A voltas co resultado electoral do pasado domingo
Pasada xa a resaca electoral quixera facer un repaso do que vin en distintos medios e que pode ser interesante, pero antes de nada, e a petición de Ana, publico os resultados das distintas mesas electorais en Melide:
Amosar resultados por mesas ▼
Á vista destas cifras non é de sorprender a reacción entre as filas do Partido Popular melidense, que podemos ver nun vídeo que publicaron no seu blog:
Ao ver o vídeo o primeiro que soltei foi un ¡Santos, non molles a cámara!
, e tamén quedei algo sorprendido polo acompañamento musical, pois agardaba que fose o Chegou o momento de Los Limones e non varios temas musicais dun cantante declarado demócrata ![]()
Gustei de ver caras coñecidas e xente moza, pois está claro que iso de que os novos son de esquerdas ou non están interesados na política é un mito (por fortuna, hai de todo).
A vitoria popular en Melide contrasta cun detalle que destacan en La Voz:
El cinturón rojo del área metropolitana de Santiago tras las municipales del 2007 no ha opuesto resistencia al demoledor avance del PP en estas autonómicas. El PP ha arrasado en municipios como O Pino y Boqueixón, por encima del 60%, mientras los socialistas registran ligeros avances en Oroso y Vedra, donde gobiernan, además de en Brión, donde tienen su mejor resultado. El Bloque retrocedió en todos los municipios donde gobierna, excepto en Melide, donde repitió resultados. Los populares ganan en todas las comarcas de la zona de Santiago, si bien registran pequeños retrocesos en Ordes, o Negreira, donde los socialistas rentabilizan su acción de gobierno con pequeños avances. Solo en Santa Comba el PP retrocede cinco puntos.
Vaia, que a alcaldía en Melide logrou manter ao BNG nas autonómicas, aínda que dá a impresión de que nos vindeiros comicios municipais o novo pulo que colleu o PP vai provocar outro cambio de Goberno.
Pero mirando a prensa estatal o día despois tamén atopei cousas bastante curiosas. Comparemos, por exemplo, estas dúas portadas:


Sen que sirva de precedente teño que dicir que os de El Mundo foron os que fixeron auténtico xornalismo, repartindo por partes iguais os dous comicios autonómicos que tiñan lugar no 1 de marzo, mentres que a portada de El País pareceume lamentable, pois amosaba só unha suposta vitoria socialista á vez que ocultaba unha derrota. Non gusto dese tipo de manipulación.
Tampouco entendín moi ben as portadas de Público e do ABC:


¿Por qué poñen a Rajoy na portada? ¿A qué vén facer unha lectura centralista duns comicios autonómicos? E si, Público repartiu a portada dedicando o mesmo espazo a Galicia e a Euskadi (ben feito) mentres que o ABC sorprendeume moito por publicar unha fotografía na que Rajoy parece estar bailando a muiñeira.
Nos medios galegos, pola contra, houbo unanimidade ao colocar a Feijoo na portada celebrando a vitoria, aínda que a elección das fotografía nalgún caso é moi discutible:


A fotografía de La Opinión paréceme posta a moi mala idea, pois dá a impresión de que Feijoo fai un saúdo pouco democrático (menos mal que ergue a man esquerda), mentres que a de El Progreso serviría para pór un pé de foto coñón: Feijoo facendo autostop despois de pór á venda o Audi do Presidente da Xunta
.
Para rematar, admito que hoxe quedei impresionado por un corte de Intereconomía TV que hai en YouTube no que aseguran que as fotografías publicadas por La Nación e que chegaron a ocupar a portada do ABC non son de 2005 como publicou El Correo Gallego, senón que eran efectivamente do pasado verán:
Sorprendeume que non se dixese antes, porque ao comparar as imaxes do Correo coas de La Nación/ABC vese que Quintana leva roupa diferente e distinta longura de pelo.
Pero iso o comento só cómo curiosidade, pois o que realmente foi escandaloso nas pasadas semanas é que calasen tantas manipulacións informativas emprendidas por todas as partes, e das que non transcende nunha a explicación formal e obxectiva. ¿Tan mal sábense defender publicamente os políticos? ¿Contrastaríanse mellor as informacións se houbese debates?
ACTUALIZACIÓN (4-3-2009): En La Voz publican unha interesante nova sobre posibles consecuencias dos resultados electorais:
El bipartito en funciones dejó comprometidos 13 millones de inversión en Melide y Arzúa
La partida más cuantiosa es de 5 millones para un centro de discapacitados
El cambio de color político que los electores gallegos decidieron propiciar el pasado domingo en la Xunta de Galicia pone en jaque las inversiones comprometidas por el hoy bipartito en funciones, que, en Arzúa y Melide, dos de los concellos donde gobiernan sus respectivas formaciones, dejaron presupuestada para diferentes actuaciones la friolera cantidad de 13.228.661 euros. El Partido Popular será ahora el que decida continuar con los trámites administrativos que PSOE y BNG iniciaron para avanzar en la ejecución de los diferentes proyectos, que equivalen, en el caso de Melide, a una inversión de unos 10.508.000 euros. En Arzúa, el respaldo económico en proceso asciende a 2.720.661 euros.
La actuación más ambiciosa de todas las proyectadas por el ejecutivo saliente de la Xunta es el centro de atención a discapacitados, que está previsto se construya en Melide para dar cobertura a toda la provincia coruñesa. La vicepresidencia autónoma, del BNG, reservó para las obras 5 millones de euros. Las restantes inversiones pendientes en el municipio melidense han sido presupuestadas en su mayoría por consellerías gestionadas por la formación a la que representa Socorro Cea, alcaldesa nacionalista que forma coalición con el PSdeG.
La Consellería de Industria reservó 3 millones para la rehabilitación integral de las aldeas de O Leboreiro y Furelos, 628.000 euros para la reforma del albergue de peregrinos, 435.000 para la recuperación de dos viviendas en el casco urbano como centro de interpretación del Camino de Santiago, y 367.000 euros para la instalación de una depuradora de residuales en el polígono industrial. Asimismo, las Consellerías de Medio Ambiente y de Sanidade, ambas del PSdeG, dejaron presupuestados 578.000 euros para dotar de servicio de saneamiento la parroquia de San Martiño das Varelas y 500.000 euros para la ampliación del centro de salud, respectivamente.
