Lío xeográfico en Kedin.es
Esta tarde fun mirar a nova imaxe de Kedin.es, e vinme sorprendido ao atopar unha actividade programada para esta noite na Sala 600 de Melide, non polo concerto en si, senón polo seu posicionamento xeográfico:

Vaia, que situar a rúa Melide di Lugano en Visantoña paréceme un fallo de puntería, ¿non? Non sei a qué pode deberse o fallo (pois a Sala 600 está ben posta no mapa), pero fíxome graza o detalle.
Máis información do concerto de Carlos Chaouquen:
E o Chaouquen ese, ¿ten algo que ver con Street Fighter? ¿Non era iso o que gritaban Ken e Ryo ao botar unha onda vital?






4 comentarios realizados
1. ánzony escrito o 28 de Febreiro de 2009 ás 14:30
Visantoña RULES!
2. Juanjo Amorín escrito o 1 de Marzo de 2009 ás 12:08
Bos días Marcus e cia.
(Vouno intentar en galego; disculpas nos tropezóns)
Eu son un dos culpabeis da existencia de kedin.es. Ademáis son seguidor escuro e non participativo deste blog dende fai tempo.
Toda a xeolocalización de kedin está feita vía a API de Google Maps. Como seguro sabedes este servizo de Google funciona de maravilla nos núcleos urbans das grandes cidades, pero moi mal nos núcleos urbans pequenos como é o caso de Melide ou no rural que falla máis que funciona. Iste non é o caso. Si buscas en Google Maps Rúa Melide di Lugano, S/Nº - Melide (A Coruña) 15800 a xeolocalización é impecable. Tirando da API do servizo coa misma dirección a colocación é a que Marcus levantou. ¿¿¿??? En realidade isto non debería de ocurrir porque todo tira do mesmo lugar, pero ocurre. Gracias Marcus.
(perdón polos fallos do meu galego)
3. Marcus escrito o 1 de Marzo de 2009 ás 16:57
Ola, Juanjo:
Non tiñas por qué esforzarte en falar galego, pero grazas. Xa me se nota que Kedin fai uso da API de Google Maps, e o caso que detectei parece un Expedente X.
Agardo que o novo deseño de Kedin axude á popularización do servizo. Unha aperta e moita sorte.
Marcus
4. paual escrito o 11 de Xullo de 2009 ás 13:38
os quiero paual de coslada