Xoves, 26 de Febreiro de 2009

Animais de código aberto

¿Lembrades a páxina web dos animaliños nacidos en catividade? Pois esta semana parece que están apoiando ao software libre, e onde puxeron a foto duns cachorros de panda vermello (firefox) nacidos nun zoolóxico australiano:
pequenos pandas vermellos
Pero non acaba aí a cousa, e hoxe sorprenden cun fénec nacido nun zoolóxico coreano:
fénec cativo
Para os que non o saiban, Fennec é o nome do proxecto da versión móbil do Firefox. Ah, e no mundo real o fénec (fennecus zerda) é un raposo do Sahara. ¡Que curriño! ¿Será parente de Pinky?

Ver imaxe de Pinky e Cerebro ▼

Se queredes facer a comparación gráfica, velaquí o logotipo do Mozilla Fennec:
logo do Mozilla Fennec

Mércores, 25 de Febreiro de 2009

Crossover entre La Voz de Galicia e Quin TV

Esta mañá en RadioVoz os xornalistas de La Voz que seguen as campañas electorais dos distintos partidos en Galicia deron a súa visión dos feitos, incluíndo a Olalla Sánchez, quen leva un moblog (blog feito dende o móbil) sobre o tema que esta mañá cruzou contidos con Quin.TV (o que pareceume unha suma de coincidencias):

Si, si, no vídeo vese claramente a unha persoa gravando cun Nokia N95:
gravando cun Nokia N95
E o vídeo que podemos ver no moblog de Olalla é o seguinte:

¡Un crossover electoral na Internet! Non lembro precedentes disto. Vaia, que normalmente os crossovers cínguense a series de televisión ou macro-sagas de comics pero, ¿en moblogs e videoblogs? :o
O que si resulta curioso é reproducir os dous vídeos no mesmo punto para que vaian sincronizados (hai que dar ao play no vídeo de Quin TV cando o de YouTube estea no segundo 34), aínda que sorprende que a primeira parte do vídeo de Olalla (na que pódese escoitar a defensa de Quintana ante a petición de explicacións sobre a portada do ABC de hoxe que fixo Feijóo) non apareza no clip de Quin TV, pois é onde argumenta en vez lanzar acusacións xenéricas.

Ver portada do ABC ▼

Para min a polémica da foto no iate xa pagou a pena só por dar lugar a esta intersección de vídeos en liña. Parabéns aos que fixeron posible este encontro virtual.

Versión de proba do Safari 4 para Mac e Windows

Impresionante evolución de interface entre Safari 3 e 4 para Windows
Onte quedei positivamente impresionado polas melloras que incorpora o navegador web Safari na súa nova versión de proba, especialmente na súa versión para Windows, que finalmente adapta a súa estética para que sexa como a do resto de aplicacións nativas.
A quen lle guste usar Google Chrome, o Safari 4 podería ser unha interesante alternativa (empregan o mesmo motor), aínda que algún medio fale deste programa confundindo churras con merinas:

Apple lanza en prueba la nueva versión del navegador Safari
Disponible para Mac, Windows, iPhone y iPod Touch, los test destacan la velocidad de navegación de Safari 4.

Apple ha lanzado la versión beta de Safari 4, su navegador web que ya está disponible para Mac y PC, además de para los dispositivos móviles de la marca, iPhone y iPod Touch. Entre sus nuevas capacidades que hacen que navegar sea más intuitivo se incluyen Top Sites, para disponer de una vista previa de las páginas visitadas con frecuencia; Full History Search, para buscar en los títulos, direcciones web y a través de todo el texto de páginas vistas recientemente; Cover Flow, para recorrer fácilmente el histórico de navegación web o los favoritos; y Tabs on Top, para que la navegación con pestañas sea aún más fácil e intuitiva.

«Apple creó Safari para volver a traer innovación, velocidad y estándares abiertos a los navegadores web, y hoy da otro nuevo gran paso adelante», anunció ayer Philip Schiller, vicepresidente senior de Marketing de Producto mundial de Apple. «Safari 4 es el navegador más rápido y eficiente para Mac y Windows, con una muy buena integración de los estándares web HTML 5 y CSS 3 que abre el paso a la próxima generación de aplicaciones web interactivas».