El gobierno de Melide dice confiar «en que se leven a cabo todos os proxectos comprometidos polo bipartito».
A información paréceme moi imprecisa, pois fálase de proxectos comprometidos, o que supoño que corresponde a declaracións públicas dos responsables da Xunta e non a proxectos aprobados, polo que as cantidades serían ficticias. Interpreto iso porque de non ser así non tería sentido falar de compromisos, xa que un cambio de Goberno non pode anular unha actuación en curso, presupostada e aprobada, agás que fose ilegal.
En definitiva, que nos vindeiros meses teremos que estar pendentes do que chegará finalmente a Melide, que posiblemente sexa bastante menos do pensado, precisamente ante a posible desaparición dos departamentos da Xunta responsables das actuacións proxectadas, e austeridade prometida por Feijoo.






















35 comentarios realizados
1. gaioso escrito o 4 de Marzo de 2009 ás 9:19
Bos días Marcus, antes de nada noraboa pola información relativa ás eleccións. Quería preguntarche si é posible saber a qué lugares correponden as mesas que mostras. É dicir, o nome das parroquias onde estiveron instaladas. Moitas gracias.
2. Marcus escrito o 4 de Marzo de 2009 ás 10:17
Gaioso, groso modo as mesas serían as seguintes:
Hai máis información na páxina web do INE.
3. Ana escrito o 4 de Marzo de 2009 ás 14:22
Marcuss, muchas graciasss, eres un SOL!!!!!
4. gaioso escrito o 4 de Marzo de 2009 ás 17:15
Espero que non confundamos ‘austeridade’ con falta de inversións, son cousas ben diferentes. Claro que podemos gastar algo menos en luz, calefacción, folios, etc. Pero de ahí a parar as inversións, creo que son cousas ben diferentes, e coa excusa do plan de austeridade espero que a inversión pública non se vexa afectada, debería verse incrementada, e alcanzar déficit si é necesario, como están a facer o resto de administracións.
5. UNHA PERSOA CALQUEIRA escrito o 4 de Marzo de 2009 ás 17:32
INVERSION PUBLICA PARA TODOS EH¡¡¡ NON PARA OS 4 AMIGOS DE TURNO… PREPARADEVOS QUE AHORA VEREMOS A FEIJOO INDO POLO HORREO ARRIBA NUNHA BERLINGO… BLINDADA ISO SI…. .
DE PUTA PENA DE VERDADE EH¡¡¡¡¡XA ME ESTAN TARDANDO OS NOMES DAS EMPRESAS EXTRANXEIRAS AS QUE O FINAL ESTARAN NO CONCURSO EOLICO, OS DE FORA SEMPRE SON MELLORES QUE OS DA CASA….. .
E IDE PRACTICANDO O ESPAÑOL-CASTELAN , POR FAVOR QUE DESPOIS COSTAVOS MAIS…. .
HAI QUE VER O QUE FIXEMOS MEU DEUS…….
6. Marcus escrito o 4 de Marzo de 2009 ás 19:35
Gaioso, coido que a austeridade a onde vai chegar realmente é aos concellos, pois sen licenzas de obra (e poucas van dar nos vindeiros anos) quedan sen fondos e deberán centrarse no gasto corrente.
De todos os xeitos, vaise notar un descenso en investimentos de certas competencias que estaban dupricadas (o mesmiño que pasa nas fusións empresariais).
Unha Persoa Calqueira, coido que deberías informarte mellor sobre o concurso eólico, pois só mirando a listaxe de adxudicatarios parece unha chanchullada. A min o de dar licenzas eléctricas á Constructora San José pareceume escandaloso. Sería como darlle unha licenza de TDT, vaia. Non é cousa de repartir cos de aquí ou cos de fóra (lembremos que nin Fenosa é galega) senón de dar licenzas a quen cumpra cos proxectos comprometidos (e unha empresa cunha débeda inmensa dificilmente o podería facer).
Sobre a lingua, coido que habería que mandar a todos os conselleiros a cursiños de galego, porque non se salvan os de ningún partido.
7. pan escrito o 5 de Marzo de 2009 ás 0:34
Marcus, ¿realmente pensas que o PP vai gañar as próximas municipais do 2011?. Eu creo que non, pero…. tempo ao tempo.
Cunha afirmación dese tipo demostras que non coñeces nin tratas a Soqui. Podo dicirche que ten unha capacidade de traballo e unha entrega que te sorprendería, polo que non lle vai ser nada fácil ao PP volver gobernar Melide.
Quero lembrarche que unha persoa á cabeza dun partido que é capaz de pasar de 2 concelleiros a 6 en só catro anos ten algo especial.
¡¡QUE TEMBLE O PP DE MELIDE, MARCUS!!!
8. Marcus escrito o 5 de Marzo de 2009 ás 0:45
Pan, non teño dúbidas de que vai gañar o PP en Melide en 2011, simplemente polo feito de que o PP xa perdeu a alcaldía da vila polos pelos nun momento no que o BNG estaba no Goberno da Xunta, e agora as cousas mudaron.
Moitos melidenses son pragmáticos, e tenden a votar á formación que consideran que vai traer máis cousas para casa, polo que apostan normalmente pola formación que manda na Xunta.
Eu non dubido da capacidade de traballo de Soqui, pois é algo que ten demostrado sobradamente, pero o que vexo é que o PP está a coller forzas en toda Galicia (Melide incluído) e a crise actual tamén vai contribuír a que busquen cambios.
Está claro que aínda queda moito para os comicios locais, pero vendo que nas Eleccións Europeas o PP vai arrasar (¿alguén o dubida?) e tanto o PSdeG coma o BNG están vivindo crises internas, parece lóxico pensar que o Partido Popular vai medrar nos concellos de toda Galicia, e os analístas políticos incluso falan de que fan retormar as principais cidades galegas.
