Mércores, 18 de Febreiro de 2009

Aliens versus Predator

A idea de enfrontar as sagas de Aliens e Predator foi unha grande idea nos comics e nos videoxogos, aínda que no cine non resultou tan ben a cousa, o que non impide que a súa emisión en televisión se promocione de xeito brillante (por parte da axencia neocelandesa DDB):
Alien contra Predator xogando ao billar
Predator xogando ao xadrez contra Alien
Predator contra Alien xogando
A verdade é que temo que en todos os enfrontamentos ilustrados gañaría o Predator (prédator, que non predeitor, coma din moitos), o que non impide botar unhas risas ao imaxinar a ambos personaxes en plan colegas.

Martes, 17 de Febreiro de 2009

Xoán Gato: o novo Mel Brooks

Cando películas como La Loca Historia del Mundo podiamos ver a Mel Brooks interpretanto a varios personaxes botabamos unhas risas, e aínda que non estea ben dicilo, eu fixen o mesmo ao ver o anuncio de Terra Galega protagonizado por Xoán Gato:

Disque é unha parodia do anuncio de Anxo Quintana, aínda que eu non vexo a semellanza. Por desgraza para algúns, as eleccións non son unha competición de anuncios televisivos, e a orixinalidade de Gato é case imposible que se traduza nun escano no Parlamento de Galicia.

Luns, 16 de Febreiro de 2009

Hoxe é o Big Culo Day

O rei Nikochan co seu criadoPor iniciativa de Jotacé hoxe celébrase o Big Culo Day ou Grande Día do Cu Comiqueiro, algo que nun principio só seguían catro blogs frikis, pero que este ano evolucionou a todo un fenómeno ao que se apuntaron varios centos de blogs hispanos.
Ante tal marabunta non me queda outro remedio que buscar algún cu comiqueiro, para o que o normal sería buscar entre comics de Adam Hughes ou de Al Río, pero que este ano perderon algo de peso e coido que a serie da JLA e os comics de Frank Cho serían os máis representativos do xénero.
Postos a elixir entre a Liga da Xustiza e Cho, teño que admitir a miña debilidade polo ilustrador de Liberty Meadows (tira cómica que seguín de principio a fin), do que atopei unha historia das The Many Worlds of Tesla Strong, que podería ser moi relevante para unha data como a de hoxe.
O cu de Tesla Strong
¿E por qué elixín o traseiro da filla de Tom Strong? Pois porque na historia que aparece poñen dúas viñetas semellantes en páxinas consecutivas, polo que a pose resulta moi descarada:
páxina 1páxina 2páxina 3páxina 4páxina 5páxina 6
De todos os xeitos admito que Ed Benes na JLA gañou a pulso o seu status coma autor de referenza para o Big Culo Day (Jotacé xa comentou a súa mestría ao ser capaz de facer planos nos que a mesma moza amosase cu e escote). Coma mostra, un botón:
tremenda splashpage do número 14 da JLA
Canario Negro berrando
Os puristas, que perdoen por non pór a Mafalda nesta escolma gráfica ;)

A xeolocalización na política

Hoxe Manel Fontdevila en Público deu no cravo ao retratar de xeito humorístico o problema que teñen os políticos ao facer varios discursos ao día por toda a xeografía español:
Zapatero dá un discurso en Galicia
Vaia, que os políticos teñen que utilizar truquiños para non cagala como Tom Cruise no Brasil:

Tom Cruise ha dejado sorprendidos y muy enfadados a los brasileños tras proclamar a los cuatro vientos: “Me encanta Brasil, soy un amante de esta tierra. Lo mejor es el tango”. Probablemente la culpa del despiste la tenga tanto cambio horario provocado por los viajes de promoción de su película Valkiria. Al artista se le olvidó repasar unas nociones básicas de geografía e historia del país en el que se encuentra estos días.

