se poñerían en serio a crear unha película de culto, xa que saben perfectamente que a xente (polo menos os que coñecen dito xogo) van ir ao cine sen dubidalo.
Xa bastantes xogos deixaron polo chan como Street Fighter( duas entregas), Hitman, Tom Raider, Max Payne , etc e ningunha chega á nota de decente.
Pero parece que segue dando moitos beneficios xa que xa están en desenrolo palículas como Prince of Persia, Shadow of the Colossus ou Bioshock, xogos dunha calidade enorme que perderán a súa reputación pola súa aparición ni cinema.
Oxalá me equivoque, pero creo que non.