Por suposto, todo isto son cábalas, pois os analistas políticos tampouco foron quen de predicir o resultado das Autonómicas, e pode pasar calquera cousa (nin sequera sabemos quen se vai presentar aos comicios).
9. lvrg escrito o 5 de Marzo de 2009 ás 11:33
E non será moito caldo pa cadela
Que o PP volva ter a alcaldía pode ser, mais en Melide non se desplomou o BNG. Non se poden extrapolar resultados. O PSOE non chega nin de lonxe nas municipais aos resultados desta convocatoria, e o BNG pola contra sempre se queda na metade.
E polo que vexo, a suma dos dous non queda tan londe do PP como para non poder remontar. En Melide a xeente é ,moi de dereitas, pero como dí esa mesma xente: eu sempre votei ao alcalde. Antes era do PP e agora é do BNG. O culto á persoa é unha postura da xente conservadora. Eu si que penso que inda hai moito
10. Marcus escrito o 5 de Marzo de 2009 ás 12:41
Lvrg, todo é posible, pero a min paréceme moi pouco realista pensar que o BNG vaia subir nas locais en Melide pois os vindeiros 2 anos co PP na Xunta poden desgastar moito a alcaldía actual. Iso si, estou a falar da miña percepción (non son adiviño, como demostrei ao fallar radicalmente no meu prognóstico dos pasados comicios).
En porcentaxes, en Melide o PP mellorou os resultados nas autonómicas un 3,7%,mentres que o BNG baixou un 1,98% e o PSdeG un 11,33%, o que parece marcar unha tendencia que dá que pensar.
De todos os xeitos, non serve de nada discutir sobre votos futuros, a 2 anos vista, e sen saber as candidaturas que van presentarse.
11. gaioso escrito o 5 de Marzo de 2009 ás 13:10
Marcus, tes razón que é moi difícil facer conxeturas a dous anos vista. Na miña opinión, o BNG de Melide ten dous anos moi duros por diante. Dous anos nos que teñen que tentar poñer as contas ó día, xa que ata agora non o conseguiron, e se non lles da tempo, o votante de esquerdas soe ser moito máis crítico que o de dereitas (xa se viu este domingo pasado), e poden recibir un castigo. É certo que hai cousas que veñen arrastradas, pero as esixencias que lles fixeron os votantes ó mellor foron máis altas do que un gobernante da feito, pero o pobo quere resultados. Unha aperta.
12. Pacha escrito o 5 de Marzo de 2009 ás 18:57
>Unha dúbida.. ¿onde podo ver os resultados das mesas electoráis de Bueu? Así miro si se sigue coa tradición (Cela o feudo do PP e Beluso o feudo do BNG)
13. Marcus escrito o 5 de Marzo de 2009 ás 19:10
Pacha, para consultar os resultados por mesas tes que instalar a aplicación de consulta de resultados provisionais.
14. XHaRoY escrito o 6 de Marzo de 2009 ás 3:42
Eu penso que se está opinando… tanto por un lado como por outro moi “a lo loco” ou mellor dito ao tolo…
Falta algo máis de 2 anos para que sexan as municipais… e iso de que os galegos votan a quen governa na xunta.. é relativo… o mesmo se dixo fai 4 anos cando touriño logrou gañar (co bng) nas autonómicas… algo así como que os galegos votan nas autonómicas en función de quen governe no estado…
A realidade é diferente… os galegos e as galegas tamén, votan en función do que lles parece mellor ou deixan de ir a votar en caso de crer que se fixo pouco… da igual quen governe nun e noutro lado. O votante das autónomicas, das estatais e das municipais son diferentes… sobretodo no último caso xa que influe moito o cabeza de lista, moito máis que nos outros dous.
Coido que Feixoo, o cal prometeu governar para todos… invertirá o que ten que invertir en Melide… máis lle vale… xa que se nos primeiros 4 anos non cumple con iso… será unha boa nova para o votante de esquerdas… xa que serán 4 anos malos… moi malos… pero só serán 4 anos.
En caso de que cumpla coa súa “palabra”, Soqui volverá a gañar… xa que entre iso é o forte investimento que o Estado vai a facer concello a concello para intentar paliar a crise… Melide e en xeral tódolos concellos de Galiza e das demáis comunidades, van ter máis diñeiro que nunca… é poderán facer inversións moi interesantes… algúns fan o mesmo con e sen cartos… é dicir: NADA, pero ese non é o caso da actual alcaldesa de Melide.
Por outro lado… se Feixoo leva a cabo unha política de austeridade cos concellos do PSG ou do BNG ou nos que ambos governen en conxunto… si… seguramente o PP volva no 2011 a Melide… pero no 2013 xa pode ir facendo a mudanza Feixoo e todo o PP.
En resumo.. iso de política de austeridade como norma xeral é imposible… dado que a inversión pública é a única forma de sair o antes posible da crise que están a padecer tódolos Estados capitalistas; por tanto non se pode aplicar política de austeridade en canto a inversión pública se refire.
En canto aos datos das eleccións… pensei que en Melide a cousa ía ir peor… xa que no resto do país foi peor… si… o PP subiu e o BNG non subiu.. repitiu resultados… pero dende logo comparando os resultados do concello co resultado global en todo o pais… é para “estar contentos”, os votantes de esquerdas quero dicir.
Saúdos
15. aporeles escrito o 6 de Marzo de 2009 ás 19:28
Posto a pensar, eu penso que o voto nas anteriores autonomicas non foi un voto o Psoe ou o Bng, penso que foi un voto de castigo o Pp, por malas costumbres que se tiñan naquel intre.
Os galegos quixeron cambiar e o cambio non convenceu.
Nas locales penso que foi algo semellante. Foi un voto de castigo a Miguel Pampin, que pagou Anxeles.
Sin menosprezar o traballo de Soqui e a sua xente non creo que se repita.