Aínda que os actores non teñen que andar con tanto tino coma os políticos, que poden caer no absoluto ridículo ao prometer un paseo marítimo para Ourense.

Domingo, 15 de Febreiro de 2009

A nova cabeceira dos Simpson

Durante esta fin de semana moitos blogs están a informar da nova cabeceira de Los Simpson, detallando que era un cambio necesario tras 20 anos en antena, pero esquecendo o auténtico motivo da renovación: o salto á alta definición.
Bart Simpson e a HDTV
O propio Bart xa dedica a súa frase do encerado á HDTV, decindo que paga a pena a televisión en alta definición. Sumarse a este novo nivel gráfico precisaba dun cambio porque a imaxe en HD é panorámica, ou sexa, que a cabeceira tradicional en 4:3 non quedarían ben en 16:9, o que abría unha porta ao cambio que de seguro será benvido.
O certo é que a nova cabeceira está moi ben, e recolle moitas referenzas á serie, aínda que na primeira entrega foi demasiado longa:

Agora queda por ver se en España imos gozar dos novos episodios nunha calidade aceptable. Non estou a falar de alta definición, senón do feito de que a serie se emita en anamórfico, pois as canles de Antena 3 na TDT si están a aproveitar esta posibilidade (WSS). A xente con televisores modernos agradecerá ver a serie sen deformacións, recortes ou bandas negras.

Sábado, 14 de Febreiro de 2009

Eleccións autonómicas 2009: o meu prognóstico

Estamos xa en plena campaña electoral ás portas dos comicios autonómicos, e como vén a ser costume, fago un repaso da situación actual para facer o meu prognóstico sobre o resultado electoral.
Por unha banda coido que cómpre botar unha ollada á evolución do voto en Galicia durante a democracia:
evolución do voto galego de 1981 a 2005
Podemos apreciar que o PP xa tocou teito na etapa de Fraga, e que vai en descenso, mentres o PSdeG está no mellor momento da súa historia, aínda que no pasado acadara maior número de escanos (froito da atomización de partidos en Galicia, pois a presenza do Partido Comunista de Galicia, Coalición Galega e Esquerda Galega, entre outros, restáballe representación parlamentaria ao BNG).
O BNG, pola súa banda, parece que se resentiu da saída de Beiras da dirección do Partido, e nos últimos 2 comicios padeceu unha caída de votos do 25%. Podiamos entender así que en 1997 o BNG tocou o seu teito, polo que nos vindeiros anos debería aspirar aos 400.00 votantes. Esta perda de apoios reflectiuse directamente en escanos:
evolución de escanos de 1997 a 2005
O BNG pasou de ser a segunda forza en 1997 e 2001 a ocupar un terceiro posto do que ten moi difícil saír, e podemos pensar que a tendencia de voto de 2005 pode repetirse en 2009, cun pequeno repunte dos partidos no Goberno, polo que eu coincido cos resultados da enquisa de Sondaxe publicados hai un par de semanas:
resultados da enquisa de Sondaxe en xaneiro de 2009
Vexo moi probable que tanto o PSdeG coma o BNG gañen un escano cada un, pese a que moitas das enquisas sitúen ao PP ao gume da maioría absoluta (o que non parece realista, non pola fortaleza do Goberno, senón pola falta de peso da oposición).

De aquí, de Millí

Pero en chave local temos que o PP si ten unha forza innegable, de xeito que o PP faríase coa maioría absoluta e o PP e o PSdeG terían un peso semellante, se nos fixamos nos resultados dos anteriores comicios:

