Xoán Gato: o novo Mel Brooks
Cando películas como La Loca Historia del Mundo podiamos ver a Mel Brooks interpretanto a varios personaxes botabamos unhas risas, e aínda que non estea ben dicilo, eu fixen o mesmo ao ver o anuncio de Terra Galega protagonizado por Xoán Gato:
Disque é unha parodia do anuncio de Anxo Quintana, aínda que eu non vexo a semellanza. Por desgraza para algúns, as eleccións non son unha competición de anuncios televisivos, e a orixinalidade de Gato é case imposible que se traduza nun escano no Parlamento de Galicia.




7 comentarios realizados
1. lavrego escrito o 18 de Febreiro de 2009 ás 17:16
Este tio é un fenómeno, é o que teñen as pequenas candidaturas: non teñen nada que perder inda que se arrisquen a facer o ridículo, e si moito que gañar. Se todos fixeran o mesmo, as campañas ian ser moito máis divertidas, xa non teriamos que recorrer á touripedia.
Por certo, a ver se publicas a nova da presentación do libro de Carlos Parrado: “Curuxás, o guerrilleiro que non cazou Franco” será este venres na sala do edifico multiusos de Melide á 20:15 h.
2. Marcus escrito o 18 de Febreiro de 2009 ás 17:53
Lavrego, non atopo información sobre o libro en ningures (agás o seu ISBN e Depósito Legal). De ter máis datos estarei encantado de difundir o acto de presentación.
3. lavrego escrito o 18 de Febreiro de 2009 ás 18:30
Pois eu o que sei é que a data de presentación é a que dixen mais arriba, no lugar e hora indicados e o libro que, lóxicamente fala da vida e feitos de curuxás, contados ao mais puro estilo tradicional dos contos populares narrados de xeración en xeración. O traballo é froito de moitísimos anos de recopilación por parte de Carlos Parrado, e deu este libro como resultado.
A portada é unha foto de curuxás nun carro (corpore insepulto) e a contraportada é a mesma foto en pequeno sobre un fondo do xornal que se fixo eco da nova “el caso” o enlace da foto é este: http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=13443&soportal=ningun
E o lugar onde se pode atopar o libro, é nas librarías, lóxicamente e como non ia ser doutra maneira tamén en Parrado
4. Nemigo escrito o 18 de Febreiro de 2009 ás 23:20
unha pena o de gato. Lembra a vázquez na súa fuxida a ningures. Non pode ser que un home leve 20 anos de alcalde e fale de proxectos de futuro…
Que pensa pra galiza o mesmo que narón, di. Home, tendo en conta que tardou 20 anos no seu “proxecto” en narón vampirizando ferrol. Pois o que viría a ser o mesmo na galiza?
Pois ata dentro de 50 anos non tería resultados e pra iso sería acabando con norte de portugal?
Terra galega ten os votos que saca nas municipais, non hai máis. Nunhas eleccións na galiza… nada. Lembrar que as bases de gato en narón son menos de 100 persoas
5. riki escrito o 19 de Febreiro de 2009 ás 11:35
Pasóume Mingos un cartonciño, onde pon como di Lavrego, a data, venres 20 de febreiro, a hora, 20.15, e quen vai intervir, Carlos Parrado Garea, autor, Xosé Enrique Acuña, Edicións A Nosa terra, e Xosé Domingos Fuciños, da Asociación Cultural “Terra de Melide”, que é a que organiza o acto.
Veña, un saúdo, aínda que non interveña moito, pásome a miúdo, Marcus. ¡¡¡
6. moinante escrito o 21 de Febreiro de 2009 ás 18:05
Que bo! Non o vira, pero escachei coa risa.
7. Apocalipse do porco » ecuador electoral escrito o 11 de Abril de 2009 ás 12:54
[...] rede, en troques, seguen aparecendo cosas coma este estupendo video de Xoan Gato que atopei na de Marcus. Non sei se acadará votos co video, mais si algun sorriso. É coma esas publicidades americanas [...]