As Cantareiras de Ardebullo na Palladium
Esta mañá non parou de escoitarse a palabra Melide na radio, pois estaban a facer reconto dos accidentes de tráfico da fin de semana, e coincidiu que tanto os mozos que saíron da estrada en Arzúa, coma os que fixeron o propio en Toques, viñan de pasar unha noite de troula en Melide, que parece estar a pórse de moda tras varios anos nos que a marcha perdera pulo. Eu prefiro esquecer o loito no Pino e en Friol, e pensar en que Melide é un lugar do que gusta a xente do interior de Galicia para pasalo ben, polo que quixera lembrar que as Catareiras de Ardebullo van estar o domingo na Palladium:

Admito que custoume traballo ver o cartel do Bailde de Ardebullo en Melide, non porque non estivese nas rúas céntricas, senón porque resultaba moi pouco rechamante (supoño que non sería o único que pasou pola zona do parque sen mirar para eles).
A Palladium converterase nunha festa o domingo ás 20:00 horas, aínda que o horario paréceme un pouco raro, pois o espectáculo dura 2 horas e media, de xeito que é doado que os asistentes non estean de volta á casa ata as 11 da noite… ¿porán petiscos na sala de festas? Supoño que buscarían tal horario para que a xente no tivese problemas para ir ao traballo ao día seguinte.
Ah, e aínda que no cartel que poño aquí no se vexa moi ben, o prezo do chou é de 10 eurazos. Non é que sexa moito, pero resulta un tanto arriscado, porque a xente non ten nin idea de cómo vai resultar a mestura entre un concerto e varias actuacións humorísticas.
Eu non asistirei porque son alérxico ao Luar, e non collería o gusto ao humor das Cantareiras (por non estar afeito), pero teño confianza en que a asistencia será masiva.




3 comentarios realizados
1. Christian Pensado Recarey escrito o 9 de Setembro de 2009 ás 1:02
hola! son un rapaz de 15 anos de mazaricos ( A Coruña) queria dicirvos que sodes as mellores humoristas que vin en moito tempo, ademais do voso bo humor alegradeslle a vida as persoas maiores que se sinten soas e con tristeza e pena e non so maiores. Unha das persoas que fixechedes feliz foi a min porque me operaron de un dedo de un pe e desformaranmo e dabame moita vergoña ensinalo, pero co voso bo humor perdin ese panico a que e viran asi; agora un dos meus maiores soños e que me mandedes un saudo dende o luar a min porque eu sempre vos levaei moi dentro e nunca vos esquecerei. Bueno tamen desexarvos sorte e que teñades mais fama da que xa tedes. Un bico dende Mazaricos. Atentamente: Christian Pensado Recarey =)
2. Fátima escrito o 14 de Setembro de 2009 ás 14:14
Hola cantareiras!!teño 17 anos e encantádesme!!cada vez que poño a televisión e aparecedes alegrádesme o día!!son moitas risas con cada unha de vos.Xa me tarda que volva empezar o luar para vervos!!Seguide facendo así de feliz a xente e que tiñades moita sorte como tivestedes ata agora.un bico dende As Pontes(A Coruña)
3. Fátima escrito o 10 de Outubro de 2009 ás 11:57
Hola cantareiras!!
O día 30 de outubro cumpro 18 anos e faríame moita ilusión que me mandarades un saúdo dende o luar.
sodes os mellores!!gracias
un bico dende As Pontes (A Coruña)