Mércores, 25 de Febreiro de 2009

Versión de proba do Safari 4 para Mac e Windows

Impresionante evolución de interface entre Safari 3 e 4 para Windows
Onte quedei positivamente impresionado polas melloras que incorpora o navegador web Safari na súa nova versión de proba, especialmente na súa versión para Windows, que finalmente adapta a súa estética para que sexa como a do resto de aplicacións nativas.
A quen lle guste usar Google Chrome, o Safari 4 podería ser unha interesante alternativa (empregan o mesmo motor), aínda que algún medio fale deste programa confundindo churras con merinas:

Apple lanza en prueba la nueva versión del navegador Safari
Disponible para Mac, Windows, iPhone y iPod Touch, los test destacan la velocidad de navegación de Safari 4.

Apple ha lanzado la versión beta de Safari 4, su navegador web que ya está disponible para Mac y PC, además de para los dispositivos móviles de la marca, iPhone y iPod Touch. Entre sus nuevas capacidades que hacen que navegar sea más intuitivo se incluyen Top Sites, para disponer de una vista previa de las páginas visitadas con frecuencia; Full History Search, para buscar en los títulos, direcciones web y a través de todo el texto de páginas vistas recientemente; Cover Flow, para recorrer fácilmente el histórico de navegación web o los favoritos; y Tabs on Top, para que la navegación con pestañas sea aún más fácil e intuitiva.

«Apple creó Safari para volver a traer innovación, velocidad y estándares abiertos a los navegadores web, y hoy da otro nuevo gran paso adelante», anunció ayer Philip Schiller, vicepresidente senior de Marketing de Producto mundial de Apple. «Safari 4 es el navegador más rápido y eficiente para Mac y Windows, con una muy buena integración de los estándares web HTML 5 y CSS 3 que abre el paso a la próxima generación de aplicaciones web interactivas».

Safari 4 acaba de salir en versión de prueba pública y su descarga es gratuita, en la página web de Apple dedicada al navegador.

¿iPhone e iPod Touch? Eses dispositivos utilizan o Safari como navegador de serie, pero nin a versión 3 nin a 4, senón a versión móbil. Vaia, que a redacción dixital de La Voz meteu a zoca, e non sei por qué, pois o comunicado de Apple sobre a beta do Safari 4 é o seguinte:

Presentamos Safari 4, el navegador más rápido e innovador del mundo
Presentamos la beta pública de Safari 4, el navegador web más rápido e innovador del mundo tanto para Mac como para PC con Windows. «Apple creó Safari para devolver la innovación, la velocidad y los estándares abiertos a los navegadores web, y hoy daremos otro paso de gigante», afirmó Philip Schiller, vicepresidente sénior de Marketing mundial de productos de Apple. «Safari 4 es el navegador más rápido y eficiente tanto para Mac como para Windows, cuya estrecha integración entre los estándares web HTML 5 y CSS 3 permite cargar las aplicaciones web interactivas de última generación».

Ou sexa, que non falan do iPhone ou do iPod Touch, agás na propia web do Safari, onde comentan que o navegador (non a beta) tamén está dispoñible para eses dispositivos.
Para deixar a cousa máis clara habería que dicir que as versións de probas do software para o iPhone nunca se distribúen aos usuarios, posto que os programas veñen integrados no firmware. Existen firmwares de proba, pero son privados (aínda que de cando en vez se filtren á Internet).

Deixando de lado esta pifia de La Voz, recoméndovos probar a aplicación, que vai bastante ben. No caso de usar Mac OS X, xa pode servir coma substituto do Safari 3 (polo que probei, o funcionamento é excelente) e en Windows é recomendable para calquera que guste do Safari 3 ou do Google Chrome, aínda que tamén serve para calquera que busque alternativas ao Firefox ou ao Internet Explorer.

