A canción de Feijoo
Hai un meses xa comentei que Luis Rial, Jose Luis Marí Solera e Miguel Cancio estaban a converter o Faladoiro de Correo TV nun Cantadoiro, e cando vin que publicaran en YouTube a súa última canción dedicada a Alberto Núñez Feijoo e defendendo as teses de Galicia Bilingüe (que non penso nin comentar) non puiden evitar citalo en Facebook, cunha reacción que non agardaba, pois o vídeo recibiu moitos comentarios tanto públicos como privados. Xulgade vós mesmos por qué:
O tema non está a deixar a ninguén indiferente, e aínda que non tiña pensado publicar nada no blogue, ao ver que en Vieiros deu lugar xa máis de 20 comentarios véxome forzado a publicalo por aquí.
Chega a sacar a canción uns meses máis tarde e xa a vía en A Polo Ghit ![]()
ACTUALIZACIÓN: Se algún friki quere a canción en MP3 para metela no móbil ou compartila por correo electrónico, pode descargala de Mediafire.




4 comentarios realizados
1. moinante escrito o 16 de Marzo de 2009 ás 21:30
Acaban de desterrar a Cañita Brava como referencia musical galega
2. Juan Castro escrito o 17 de Marzo de 2009 ás 4:58
WTF! 0_o!?
3. Cesare escrito o 17 de Marzo de 2009 ás 8:54
A polo ghit?
Bye bye, love.
4. Marcus escrito o 17 de Marzo de 2009 ás 10:20
Cesare, admitirás que sería unha risa ver a Cancio e compañía cantando nunha gala con Pulpiño Viascón e Projecto Mourente
Teñen o potencial para crear toda unha canción do verán.