O mitin do PSdeG en Melide o pasado sábado
Esquecín falar do tema durante a semana, pero dado que esta noite hai mítines en Melide do PP e o BNG, considero oportuno lembrar que o Día de San Valentín tamén fixo o propio o PSdeG.

Manolo Padro encargouse de facer a presentación o encontro que tivo lugar no CEIP nº 1, lugar que había moito tempo que non visitaba, e que lembraba de pasados mítines (pois as clases de ximnasia da EXB xa as teño bastante esquecidas). Foi breve, en consideración aos asistentes, posto que estabamos nunha noite sinalada, e así deixábase á xente libre para cear despois do mitin.

José A. Prado foi quen deu o punto de vista máis local do discurso político, cunha exposición moi ben feita e unha verba fluida que me sorprendeu positivamente. Resulta agradable ver como alguén que chegou á política hai pouco tempo se defende tan ben.
Tamén lanzou unha proclama en favor das Xuventudes Socialistas cando comentou o cartel que empregan nesta campaña para apoiar ao PSdeG:


Méndez Romeu deu un discurso propioda campaña electoral, pois non hai que esquecer que estamos a falar con conselleiro de Presidencia, polo que o que el di é coma se o dixese o propio Touriño.
E como estrela da noite tivemos á ministra de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño, a galega Elena Espinosa, que se esforzou en falar galego durante toda a súa intervención, o que é de agradecer, pois supoño que os discursos sairanlle naturalmente en español, e ao cambiar ao galego seguro que ten que pensar máis o que di.
Entre as cousas que comentaron no mitin destacaría o feito de que estimaron en medio millón de euros o investimento da Consellería de Presidencia en Melide pese a que Méndez Romeu non pasou pola vila para quitar a foto, mentres que Espinosa cifrou en 1,5 millóns de euros a cantidade económica do Plan-E que vai corresponder á nosa vila para dar un pulo ao emprego nestes tempos de crise.
Esta noite procurarei pasar polo resto de mítines (a ver se dou feito) para poder contrastar cal foi o impacto melidense desta campaña electoral, que por fortuna reservou os seus encontros públicos para as fins de semana, o que me permite asistir aos eventos (nas municipais non tiven esa sorte).




6 comentarios realizados
1. luz escrito o 22 de Febreiro de 2009 ás 11:31
Marcus, gracias por seguir a campaña electoral, pois os que non estamos en Melide todas as semanas podemos saber algo do que se está facendo por aí. No comentario do mitin do PSOE boto de menos que non digas se había moita xente ou on, que ao fin de contas, é case o máis importante de calqueira mitin ou o que máis preocupa aos partidos. Teño escoitado de todo, que había só 50 persoas a que había algo máis de 100. Non sei quen ten razón, pero aínda que houbese máis de 100 é un auténtico fracaso traendo a unha ministra. Agardo os teus comentarios dos outros dous mitines. Por certo, polo que oín esta mañá, se o PP pretendía perxudicar ao BNG poñendo o seu mitin o mesmo día e á mesma hora e poñer pinchos para atraer a máis xente, equivocouse. Alédame saber que os meus veciños van espertando e non se venden por uns pinchos.
2. Marcus escrito o 22 de Febreiro de 2009 ás 13:01
Luz, non falei de cifras porque agardaba ao peche dos outros 2 mitins para facer a comparación.
Pola tarde fago unha entrada cos meus comentarios, aínda que xa adianto que o mitin do PP levaba un tempo organizado (comentaron que reservaran a sala hai 2 semanas e o convocaran hai 1 semana).
3. MIJONI69 escrito o 22 de Febreiro de 2009 ás 15:09
El mitin del PP se sabía a nivel público hace dos semanas por lo menos. Vaye por lo menos yo sabía exactamente el día que era hace más de 25 días.En cuanto a cifras en el del Pp hubo sobre 400 y pico personas. Del Bloque no lo sé.
Estoy contigo Marcus que J.M. Prado que tiene fluidez verbal, es amable y a mi personalmente me gusta su forma de enfocar las cosas.
4. aporeles escrito o 22 de Febreiro de 2009 ás 23:32
Eu fun o mitin do Pp e vin unha diferencia cos mitines de antes.
Quitando os espias dos outros partidos (supoño que o Pp tamen tera os seus nos demais mitines) esta vez non estaban aproveitados e pelotilleros. Os que estaban era xente que apoian o Pp.
Tamen teño que descontar algun que quere escoitar a todos, coma ti Marcus, que marcharon o rematar Loly e Anxeles, supoño que para escoitar algo do Bng.
Non eran tantos como outras veces pero penso que mais que no resto de mitinis onde si irian os aproveitados e pelotilleros.
Quedame pena por non oir falar a Prado, intentarei escoitalo noutro momento.
5. Marcus escrito o 23 de Febreiro de 2009 ás 1:02
Mijoni69, eu creo que no mitin do PP non podía haber máis de 300 persoas porque non había sitio (a xente sentada ocupa moito). De todos os xeitos, vale máis ter á xente congregada e cómoda (especialmente cando hai xente maior) e non a moitos aos que non lles interese o asunto. Medir o número de asistentes non dá votos.
Aporeles, tamén concordo en que a xente que estaba no mitin do PP era convencida (admitamos que ir a un mitin cando o Partido non ten peso en ningún dos distintos gobernos actuais precisa de certo compromiso).
Eu marchei cedo para volver á casa, pois xa estivera no mitin de Quintana e xa me chegaba para un día. De todos os xeitos sei ben que non é normal ir aos mitins de todas as forzas, pero eu procuro facelo se podo. Vaia, que tanto estiven presente cando José María Aznar visitou a Casa de Cultura como cando Xosé Manuel Beiras deu unha conferencia no mesmo lugar, e saín moi satisfeito en ambas ocasións: ver a Aznar ao lado de Pampín é unha imaxe difícil de borrar da memoria, e o Beiras asinoume a portada de La Voz na que saía co zapato
6. aporeles escrito o 23 de Febreiro de 2009 ás 1:17
Non e moi normal ir a os mitines de todolos partidos pero penso que seria o mais loxico para contrastar ideas e opinions.
Que se teñan unhas ideas non e incompatible con escoitar que poden ofertar outros.