Votos Porcentaxe
PP 2.329 49,5%
PSdeG 1.139 24,2%
BNG 1.158 24,6%

¿Poderá cambiar esta situación en 2009? Parece difícil, pero coido que as candidaturas provinciais dos diferentes partidos poderían facer que o PP perdese algo de pulo en Melide, pois sería o único dos 3 grandes partidos en non contar con melidenses nas listaxes, xa que o PSdeG ten a José Antonio Prado García no posto 19 e o BNG a Ana Isabel Ramos Rúa no posto 12, ambos sen posibilidades de entrar no Parlamento de Galicia, pero a súa presenza serve para amosar un certo interese dos partidos pola comarca, o que pode convencer a algún cidadán.
Facendo un pouco de meigo diría que en Melide o PSdeG podería medrar en votos un par de puntos porcentuais, mentres que o BNG igual podería medrar 3, por arrastre do goberno municipal, o que levaría ao PP a perder apoios na vila. ¿Será esta previsión realista? ¿Ou acaso a actual conxuntura económica fará que a xente volva a apoiar as opcións políticas de dereitas? ¿Qué opinades vós? ¿Atrevédevos a facer algunha predición?

ACTUALIZACIÓN (15-2-2009): La Voz publicou unha nova enquisa de intención de voto que pese a contar cuns resultados moi semellantes, trasladaría un escano do BNG ao PSdeG:
Resultado da enquisa de Sondaxe de febreiro de 2009
Coido que esta proxección hai que collela con fíos, pois o escano de diferenza do BNG depende de só un 0,1% dos votos. De confirmarse estes resultados o día 1 de marzo teriamos que a Xunta repetiría estrutura de goberno reeditando o pacto anterior (ou iso parece o máis razoable), aínda que queda moita campaña por diante.

Mércores, 11 de Febreiro de 2009

Información dos resultados electorais por SMS

Escoitei pola radio a Loreto Silvoso dicindo que nos podiamos subscribir por SMS para recibir información sobre os resultados electorais o vindeiro día 1 de marzo, podendo ampliar a información en www.resultadoseleccions.xunta.es onde atopo o seguinte:
Erro de DNS
Penso que na nota de prensa da Xunta porían o normalmente innecesario sufixo www. por costume, e intento acceder a resultadoseleccions.xunta.es para ver algo aínda máis raro:
servizo en probas
a web dos resultados no iPhoneOu sexa, que aí publicarán algo (supostamente os resultados das eleccións adaptados para smartphones o día dos comicios… vaia que o www. si que sobraba), pero non será o que se refire á subscrición das alertas por SMS, que curiosamente pódese ver na web electoral oficial (que leva semanas funcionando):
web das eleccións autonómicas
Atopada a información remito ELEC ALTAGA ao 7743 e recibo unha confirmación en español:
Elecciones Galicia 2009: Se ha dado de alta satisfactoriamente en el servicio de alertas sobre el Total Comunidad de las Elecciones Gallegas 2009.
Antes de anunciar un servizo deste tipo nos medios de comunicación de masas, ¿non deberían verificar que todo vai ben? Entendo que ninguén da Xunta (e non me refiro aos políticos) se molestou en visitar a web da que falan nin se subscribiu á alerta por SMS… ¡mal vamos!
A ver se arranxan o tema nos vindeiros días (aínda que sexa tarde, porque o anunciaron hoxe).

ACTUALIZACIÓN: En Galiciae aínda a lían máis, e remiten ao lector a www.resultadoseleccions.es, dominio que nin sequera está rexistrado. O erro parece ser da axencia EFE (pois o repiten medios coma Soitu). Estamos ante un excelente exemplo de que a información de axencia non a comproba ninguén (suponse que a redactan xornalistas de verdade, deses que verifican as súas fontes).
Segundo parece o dominio que non funciona estará operativo o día das eleccións, pero os medios que están a falar do servizo de SMS a lían e mesturan ambos servizo (web e SMS) que non teñen nada que ver (agás polo feito de que a web estará dispoñible para navegadores web móbiles… como case calquera web que non faga uso de Flash).
Non remato de entender por qué anuncian un enderezo web que non está operativo, polo que a xente non o pode gardar en favoritos nin facer nada con el. ¿Non se decatan de que así a información pérdese no vento?

« Entradas máis novasEntradas máis vellas »

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Novas de Código Cero