ACTUALIZACIÓN: Por de tedes dúbidas, xa hai probas de rendemento do navegador:
Proba de rendemento do Safari 4

7 comentarios realizados

a gravatar

1. Nemigo escrito o 26 de Febreiro de 2009 ás 0:09

non emprego case nada o safari, a verdade é que semella algo “cutre”

É bo que opera estea ben nas comparativas de rendemento. Realmente firefox parece un navegador pendente de varias coceduras. Queren que sexa bo pero non saben que poñer pra que interese. Parece algo así como mercar no carrefour algo que tes que montar ti mesmo na casa. Da tanto chollo que pensas mellor en pagar máis e ir ao corte inglés

a gravatar

2. El_podcastero_enmascarado escrito o 26 de Febreiro de 2009 ás 2:55

Nemigo, a gráfica represente a Safari como o mais rápido e Ópera é o segundo mais lento, só superado polo de Microsoft.

Os da Voz, ademais poñen o enlace a páxina en inglés en vez de a http://www.apple.es/safari

a gravatar

3. enfeitizador escrito o 26 de Febreiro de 2009 ás 4:55

Tamén hai que mirar que esta gráfica emprega versións en estado beta coma son Minefield (Firefox 3.2a1), IE8 e o mesmo Safari 4, pero no tocante ao Opera, collen a versión estable, cando está xa dispoñible a versión 10, en estado Alpha, que xa lle pega un repaso ao mesmo Opera 9.6 en velocidade e compatibilidade. O motor Presto 2.2 non ten nada que envexar ao TraceMonkey ou WebKit (non probei en exceso Nitro como para comparar, hai que darlle uns días), por iso, por experiencia persoal, nunca entendo estas gráficas “publicistas”, cóllese o que vemos que da o pego con respecto aos outros navegadores que conveñen e aproveitamos. Pero o que digo, se empregas navegadores en estado de probas, faino con todos (no meu caso, o Opera 10 come con patacas ao Firefox 3.2a1, agás algunha páxina con código raro ou con bloqueantes tipo Hotmail Live). Xa podian poñer que páxinas empregaron no test, para facer a proba na casa.

a gravatar

4. Marcus escrito o 26 de Febreiro de 2009 ás 10:36

Enfeitizador, coido que a comparativa está ben feita, pois poñen as versións que están oficialmente dispoñibles para calquera.
Os de Opera son moi trampulleiros, e cando publican probas nas que dan un rendemento caralludo resulta que faltan moitos meses para que publiquen tal versión (tempo no que xa os superaron dende a competencia). É como cando se puxeron a competir para ver quen superaba antes o test Acid3 (que o Safari 4 supera ao 100%), que o fixeron varios navegadores beta pero na práctica aínda non o son hoxe (varios meses despois) as súas versións oficiais.
Vaia, que a beta do Safari 4 é practicamente unha versión oficial (é a que promociona Apple na súa web), aínda que hai que admitir que os seus bos resultados serán efémeros, pois a nova versión do Firefox andaralle moi preto (precisamente por iso presentan o Minifield, para que se vexa que son realistas na comparativa).
Na web coa comparativa completa tamén vese o salto entre o IE 7 e o IE 8 e mete medo o salto de rendemento que deu o Explorer. Tamén queda claro que o Opera é o navegador máis lento en Mac OS X (está claro que o seu negocio actual son os navegadores móbiles, onde están moi ben posicionados).
Enfeitizador, non esquezas que a comparativa o que mide é o rendemento do javascript, non do navegador en xeral. Se queres facer as probas na casa só tes que visitar a web do SunSpider. A min deume auténticas burradas:
- Internet Explorer 7: 26.530,2 milisegundos
- Firefox 3.0.6: 3.116,8 milisegundos
- Google Chrome: 1.112,2 milisegundos
- Safari 4: 1.024,2 milisegundos
Vaia, que queda claro que WebKit (motor dos 2 últimos) é o rei do Javascript, pero tanto Safari coma Chrome seguen sen contar con funcións do Firefox que emprego a diario, polo que non podo cambiar de navegador predeterminado (aínda que nada impide usar 2 á vez).

a gravatar

5. Juan Castro escrito o 26 de Febreiro de 2009 ás 14:26

Da gusto ver que despois de 3 ou 4 anos, a guerra de navegadores comeza a dar froitos reais para o consumidor. En xeral, dende hai un ano para aquí, o salto para os usuarios. Despois de que IE7 incluíse o imprescindible para ser considerado un navegador decente, IE8 apunta a ser moi bo. Quedei gratamente sorprendido no par de semanas de proba que lle concedín).