Penso que a xente nas proximas locais vai volver a darlle a alcaldia a Anxeles e con diferencia ampla (9-10 concelleiros).
Postos a pensar…
16. pan escrito o 7 de Marzo de 2009 ás 15:23
Nestas autonómicas non perdeu o PsdeG-Psoe nin o Bloque, amigos. Perdeu o pobo de Melide, ¿costa tanto á xente ver isto ben clariño?.
Marcus, estás moi engañado cando dis que “un goberno non pode anular unha actuación en curso, presupostada e aprobada, agás que fose ilegal”.Totalmente engañado, pero non temos máis que agardar uns meses para ver todo o que tira abaixo o PP que estaba “presupostado e aprobado” para Melide.
A noticia de La Voz de Galicia do día 4 de marzo fixo preocuparme aínda máis ao ver a animalada de investimentos que ían vir para Melide. De algún deles xa sabía algo pola revista municipal que fixeron hai meses, pero de outros non tiña nin idea. Xa falaremos, Marcus, dos que se van facer e dos que van quedar durmindo anos nos despachos dos novos conselleiros. ¿Pero alguén pensa, sinceramente, que Feijoo e os seus van permitir que Melide teña un centro para discapacitados único na provincia? ¿Estades soñando espertos ou aínda estades durmindo?. En fin, así nos vai. Como dicían en algunha entrada anterior: Temos o que merecemos, nin máis nin menos.
17. Marcus escrito o 7 de Marzo de 2009 ás 17:01
Pan, precisamente cousas coma o centro de discapacitados ou a galescola son investimentos que poño en dúbida, porque os departamentos dos que dependen van desaparecer.
E posible que repensen moitas outras cousas, pero cando eu cometaba que non se podían anular actuacións en curso refíromo a cousas como non abrir un edificio que xa se está a construír, ou unha reforma aprobada totalmente (non só proxectada). As cousas pasan por moitos pasos e no medio hai puntos nos que se poden botar as cousas para atrás, e tamén hai puntos sen retorno.
Por suposto, quedan aparte casos como o concurso eólico, que ata podería rematar nos tribunais (a min a adxudicación pareceume moi rara de dios).
O que vai ser moi interesante seguir nos vindeiros meses é o da autovía, pois temo que a cousa aínda vai para longo.
18. pan escrito o 7 de Marzo de 2009 ás 18:30
Marcus, estás novamente enganado pois o Centro de discapacitados do que falamos é un compromiso de Vicepresidencia da Xunta de Galicia e non do Consorcio como creo que pensas ti. Polo menos é o que entendo eu da noticia que saíra en La Voz de Galicia e que non sobra lembrar:
——————————————————-
Melide acogerá un centro provincial para discapacitados intelectuales
Comenzará a funcionar en el 2010 con sesenta plazas residenciales y con una veintena para atención diurna
Autor:
La Voz
Fecha de publicación:
15/10/2008
Melide será sede de uno de los ocho centros para discapacitados intelectuales que Vicepresidencia de la Xunta está promoviendo en la comunidad. Con sesenta plazas residenciales y veinte en régimen de centro de día, las instalaciones de la localidad melidense serán las primeras en prestar servicio de las dos que se proyectan poner en marcha en la provincia de A Coruña. El servicio comenzará a funcionar a mediados del 2010 y supondrá la creación de cincuenta puestos de trabajo.
Los detalles de la futura residencia y centro de día para discapacitados psíquicos y el calendario previsto para su puesta en funcionamiento fueron avanzados por el director xeral de Acción Social, Bieito Seara, en la visita que ayer realizó a Melide para conocer los terrenos en los que se edificará el inmueble. Este se construirá en una finca de casi 5.000 metros cuadrados edificables que tiene en propiedad el Concello en las inmediaciones del centro de salud de la localidad. Seara destacó la idoneidad urbanística de los terrenos así como de la propia ubicación de Melide para acoger el centro, similares al que solo existen dos en toda la comunidad, uno en el municipio lucense de Sarria y otro en el pontevedrés de Redondela.
«Melide atópase nunha ubicación idónea para un centro provincial destas características, e ademais, dada a situación do terreo, o centro estará perfectamente integrado coa rede de servizos do Concello, ao estar a carón do centro médico e no mesmo casco urbano da vila», manifestó el director xeral de Acción Social de la Xunta. Bieito Seara precisó que el proyecto de obra se encargará la próxima semana con la previsión de licitar la actuación en el transcurso del primer trimestre del próximo año. De veinte meses es el plazo estimado para construir el centro de discapacitados intelectuales, en el que Vicepresidencia de la Xunta invertirá alrededor de 5 millones de euros.
Referente en servicios sociales
A la colaboración prestada por Vicepresidencia atribuyó la alcaldesa de Melide, Socorro Cea (BNG), la consideración de que el municipio «será unha referencia dos servizos sociais en todo o país», afirmó durante la visita a los terrenos en los que se construirá el centro de día provincial para personas con deficiencias intelectuales. En ese sentido, la regidora nacionalista recordó que «neste ano e medio que levamos á fronte do Concello de Melide, púxose en marcha o proxecto de construcción dunha galescola, que estará en funcionamento no próximo curso, a creación dun centro de día, que ofrecerá o seu servizo antes do remate deste ano, e conseguimos desbloquear a residencia de maiores, durante anos sen uso debido á carencia de equipamento pero que no vindeiro abrirá as súas portas».
Socorro Cea y las edilas Casé Rodríguez y Anabel Ramos acompañaron al director xeral de Acción Social durante la visita a los terrenos que albergarán el centro de discapacitados.
——————————————————-
Tamén no boletín do BNG das pasadas autonómicas que tes no teu blog falan deste proxecto que, estou convencido de que voou….Repito, Temos o que merecemos, amigos.
19. Marcus escrito o 7 de Marzo de 2009 ás 20:37
Pan, tes razón en que pensaba que o centro era do Consorcio, pero non esquezas que na vindeira lexislatura Vicepresidencia non terá competencia a mazo coma tiña antes, pois iso foi algo temporal froito do pacto de goberno da Xunta.
