Kingpin visita a Costa da Morte no último número norteamericano de Daredevil
Hai un par de semanas chegou ás tendas norteamericanas o número 116 da serie Daredevil no que comeza unha nova saga na que narran o regreso de Kingpin, e a acción ¡transcorre en Galicia! Acaba de avisarme Diego do asunto, e quedei un tanto flipado ata que vin que o debuxante non é outro que David Aja, que o pasado verán foi un dos convidados a Viñetas desde o Atlántico.
Na web podemos ler as primeiras páxinas a xeito de mostra, pero eu fixen a miña propia escolma:




O mar, o campo, Nunca Máis e Estrella Galicia… un curioso xeito de resumir nuns detalles o que é a Costa da Morte, zona elixida por Kingpin para iniciar unha nova vida lonxe do crime. Sobra dicir que non o van deixar tranquilo, e o chaman a filas, para que volva a ter un papel importante na serie do Home Sen Medo. Estaría ben que fose ao revés, e Daredevil deixase a rúas de New York para loitar contra o crime nas costas galegas… ¿o terror dos mariscadores furtivos?
ACTUALIZACIÓN: Manuel Gago falou por teléfono con Aja, quen asegurou que elixiu a Costa da Morte porque apetecíame coller unha zona grande que estivera pouco explotada a nivel turístico, e tamén para non etiquetar algunha vila concreta. Tentei reflectir o espírito da zona
.






14 comentarios realizados
1. Matachin escrito o 17 de Marzo de 2009 ás 18:27
Tremendo, xa molou ver a chiquito de la calzada en catwoman pero esto e TREMENDO
2. mourullo escrito o 17 de Marzo de 2009 ás 18:45
Aja, sen til
3. Marcus escrito o 17 de Marzo de 2009 ás 19:27
Mourullo, tes razón, debía de estar a pensar no Take On Me e coloquei mal o acento.
4. meneame.net escrito o 17 de Marzo de 2009 ás 19:32
Kingpin visita la Costa da Morte en el último número norteamericano de Daredevil [gl]…
El dibujante David Ajá sitúa en la Costa da Morte al rei del crimen en Daredevil en una nueva saga que empezó: Return of The King: Prologue on The Costa da Morte. El mar, el campo, Nunca Máis y Estrella Galicia… un curioso modo de resumir en unos…
5. A serie Daredevil chega á Costa da Morte | Capítulo 0 escrito o 17 de Marzo de 2009 ás 19:40
[...] me quedei cando vin o post no blog de Marcus. O novo número 116 da mítica serie do superheroe de Marvel Daredevil acontece por completo na [...]
6. Nemigo escrito o 17 de Marzo de 2009 ás 20:33
impresionante!!!
The Costa da Morte, toma “galicia bilingüe”
7. paideleo escrito o 18 de Marzo de 2009 ás 0:36
Simpático o asunto.
Os homes da barra do bar son typical Galician.
8. Marcus escrito o 18 de Marzo de 2009 ás 1:14
Por desgraza, vese que o que din os homes da barra está na lingua local, pero non aparece en versión orixinal. ¿Atreveranse a pór os textos en galego na edición española do cómic? Tería a súa coña.
9. marcus.es » Máis Galicia nos comics da Marvel escrito o 18 de Marzo de 2009 ás 10:43
[...] nos comics de Daredevil poidamos ver a Costa da Morte, agora será un lapis galego o que poderemos ver segundo publican hoxe en La Voz de Galicia: El [...]
10. Animaliño escrito o 18 de Marzo de 2009 ás 12:22
Awesome!!
Vou poñer un link á nova no meu blogue, co teu permiso
11. Marcus escrito o 18 de Marzo de 2009 ás 12:27
Animaliño, ¡e sen o meu permiso tamén! Galicia rules!
12. Xumolin escrito o 14 de Outubro de 2009 ás 16:02
El pueblo pesquero que aparece en las primeras viñetas es Cudillero, (¡en Asturias, no en Galicia!)
13. Marcus escrito o 14 de Outubro de 2009 ás 17:33
Xumolin, ¿de dónde sacas eso? La historia está ambientada en Galicia… otra cosa es que Ajá se inspire en otros lugares para dibujar (tampoco leí en ninguna parte que el dibujante se inspirase en Cudillero).
14. xumolin escrito o 17 de Febreiro de 2011 ás 17:12
Los dibujos que aparecen en las primeras viñetas del pueblo pesquero están sacados de Cudillero, probablemente de alguna fotografía, pero se reconoce casa por casa