Este novo Safari está a anos luz que a versión 3 para Windows, para min un dos maiores fiascos da historia recente de Apple. Chrome pareceume moi interesante na súa saída, pero estame decepcionando a tardanza en incorporar o sistema de extensións.

E Opera, parece seguir sendo esa opción elitista que poucos usan pero que lle marca ó resto o camiño de moitas innovacións.

Eu sigo fiel (ou atado, segundo se mire) a Firefox polo tema das extensións, mesmo se o FF3 me decepcionou bastante pola escasa mellora en estabilidade e consumo de recursos respecto a FF2.

Se Firefox é capaz de tomar nota dos competidores e mellorar, seguirei con el ncantado. Senón, alégrome de ver que hai outras opcións cada vez máis sólidas.

a gravatar

6. enfeitizador escrito o 26 de Febreiro de 2009 ás 15:17

Dispoñible para calquera tamén está a Alpha do Opera, que a fixeron pública… E Marcus eu falaba de experiencia xeral, que teño en instalación aparte as versións de testeo do Opera 10 b1285 coma do Firefox 3.2a1, e por iso digo que, en rendemento, considero que vai mellor a alpha do Opera. Logo tamén teño as versións estables de cada un, que son as que uso no día a día, maiormente Opera, pero tamén emprego o Firefox. Mesmo teño o Chrome máis por se algún servizo de Google se pon farruco co FF.
Grazas polo apunte da páxina, que iso é que non entendía, que páxina/sistema usaban para a comparativa, anque algo debín facer mal porque a min dáme co Opera 10: 14800.8ms e co Firefox 3.0.6: 14182.4ms (no 3.2a1 non funcionou). Pero eu cando falaba de gráfica “publicista” era porque vira antes esta análise en BetaNews (onde empregan as versións oficiais, non betas, agás a do Safari), no que as cousas difiren desa gráfica:
- Renderizado do CSS (tempo de renderizado/tempo de carga do JavaScript): Safari (7ms/54 ms), Opera (10ms/250ms), Chrome (26ms/177ms), Firefox (61ms/400 ms), IE7 (131ms/555ms).
- Test de Sean Patrick Kane (tarefas JavaScript executadas en secuencia): Safari 174ms, Chrome 348ms, Opera 381ms, Firefox 499ms, IE7 1533ms.
Á vista disto foi que instalei o Safari 4, pero inda non lle dei un uso tal para dar unha valoración global. De primeiras é innegable o lixeiro que vai, anque o poñeria ao nivel de axilidade do Chrome.

a gravatar

7. Marcus escrito o 26 de Febreiro de 2009 ás 15:27

Juan, concordo en que o Safari 3 para Windows foi unha auténtica cagada, e o Safari 4 está moito mellor. Aínda así, apenas ten cambios con respecto ao Chrome, mentres que o Chrome anunciou que vai soportar en breve extensións, co que poderían facerlle pupa ao Firefox.
Para min o mellor desta guerra de navegadores é que farán que os de Mozilla pisen o acelerador, pois o Firefox non vai tan rápido como debería, aínda que o que me molesta máis ultimamente é o seu comportamento co Flash na reprodución de vídeo (que vai coma o carallo en moitas ocasións, pese a que o ordenador estea sobradísimo de procesador e memoria). Non sei se a culpa é de Mozilla ou de Adobe, pero iso téñeno que arranxar pronto.
Logo, tamén teño detectado unhas poucas páxinas que matan directamente ao Firefox 3 e que funcionan con outros navegadores. Non investiguei as causas, pero resulta molesto que o navegador peche de súpeto.

Enfeitizador, se fas un uso intensivo do Safari 4 non tardarás en atoparlle fallos (recoméndoche botar un ollo ao artigo de Ernesto Bañuelos en Bitelia) pero hai que ter en conta que fala da versión para Windows dun programa pensado inicialmente para Mac OS X.

Esta web apoia á iniciativa de petición
da volta do Xabarín Club á TVG

Facer un comentario

Etiquetas (tags) permitidas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Observación: Os comentarios poderían non aparecer automaticamente, pois nalgunhas ocasións precisan de moderación por parte do administrador deste blogue.

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Novas de Código Cero