Paréceme toda unha incógnita o que vai pasar con todo iso. Os proxectos poderán rematarse, pero non coma se tiñan pensado inicialmente (dependerán doutras consellerías, terán distintos prazos de entrega…).
Pouquiño a pouco iremos vendo o que pasa, pero eu son pesimista
20. pan escrito o 7 de Marzo de 2009 ás 22:45
Acabaramos. Dis “eu son pesimista” entendo, polo tanto que estamos dacordo en
21. pan escrito o 7 de Marzo de 2009 ás 23:02
…dicía que estamos dacordo en que o cambio de goberno na Xunta perxudica moito a Melide, que quen realmente perdeu nestas eleccións foi Melide. Supoño que a xente irase decatando pouco a pouco, aínda que visto o visto vailles costar traballo velo. A xente aínda está moi cega e parece ter poucas luces para ver con claridade o evidente. Á xente maior non se lles pode pedir máis, pero a xente nova está pasando de todo e pasou o que pasou. Pois a roer ao PP, mozos e mozas.
22. XHaRoY escrito o 10 de Marzo de 2009 ás 9:48
Estoume “partindo” co comentario de aporeles xDDD.
Non por nada en concreto.. senón porque 9 ou 10 concelleiros sobre 14… xDDD.. nin nas autonomicas do pasado día 1 o conseguiron… nin o faran en 2 anos.
Vexo moito “soñador” despois dos resultados do día 1 de Marzo… pero a realidade e que fronte aos 2000 votos do PP no 2005, desta volta chegaron aos 2300… agora ben… lonxe… moi lonxe dos 2900 votos do 2001.
Se temos en conta os resultados e comparamos os de Melide, cos de arzúa, arca, santiago, teo e resto de concellos que forman parte das” terras de Santiago”… vemos que os resultados obtidos polo PP son moito máis positivos que os de fai 4 anos… cousa que en Melide… vai ser que non é para tanto :).
Van pasando os días e cada vez que Feixoo abre a boca… estou máis convencido de que vai durar 4 anos… iso de darlle a elexir aos pais a lingua dos seus fillos e promover ao mesmo tempo castelán, galego e ingles a partes iguais… non lle vexo moita viabilidade… ao final segregará aos estudantes desde cativos segundo a lingua que seus pais prefiren…
ISO É IGUALDADE? ISO É BILINGÜISMO? en fin… así nos irá.
Saúdos
23. parque escrito o 10 de Marzo de 2009 ás 23:10
XHaRoY, dicirche que no concello hai trece concelleiros (ten que ser sempre número impar) 6-6-1. Eu opino que é case imposible, por non dicir imposible que o PP saque 9 ou 10 concelleiros nas próximas eleccións. Hai que lembrar que ten seis a día de hoxe, nin máis nin menos, 6. Agora ben, cadaquén que soñe co que queira, estou convencido de que o PP perderá novamente as próximas municiais, pero aínda lles queda máis de dous anos, como mínimo, de sufrimento na oposición. Sufrimento por non mandar os de sempre e sufrimento por ver no goberno a unha alcaldesa que non é de sangue azul coma eles, que non pertence a ningunha da familias ricas de Melide. ¡Como lles fastidia todo iso, como sufren moitos deles!
24. XHaRoY escrito o 12 de Marzo de 2009 ás 16:02
parque grazas pola corrección… aínda que foi un erro de “pulsación” xa que doutra cousa non.. pero do número de concelleiros si estou informado :P.
Por certo.. respecto ao que dixen do que vai facer feixoo coa política lingüística… pois dicir que xa está cambiando o seu discurso (xa tardaba) e tras reunirse co consello de cultura dixo isto:
Feijóo, que inició su campaña electoral arrimado a las tesis de quien exigía separar a los alumnos por lenguas, cambió su proclama de que los padres elegirían idioma de escolarización por un “tenerlos en cuenta”. “Su opinión es importante”, argumentó, “porque son quienes, con sus impuestos pagan la educación de sus hijos”.
Non o digo eu que o di elpais.es, e basicamente o que me parece máis importante é o que aparece entre “” xa que son palabras explícitas de feixoo.
Darlle a elexir aos pais non é o mesmo que telos en conta… e máis cando repetiu unha e outra vez que os pais elixirían a lingua de escolarización dos seus fillos (o que indudablemente provocaría unha división en aulas debido a lingua).
Nin tan sequera é presidente aínda e xa anda mentindo… mal vamos @s galeg@s cun presidente así.
25. MELICK escrito o 13 de Marzo de 2009 ás 23:35
MELIDE vai sair moi perxudicado. Penso que non se van facer ningunha das cousas prometidas. O goberno municipal non funciona, o bipartito vai por libre, o BNG por un lado e o PSdeG por outro. Están comentendo os mesmos erros que na política autónomica.
Para moita xente Manolo da Noela esta facendo máis cousas que Soqui que promete moito pero realidades hai poucas.
A valoración dos anos de goberno e máis ben cativa, por non decir suspenso. Eu teño moitas dubidas e preguntas sen respostas, por exemplo:
¿Por que non se aproban os presupostos do ano 2008? e ¿os do ano 2009? Para cando.
¿De quen foi a idea da reforma dos vestiarios de campo de fútbol? De momento soio unhas escaleiras máis grandes e un pasillo sen uso o resto dos vestiarios son os mesmos que habia antes, e decir, tercermundistas.
¿Cando se vai facer a Ponte Mazaira?
¿E o río estará lito para este verán?
¿Que foi da Banda Municipal de Melide?
Agora seica ten outro nome chamase “Banda Artistica de Melide” ¿A que se debe este cambio? ¿Pode algúen explicalo?
¿Temos GRUMIR en Melide?
Non sei, o outro día na TVG nun accidente de Vilasantar foron a socorrer os “GRUMIR DE ARZÚA” (pensaba que non habia en Arzúa).
¿E certo que o Concello non quere facer o San Roque-09?