Safari 4 acaba de salir en versión de prueba pública y su descarga es gratuita, en la página web de Apple dedicada al navegador.

¿iPhone e iPod Touch? Eses dispositivos utilizan o Safari como navegador de serie, pero nin a versión 3 nin a 4, senón a versión móbil. Vaia, que a redacción dixital de La Voz meteu a zoca, e non sei por qué, pois o comunicado de Apple sobre a beta do Safari 4 é o seguinte:

Presentamos Safari 4, el navegador más rápido e innovador del mundo
Presentamos la beta pública de Safari 4, el navegador web más rápido e innovador del mundo tanto para Mac como para PC con Windows. «Apple creó Safari para devolver la innovación, la velocidad y los estándares abiertos a los navegadores web, y hoy daremos otro paso de gigante», afirmó Philip Schiller, vicepresidente sénior de Marketing mundial de productos de Apple. «Safari 4 es el navegador más rápido y eficiente tanto para Mac como para Windows, cuya estrecha integración entre los estándares web HTML 5 y CSS 3 permite cargar las aplicaciones web interactivas de última generación».

Ou sexa, que non falan do iPhone ou do iPod Touch, agás na propia web do Safari, onde comentan que o navegador (non a beta) tamén está dispoñible para eses dispositivos.
Para deixar a cousa máis clara habería que dicir que as versións de probas do software para o iPhone nunca se distribúen aos usuarios, posto que os programas veñen integrados no firmware. Existen firmwares de proba, pero son privados (aínda que de cando en vez se filtren á Internet).

Deixando de lado esta pifia de La Voz, recoméndovos probar a aplicación, que vai bastante ben. No caso de usar Mac OS X, xa pode servir coma substituto do Safari 3 (polo que probei, o funcionamento é excelente) e en Windows é recomendable para calquera que guste do Safari 3 ou do Google Chrome, aínda que tamén serve para calquera que busque alternativas ao Firefox ou ao Internet Explorer.

ACTUALIZACIÓN: Por de tedes dúbidas, xa hai probas de rendemento do navegador:
Proba de rendemento do Safari 4

Martes, 24 de Febreiro de 2009

Manchas de Rorschach anti-porno

Coa proximidade da estrea da película de Watchmen estou moi sensibilizado dos tests de manchas de Rorschach (como cando saíu un exemplo na portada da revista de R), e agora sorpréndenme a campaña promocional da canle Beate-Uhse Erotic TV, que utiliza o test para ilustrar que o que ven os nenos e o que ven os maiores non é sempre o mesmo (o que tamén aproveitan os creadores de películas de animación, que reparten chistes para nenos e para pais, para non agradar a todos), aínda que en realidade están a anunciar o seu sistema de control parental (que impide que os nenos vexan porno):

Esta peza é obra da axencia xermana Kempertrautmann, e paréceme toda unha obra de arte, aínda que lonxe da miña adorada escena da película Wilt (que fóra dun par de detalles é un auténtico truño).
Ai, ai, ai… só faltan 10 días para Watchmen… ¡qué nervos!

Luns, 23 de Febreiro de 2009

Os boletíns do BNG e do PP de cara ás eleccións

Ao chegar a Melide a pasada fin de semana os meus pais tíñanme gardado un boletín do BNG que distribuiron nos pasados días, para que lle botase un ollo, e paseino a PDF e o colguei na web para que o poidan ver as persoas que non están pola vila nestes días:

Pero o BNG non foi o único partido en lanzar boletín co gallo das eleccións autonómicas, senón que o Partido Popular tamén fixo o propio, polo que tamén o pasei a PDF e o subín á web:

O texto é especialmente relevante porque coincide co discurso de Dolores Gómez no mitin do PP, con moitas acusacións que estaría moi ben que se clarexasen nun futuro debate entre os líderes das formacións políticas municipais, pois todos eses temas serán decisivos de cara aos comicios locais.

