Luns, 2 de Febreiro de 2009

El Intermedio putea a Más se perdió en Cuba

As sospeitas confirmáronse, e o polémico vídeo do Gran Wyoming resultou ser unha broma do programa El Intermedio de La Sexta a Más se perdió en Cuba de Intereconomía TV:

A broma non tiña moita graza, pero os piques entre canles están a dar moito xogo, e aínda que gustei máis da bronca entre El Gato al Agua e Sé lo que hicisteis, desta vez a cousa acadou moita máis repercusión, aínda que é difícil demostrar que o clip que se subiu a YouTube acadou 250.000 reproducións porque xa non existe (descoñezo por qué o borraron), pero hai que recoñecer que ultimamente está a ser moi habitual iso de botarlle as culpas a YouTube cando son os propios responsables dos programas de televisión (directa ou indirectamente) os que penduran da Rede moitas das informacións das que logo falan os seus compañeiros.
Sen dúbida, este tipo de follóns acabarán converténdose en temas obrigados a repasar nos cursos de ética periodística.

ACTUALIZACIÓN: A resposta de Intereconomía TV resultou un tanto penosa:

Haberá que agardar ao sábado para que conten a súa versión da historia, pero non acabo de entender a qué vén acusar a La Sexta dunha chea de cousas que non veñen a conto, pois o Gran Wyoming traballa para a canle televisiva, pero non é a canle televisiva.
A miña impresión é que os de Intereconomía TV perderon un pouco o rumbo ao publicar un vídeo coma verídico simplemente porque o recibiron por e-mail (a ver se dan máis detalles sobre iso, porque os fai quedar moi mal), pero admito que o estou a pasar moi ben coa bronca :)

10 comentarios realizados

a gravatar

1. Daicon-X escrito o 3 de Febreiro de 2009 ás 2:58

Jajaja, es que todavía me dura la risa, vaya planchazo para Intereconomía, se veía venir que alguna harían en El Intermedio, demasiado han aguantado.

a gravatar

2. Luisma escrito o 3 de Febreiro de 2009 ás 9:54

Eu se fose os do intermedio ainda deixaría que a bola de neve medrase. Coido que o seguinte paso sería que o congreso dos deputados prohibise o programa. ¿non pasara algo así co yoyas de gran hermano?
Espero que o próximo reto sexa un pouco máis complicado, como tratar de colar un video en Redes: Buenafuente é quen de lograr a cuadratura do círculo co paint! jeje

Bueno para ser rigurosos creo que Buenafuente é maqueiro, así que supoño que utilizaría o equivalente ó paint (nótese o meu descoñecemento absoluto do sistema operativo)

a gravatar

3. aporeles escrito o 3 de Febreiro de 2009 ás 10:24

Eu procuro tomar todo con humor, e pareceme ben que metan coñas a outras cadeas, especialmente as do tipo de Intereconomia.
De todos xeitos, penso que se lles foi a man. Pareceme excesivo este tipo de bromas.
Algunha como a de Chiquilicuatre si me parece ben, a pesar de ter moita mais repercusion, pero neste caso pareceme que o tema non foi o mais correcto.

a gravatar

4. Juan Castro escrito o 3 de Febreiro de 2009 ás 10:49

Si, estaría ben que estas cousas se tratasen nos cursos de ética periodística… se aínda quedaran eses cursos nas facultades ;)

A xogada saiulle redonda ó ‘Intermedio’. Metéronlle un gol a Intereconomía, subiron audiencia e encheron medio programa co vídeo. Eu disfrutei co programa de onte, teño que admitilo, pero non sei se Wyoming & cia fan ben entrando nestas rabietas e montaxes, por moi creativas que sexan.

a gravatar

5. luisma escrito o 3 de Febreiro de 2009 ás 14:38

Este (o da actualización) é o mellor de todos, tremenda risa!
Tremendo ver a un tipo con pintas de director bancario serio, coa súa panza, o seu pelo, a súa copa de Ribera del Duero mentres traballa! dando explicacións serias sobre unha cagada que lle meteu un programa de humor.
Encántame ver á xente respetable e prepotente en situacións comprometidas. O tipo vale para político, non é quen de
recoñecer os erros :)

BOISIMO BOISIMO! gracias marcus, que sen ti non me enteraría de nana!

a gravatar

6. Marcus escrito o 3 de Febreiro de 2009 ás 15:09

Luisma, eu vino onte en directo, e os comentarios que chegaron despois tampouco tiñan desperdicio. Todos meténdolle caña a La Sexta sen vir a conto, e insultando a Wyoming simplemente porque demostrou que non verificaban a información.
O único que dicía que investigara algo era Alfonso Rojo (que tampouco é a persoa máis solvente do sector), pero dende Periodista Digital o único que podían facer era chamar a La Sexta, cando no seu momento os de Intereconomía TV podían falar coa persoa que remitiu o vídeo, o que sería unha fonte (se a fonte minte é outra cousa, pero resulta que ¡non pediron ningún tipo de información adicional a esa persoa!).

a gravatar

7. El_podcastero_enmascarado escrito o 3 de Febreiro de 2009 ás 22:29

2# Luisma no Mac viñan o principio (1984) o MacPaint e o MacWrite, e claro os orixinais de windows fixeron a mala copia: Paint e o Write que logo lle chamaron Word Pad.
Pero claro xa non estamos en 1984, e no Mac desde qeu apareciu Photoshop, pois como que o MacPaint deixou de existir.