A industria máis importante de Melide o referente para todo a comarca, resulta que non e rentable para o Concello e quere renunciar a facer as Festas, seica son ruinosas. Cando máis de un 60 % do presuposta das Festas son sufragadas polos veciños (comercio e revista) e polas barracas.
¿Onde meten os cartos do Concello, onde van as subvencios, etc.?
¿Fará o BNG un mitín para explicar os veciños como van as contas do concello?
¿Para cando Melide terá concentracións parcelarias nas parroquias?
¿Por que dín que van facer un Centro de Interpretación do Camiño novo? Cando a realidade van trasladar o que habia no Centro Multiusos para non perder a subvención.
Teño máis preguntas, sen resposta, por non falar da política municipal de contratacións laborais do Concello.
Teñen moito que traballar no que falta de lexislatura para recuperar a ilusión dos melidenses, teñen que traballar más en equipo, ser un verdadeiro goberno de coalición.
Polo contrario non sei si gañarán as próximas eleccións.
s
26. libro escrito o 14 de Marzo de 2009 ás 1:46
A Melick. Supoño que serás de fóra de Melide ou vives en Melide, pero non te enteras de moito (ou non queres enterarte).
Tratas moitos temas, pero intúo que máis por atacar que por desexo de ter información do que pasa no concello. De todos modos, aconsélloche que algunhas das preguntas que fas que a formules por correo electrónico ao Concello de Melide. Eu enviei en dúas ocasións unhas preguntas e respodeume a alcadesa nuns días. Hai alguhas cuestións que formulas que tampouco eu sei a resposta con seguridade (o dos presupostos, por exemplo),pero de outras cousas non hai que ter máis que ollos para ver as cousas que se fixeron en menos de dous anos. Podes ser da ideoloxia política que queiras, pero o que non se pode negar é o que está feito e o que estamos xa disfrutando con algúns servizos novos. Por suposto que o novo goberno estará cometendo erros e que se podía facer máis, pero o que é certo é que hai meses o Concello publicou unha revista na que se vían cousas feitas, non compromisos nin promesas incumpridas por Soqui. Como supoño que non che interesa ver esa revista para saber o que se leva feito (podes mirala neste blog de Marcus), direiche algunha obra que eu vin cos meus ollos, é dicir, son reais. Non é que aparezan só nesa revista municipal senón que existen:
1.- Melide ten un tractor novo. Non debes ser das parroquias, por iso non che interesa este dato.
2.- Temos a segunda fase do Parque Empresarial rematada. Non debes ser empresario, por iso non che parece importante esa obra.
3.- O polideportivo ten pista nova (estaba pechado cando houbo cambio de goberno). Non debes ser unha persoa deportista, por iso éche indiferente que haxa ou non polideportivo en bo estado.
4.-. O concello ten páxina web máis que decente para enterarnos de cousas. Supoño que non che interesa a información que sae nela.
5.- Está funcionando o centro de día. Non debes ter persoas maiores na túa familia á quen lle poida interesar ir.
6.- Temos unha oficina de turismo. Pensarás que en Melide hai poucos turistas e/ou peregrinos que valoren esta oficina.
7.- Temos un parque novo detrás do antigo Instituto que está cheo, cheo de xente a diario. Hoxe pola tarde non se cabía alí.Non debes ter nenos na túa familia á quen lle interese ter un parque para xogar. Será dos que pensan que o do Cantón de San Roque era máis que suficiente.
8.- Hai semáforos. Son un fastidio para os peóns (tardan demasiado tempo en cambiar), pero non volveu accidentes no cruce nin longos atascos os domingos pola mañá.
9.- Conseguiuse recuperar o Entroido. Non sei se pasaches pola Praza das Coles o martes de entroido. Non había máis que ver a praza ateigada para ver que está recuperado.
10.- Por primeira vez viñeron a Melide nenos do Sahara para pasar os meses de verán con familias de Melide. A min gustoume saber que o noso concello é solidario e que unha parte pequena dos noso impostos sirven para que uns catro ou cinco nenos sexan felices aquí os meses de verán lonxe do inferno do deserto. Supoño que a ti os conflictos de outros países che traen sen cuidado e moito menos a situación dos pequenos.
11.- A Policía local e Protección civil teñen vehículos novos.
12.- Teremos en pouco tempo funcionado un local de ensaio para os grupos de música de Melide.A ti non che debe gustar a música, polo que o local de ensaio parecerache unha tontería.
13.- Xa se celebraron tres Mercamelides con moito éxito. Non debes pertencer a ninguna familia de comerciantes de Melide, por iso non entendes o importante desta feira.
14. Está funcionando un Telecentro con 20 ordenadores que é unha pasada. Vino por primeira vez cando se celebraron aquí unhas xornadas de antropoloxía dirixidas por Chago de Chiquitín.
15.- A casa do concello ten, por fin, ascensor.
16.- O mercado dos domingos empeza a ordenarse e regulamentarse. Por fin non se corta a rúa entre Pitis e Adolfo Álvarez, por exemplo. Ti non debes andar os domingos polas rúas e, por iso, non notaches diferencia algunha.
17.- Celebrouse a I feira do libro e o I concurso de pintura. Non debes ser aficionado á lectura nin á pintura e por iso non che interesa este evento.
18.- Fixéronse varias obras de saneamento (rúas de Melide e en dúas parroquias). Este tema, ao igual que a maioría da xente, non lle interesa. Anteriores gobernos do PP (16 anos) non fixeron unha soa obra de saneamento en ningunha parroquia ( 25) e gañaban sempre con maioría absoluta (sobre todo nas parroquias).
19.- Os locais sociais das parroquias enchense, por primeira vez, de nenos para asistir a teatro, contacontos, títeres. Melick, tampouco terás a pequenos nas parroquias que poida asisitir a estes actos.
20.- Inmplantouse en rúas céntricas o sistema de aforro enerxético nas farolas.Non debes ter nada, nada de ecoloxista e, por iso, consideras que se están tirando os cartos con estas cuestións.