Moitos dos argumentos que empregaba o PP enténdense como distintos xeitos de facer as cousas (critican o gasto en audiovisual do goberno autonómico, a falta de apoio a institucións como a Orquestra Sinfónica ou o cambio da imaxe corporativa do Concello), á vez que algunha acusación é absurda (¿por qué preguntan qué foi dos préstamos bancarios cando quedan moitas facturas por pagar cando eles mesmos din que os préstamos non se poden empregar para satisfacer a débeda?) e outras son moi razoables (como as relativas ao persoal do Concello, que segue a ser algo pouco transparente).
Pero a min o que menos me gustou foi que criticasen os 30.000 euros que custou o cambio de imaxe corporativa e a renovación da web do Concello, pois esto último parecíame moi necesario, a que a web anterior era coma non ter nada (era inaccesible, carante de usabilidade e non estaba actualizada).
Aínda que de criticar algo, o que pediría para futuros boletíns do PP é que botasen ao lixo a tipografía Comic Sans, que só vén no Windows para o seu uso no Microsoft Chat, e non para que se empregue en medios impresos.

Os números dos mitins

Todos os anos se discute moito a estimación de asistentes aos mitins, algo que non acabo de comprender, pois non ten unha incidencia real no voto. Vaia, que en Melide a metade da xente vota ao PP, e o resto repártese en partes iguais entre o PSdeG e o BNG, mentres que asiste moitísima máis xente aos encontros do BNG (que ostenta a alcaldía) que ao resto de eventos.
Eu estimo que o número de xente presente en cada mitin sería aproximadamente o seguinte:

Asistentes
PSdeG 120
PP 300
BNG 700

Pero atender ao baile de cifras posiblemente sexa perderse. Coido que poderiamos facer unha lectura moi distinta dos encontros, que sería algo así:
- PSdeG: mitin pequeno e curto no que se pretendía dar a entender que o partido aínda segue vivo en Melide, e que conta con apoios a nivel autonómico coma estatal, o que confirmaron coa presenza de Méndez Romeu e Elena Espinosa.
- PP: o Partido Popular non buscou xuntar a moita xente, senón congregar aos convencidos para deixarlles claro que eles o farían mellor que os que están agora. Non pretendían convencer a ninguén, senón reafirmar a súa posición.
- BNG: un baño de multitudes dedicado a Anxo Quintana, e cun despregue que dá a entender aos cidadáns que Melide ten peso para as consellarías dependentes dos BNG. Unha mensaxe clara.

¿Foi un éxito o mitin do BNG e un fracaso o resto? Non diría tanto. Non se pode negar o éxito de participación do encontro do Bloque, pero o resto de forzas conseguiron un éxito de convocatoria semellante ao de outros anos. Vaia, que non é que ao PP e o PSdeG lles fose mal, senón que o BNG destacou moito e eclipsounos.
Agardemos que cunda o exemplo, e así de cara aos vindeiros comicios a mobilización cidadá sexa maior, e que non se imite aos líderes autonómicos no tocante aos mitins, e poidamos ver un debate televisado ou presencial (esto último sería moi complicado, pero sumamente atractivo).

ACTUALIZACIÓN: O PP de Melide vén de publicar un resumo do seu mitin asegurando que «máis de medio milleiro de persoas déronse cita no Hotel Carlos 96 de Melide», afirmación que non entendo por qué fan, cando nos propios vídeos que publican nesa entrada vese claramente que iso é totalmente imposible porque case todo o local estaba ocupado por sillas. Así a ollo calculo que podería haber unhas 220 sillas, de aí que estimase que o número de asistentes era de 300, pois aínda que de pé non houbese moita xente na parte de atrás, esta ten certa rotación, pero aínda que puidesen chegar a contabilizar máis de 300 asistentes, nin de coña poderían chegar os 350, así que moito menos superar os 500.
Continúo sen entender por qué hai tanta teima con iso do número de asistentes, pois non se gaña nada esaxerando (como nas manifestacións, onde as organizacións convocantes manexan cifras que normalmente dobran ás que ten a Policía). ¿Son eu o único que pensa que ter a 300 persoas durante máis de 2 horas atendendo a un mitin é todo un éxito?

« Entradas máis novasEntradas máis vellas »

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Últimos comentarios