¿Pódese facer un musical pornográfico?
Series como Buffy Cazavampiros teñen episodio musical en plan coña pero, ¿é posible facer o mesmo coas películas porno? A xente de PG Porn (os do porno sen sexo) fai unha divertida proba:
O curioso é que isto mesmo debería pasar absolutamente en todos os musicais. Vaia, que o de cantar en vez de falar non sei a quen se lle ocurriría que era unha boa idea… ¿ou acaso iso só funciona en películas de Disney?




2 comentarios realizados
1. moinante escrito o 21 de Febreiro de 2009 ás 18:02
Ui, non sei eu se terá moita saído isto das escenas porno sen sexo. Creo que a maior parte dos que ven porno, basicamente se saltan os poucos diálogos que pode haber e van directamente ao “tema”, ou non?
De todos os xeitos, para botar unhas risas non está mal.
2. Marcus escrito o 21 de Febreiro de 2009 ás 18:35
Home, saída comercial non ten ningunha iso do porno sen sexo. É un proxecto humorístico de Spike TV, no me xuntan a actrices do mundo do porno con actores de cine/televisión, coa mera intención de botar unhas risas.
E o do saltar ou non as escenas nas películas porno reais, coido que é cuestión de gustos, pois na actualidade distinguen o que son películas con historia do resto. Vaia, que debe de quedar moito friki que quere seguir o lema que defendía Burt Reynolds en Boogie Nights, aínda que as pelis con argumento sexan minoritarias hoxe en día.