En fin, creo que me quedan moitos outras obras no tinteiro que xa están feitas, pero as que acabo de citar son algunhas das que me enterei a través da páxina web do concello, da revista municipal e, sobre todo, mirando e fixándome.
En fin, Melick, convídote a que me digas se entre os vinte puntos anteriores, hai algo que non estea feito, a que digas se son cousas reais a día de hoxe no noso concello. Pode ser que se me escape algo.
Xa para rematar dicir que se coas cousas feitas xa en menos de dous anos se suspende, como dis ti¿Que nota poñer a 16 anos de goberno do PP e non ter realizado ningún dos novos servizos que agora imos instalar? Ánimo, Melick, a rúa sorprenderate.
27. MELICK escrito o 14 de Marzo de 2009 ás 22:42
LIBRO ESCRITO, son de Melide, levo vivindo moitos anos en Melide, sei moitas cousas e historias de Melide, quero a Melide como o que máis, pero trato de ser realista e de vez en cando entro neste blog para saber que pensades e o mesmo tempo dar outro punto de vista as cousas que falades. Dame a sensación que casi todos sodes do mesmo color ou millor dito tedes a misma afinidad cromática (xa me entendes).
Para empezar de todo o que dixen ti non sabes nada ou non queres decir nada. Pero eu non digo mentiras e o que sí e certo, e que de momento non hai nada feito.
Información teño bastante, penso que variada e completa, teño os boletíns de que falas, de todolos colores, amigos no BNG, no PP e no PSOE. Tamén sei algo do que pasa no Concello.
Pero o que pasa e que as veces non vos gusta que se digan as verdades.
Dos vinte puntos que reseñas podemo-los resumir en ben pouco:
UN TRACTOR,
DOUS COCHES,
UN ASCENSOR,
UNA OFICINA DE TURISMO (situada nun Museo, con unha empleada enchufada e un barracón tirado no Palacio de Congresos que comprou o PP por 30.000 Euros e que para o BNG non vale para nada).
UN CENTRO DE DÍA para 75 personas con 2 inquilinos e 7 empleados, mentras tanto os xubilados de Melide, teñen que ir para a Residencia de Arzúa (¿pregunta cantos hai de Melide?) feita cos cartos donados para os pobres por unha melidense.
A páxina WEB e mellor que a anterior pero tampouco e nada doutro mundo, entre noutros concellos e veras, non creo que se poida presumir dela.
UN PARQUE NOVO DETRAS DO MULTIUSOS, sen area, claro que me alegro, os meus fillos ainda máis, estos dias estaba ateigado de nenos de (a mayoria de 1 a 10 anos), con unha pista polideportiva, a única de todo o concello, onde se poder xogar o fútbol sen porterias, o baloncesto sen canastas, os meus nenos aprenderon a andar en bicicleta nela, tamén sirve para facer concertos e colocar as barracas do San Roque. Pois ben, non sei si sabes que o GRAN GOBERNO MUNICIPAL DE MELIDE ten previsto instalar no medio de dita pista DUAS EXCELENTES PISTAS DE PADEL (As mesmas que estrearon os de Arzúa, fai uns días) para deleite dos nenos máis pequenos de Melide. ¡Que che parece¡ ¡Unha brillante idea¡
Parece mentira que os nosos políticos non coñezan a realidade da vila. Ese non e un sitio para poñer duas pistas de padel, soio servirá para que veñan rapaces de máis de 15 anos e sacar os raparigos do seu sitio de xogo.
O ENTROIDO tamén estivo ben, habia moita xente na praza, como outros anos, Manolo Parrado non se lle entendia moi ben, o testamento non foi moi lucido. Non creo que o tío cura de Soqui lle gustara que queimarán a MONSEÑOR ROUCO, a min a verdade, non me cae ben, pero tampouco me cai ven CHAVEZ, e unha idea para o ano que ven. Penso que Soqui ten veciños que son relixiosos e que votaron o BNG.
Xa dixen que o único que fixo algo foi Manolo da Noela, non me parece de recibo que agora digas que foi grazas o goberno bipartito, cando o BNG de Melide sempre foi por libre.
OS SEMÁFOROS, O AFORRO ENERXETICO, AS OBRAS DE SANEAMENTO NAS PARROQUIAS foron conseguidas por Manolo, non son merito do BNG.
OS MERCAMELIDES, A FEIRA DO LIBRO, AS ACTIVIDADES NAS PARROQUIAS esta moi ben, pero Melide necesita máis.
POR ÚLTIMO, ERES MOI FRENTISTA, RECHAZAS A CRITICA QUE PODE SER POSITIVA, SEGURO QUE ERES DE BNG, PORQUE SEMPRE PENSADES QUE A VOSA VERDADE E ÚNICA VÁLIDA, SACAS UNAS CONCLUSIONS ABSURDAS DE MÍN, COMO SI TODOS OS QUE NON PENSEN COMO VOS, SOMOS INCULTOS, ANAFALBETOS, O DE SEMPRE.
Parte da II FASE DO PARQUE EMPRESARIAL xa estaba feita na primeira, pero moito me temo que este goberno non vai traer ningunha, máis ben penso que se foi.
28. Marcus escrito o 14 de Marzo de 2009 ás 23:22
Melick, sobre o que dis da páxina web teno non concordar. A actual web municipal supera sobradamente á media galega. Non está chea de servizos ao cidadán, pero a nivel informativo cumpre moi ben, especialmente porque está moi actualizada.
29. MELICK escrito o 15 de Marzo de 2009 ás 0:43
LIBRO ESCRITO, non necesitas poñer un correo o Concello para saber o que pasa cos presupostos, voucho dicier eu, e moi sinxelo, non che vai gustar, pero e a verdade.
Os presupostos do ano 2008 non se aproban porque Soqui pidiulle varias veces a Manolo que lle dera o resumen das contas das Concellerias a seu cargo. Manolo contestuelle que el quería saber primeiro cales foron os gastos das súas, especialmente as de Cultura. Entón parece ser que o PSOE non vai aprobar os presupostos mentras non se aclaren as contas e se explique os veciños de Melide cal foi o gasto que fixo cada un.