Claro que en windows xubilan antes o WindowsXP que o Paint.

Hoxe en día o mac ven con iMovie(para facer pelis) que trataron de malcopiar en windows co MovieMaker (a maioría nin saben que ven no windows).

Tamén ven con iPhoto (Manexo de fotos dixitais), iDVD (Crear DVD de video), GarageBand (facer/aprender música), iWeb (paxinas web)

http://www.apple.com/es/ilife/

Como ves o Paint xa quedou no pasado
http://es.wikipedia.org/wiki/MacPaint

Feliz día da marmota os usuarios de Windows, pronto veredes o Windows 7
o windows que está alucinando a todo o mundo… porque se colga un 90% menos que Vista!!! Juas!

a gravatar

8. Marcus escrito o 3 de Febreiro de 2009 ás 23:59

O Movie Maker non só é bastante descoñecido, senón que incluso non vén nas edicións básicas de Vista (algo que non remato a entender). As edición máis completas tamén traen o DVD Maker, que sumando o Picasa (que vén de serie en moitos equipos xunta cunha chea de crapware) parece moito ao que se pode ter en Mac OS X, pero hai que destacar que as aplicacións de iLife non veñen de serie co Mac OS X, aínda que se inclúe con algunhas promocións (normalmente durante os primeiros meses das novas versións).

Por certo, o Windows 7 non vai chegar ata 2010, e que ninguén espere nada especial: é un Vista cunha interface de usuario máis atractiva, pero o corazón é o mesmo.
Gustei da versión de proba de Windows 7 (aínda que só estea dispoñible en inglés), e o sistema de amosar as aplicacións tipo dashboard de Mac OS X tamén mola.
O que non sei é a qué vén dicir que o Vista se colga. A min vaime mellor que XP en varios equipos (¡incluíndo un netbook!). As críticas a Vista chegaron nun momento no que non contaba con aplicacións adaptadas, drivers, nin o SP1. Agora é un S.O. magnífico que non é capaz de salvar a súa honra por culpa dun mal comezo (de aí que lle laven a cara e cambien o seu nome). Unha mágoa que non lle chamen Windows Vista SP3, porque así sería unha actualización de balde.
Ah, e eu teño o Vista en galego, e agardo que de cara ao Windows 7 a Xunta se poña as pilas dende o primeiro día, e que non chegue a tradución ao galego cun ano e pico de retraso.

a gravatar

9. Luisma escrito o 5 de Febreiro de 2009 ás 12:18

O certo é que teño ganas de probar a experiencia Mac. Proximamente, se o peto o permite, fareino (supoño que a min se me fará imprescindible parallels).
O que me da un pouco de rabia é o da i diante de todo. ¿Existe o ii ou o i^i?
A min o xp vaime ben no sobremesa. O vista actualmente tamén me funciona bastante ben no portatil, pero teño que recoñecer que acceder ó administrador de dispositivos cun pantallazo negro impresiona moito e dache a sensación de estar a cometer un delito

a gravatar

10. Marcus escrito o 5 de Febreiro de 2009 ás 13:16

Luisma, eses flashes do Vista pódense quitar na configuración e precisamente é algo que suavizaron moito en Windows 7. Eu teño desactivadas todas as advertencias, pois son moi molestas, pero están pensadas precisamente para acojonar aos usuarios inexpertos.
Para adentrarse no mundo Mac sería recomendable que antes probes o hacktintosh, ou sexa, instalar unha versión crackeada do Mac OS X para que funcione en PC. A experiencia non é exactamente igual, pero permíteche facer un achegamento, para ver se no futuro paga a pena cambiar a Mac. A min, persoalmente, resúltame inviable, pois algunhas ferramentas imprescindibles para o meu traballo diario aínda non están adaptadas ao Mac. Sen ir máis lonxe, o corrector automático de galego está no Office 2007 (Windows) pero non no Office 2008 (Mac).

No caso de que decidas cambiar a Mac tamén recomendaría optar antes por un iMac que por un MacBook, pois teñen rendementos moi diferentes (o iMac incluso supera ao carísimo MacBook Pro).

Facer un comentario

Etiquetas (tags) permitidas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Observación: Os comentarios poderían non aparecer automaticamente, pois nalgunhas ocasións precisan de moderación por parte do administrador deste blogue.

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Últimos comentarios