O BNG non esta por esa labor e polo que se esta demostrando vai esperar a que pase máis da mitade do ano 2009, para esconder niste ano os gasto de ano pasados e presentar uns presupostos máis compensados e así disimular o despilfarro diste ano.
Polo tanto para este verán pareceme que non vai haber tanta foliada.
Son primerizos a hora de gobernar.
Por iso non queren facer o San Roque, o próximo verán será máis cativo en canto a actuacións de todo tipo, teñen que apretar o cinturón.
30. libro escrito o 15 de Marzo de 2009 ás 1:05
Melick. Resulta bastante difícil falar con persoas coma ti que entendes o que queres e non falas do que non che convén.
Podes dicir que non che gusta o que o novo goberno está facendo, pero repito que insistir en que non fixo nada é mentir, simplemente mentir.
Non vou repetir algunhas das moitas cousas que se fixeron en menos de dous anos pero si lembrarche algunhas das que te esqueciches na túa análise:
- O polideportivo ten pista nova, local de ensaio feito, telecentro con 20 ordenadores, … deben ser cousas sen importancia para ti.
En fin, vou rematando porque hoxe é sábado-noite e toca saír algo, pero non marcho sen antes corrixirche varias cousas:
1.- O centro de día non ten 75 prazas. Non sei de onde sacas eses datos. Non chega a 40, dato que xa ten saído moito en prensa e na páxina web do concello. Non sei os usuarios que hai hoxe, pero creo que nos próximos meses as cousas van cambiar, porque é un servizo ben interesante.
2.- O do aforro enerxético foi unha subvención da Consellería de Industria (BNG) (vese que ledes as noticias da prensa e da web como vos dá a gana), polo que nada tivo que ver Manolo Prado nese tema. Parece que non sabes moi ben de quen é cada consellería.
Alégrome que digas que a Feira do libro, o Mercamelide e o das actividades nas parroquias están moi ben. Xa coincidimos en algo.
Tamén coincido contigo en que é unha pena que Melide non teña Grumir, que houbese uns vestiarios tercermundistas no campo de futbol(como dis na túa entrada)e que non se fixeran parcelarias nunca. Nestas últimas tres cuestións, supoño que o PP terá moito que ver e dicir.
Unha curiosidade antes de marcharme. Falas de que as pistas de padel que van poñer preto do parque infantil é un erro instalalas aí. Supoño que si era moi atinado poñer alí preto a cabina de ferro oxidado que querían utilizar como oficina de turismo. Supoño que a lembrarás aquel caixón enorme diante do colexio nº 1. Ese era o sitio ideal para unha oficina de turismo, ¿non cres?
Gracias que o novo goberno sacouna de alí inmediatamente pois non tería unha soa visita en todo o ano. Chama a atención como en cousas tan claras se ten puntos de vista tan dispares. Por certo, non sei se a que atende o museo é unha enchufada ou non, o que si sei é que o Concello de Melide ten (por fin) unha oficina de turismo sen gastar nada en persoal.
Por certo, según ti ¿onde se debían instalar as pistas de padel? Se cadra, aínda estamos a tempo de facer algunha suxerencia ao concello porque as obras añinda non comezaron. E digo eu, cando rematen as obras das pistas de padel, ¿Seguirás dicindo que non se fixo nada?
31. libro escrito o 15 de Marzo de 2009 ás 1:14
Acabo de ler a túa entrada nº 29 e non saio do asombro da imaxinación que tedes algúns. O do motivo da non aprobación dos presupostos vou tentar enterarme algo porque a túa versión resulta bastante absurda. Como absurdo é dicir que non queren facer o San Roque porqeu son primeizos á hora de gobernar. ¿Pero non te das conta de que xa levan organizado dous San Roques? INCRIBLE. Ata logo, o sábado é o sábado. Chao e non sufras tanto, Melick, disfruta da vida algo máis e das obras que se están facendo na vila tamén para veciños coma ti.
P.D: Agardo impaciente ideas para unha nova ubicación para as pistas de pádel. Tamén me gustaría saber a opinión de Marcus ou de calquera dos amigos que pasan por este blog a este respecto.
32. aporeles escrito o 18 de Marzo de 2009 ás 22:20
Na parte superior do parque, xunto o multiusos, detras do parque dos nenos. Zona para maiores na zona con arbores (cubre do sol e da brisa) con aparatos de ximnasia pasiva que tan de moda estan noutros concellos. A pista preparada e limpa para baloncesto e futbol sala. No lateral do lado do Nº1 a zona para xogos tradicionais e populares (petanca, chave, etc). Modificar o parque de nenos para que os columpios non esten na zona de paso entre as duas estructuras, a de pequenos e a de grandes, para evitar os trancazos que xa estan pasando.
Non me parece tan dificil.
A ti si??
33. libro escrito o 20 de Marzo de 2009 ás 0:48
Aporeles.
Non entendo nada do que dis. ¿Estás falando da ubicación das novas pistas de pádel e a de multixogo ou de outra cousa?. ¿A que pista te refires para baloncesto e futbol sala?. Non collo ben o que queres dicir.
34. aporeles escrito o 20 de Marzo de 2009 ás 1:55
As de padel arriba, a pista como esta pero cuidada, a zona de maiores debaixo dos arbores, correxir o acceso entre zonas dos parques infantis, e zona de xogos tradicionais no lateral xunto o Nº1.
Sinto se non me expliquei ben, de non entenderme, comentamo e explicocho mellor.
35. Luisma escrito o 27 de Marzo de 2009 ás 10:19
En canto ós conmentarios aparecidos no blol do PP Melidense quero recordar que uns días antes das eleccións municipais apareceu diante da casa da cultura un cartel de fin de obra asinado por un arquitecto. Calquera que paseara polas noites polas inmediacións sabía como estaba e como está a obra.
Eu aparte de considerar a inversión innecesaria considero absurdo tirar unhas instalacións para facelas de novo no mesmo sitio. Non sería mellor conservar as existentes e facer as novas noutro sitio?