Venres, 20 de Febreiro de 2009

Os autobuses a Ferrol si que teñen Wi-Fi

Captura do iPhone comprobando a Wi-Fi dun autobús de ArrivaAdmito que ando un pouco mal da cabeza, porque onte, ao cruzarme nun semáforo urbano cun autobús de Arriva que ía rumbo a Ferrol non se me ocorreu outra cousa que sacar o iPhone e probar a ver se era certo que a conexión Wi-Fi da que tanto presumían non estaba operativa.
Vale que o autobús tamén era moi tentador (estaba rotulado poñendo que había acceso á Internet no seu interior) e aínda que non cheguei a entrar no vehículo, e o tempo que estivo parado fronte ao semáforo non chegou para comprobar a velocidade da conexión, gustoume ver que o servizo de conectividade sen fíos se estaba a manter.
Iso si, paréceme un tanto ridículo que se ofreza nun tramo tan curto e nun traxecto no que hai varios túneles. Vaia, que a conexión á Rede debe perderse en moitas ocasións. Aparte, os autobuses tampouco teñen moito espazo para usar un portátil (aínda que con móbiles intelixentes seguro que se agradece o servizo). O curioso do caso é que a conexión que ofrecen a través de Wi-Fi é realmente un acceso de banda larga móbil, polo que sería algo ridículo ter un móbil conectado a unha Wi-Fi conectada a un modem 3G, ¿non?

O mellor do asunto é que ao longo do ano van chegar ao mercado varios dispositivos que permiten compartir unha conexión 3G por Wi-Fi, polo que esta tecnoloxía que parece reservada a empresas, chegará aos fogares (supoño que terá bastante boa acollida no rural). Como exemplos temos o router Novatel MiFi 2352 que venderá Telefónica, aínda que a min paréceme máis atractivo o Huawei i-Mo, que é unha evolución da xaboneira con Wi-Fi. Sen dúbida, vai ser un ano interesante para a Internet móbil.

6 comentarios realizados

a gravatar

1. Snob Megalove escrito o 21 de Febreiro de 2009 ás 6:30

Cun mac podes compartir a túa conexión 3-g por wifi, via Airport!

a gravatar

2. Marcus escrito o 21 de Febreiro de 2009 ás 12:20

Snob, hai trucos para compartir por Wi-Fi o 3G dun PC calquera (ou cun smartphone 3G facendo tethering), pero o caso é facelo doado, de xeito que calquera trebello se poida conectar sen ter que facer cousas raras.
O bo dos novos dispositivos 3G é que son pequeniños e doados de usar, porque tendo certa habilidade xa se podía usar un router Wi-Fi con USB (hainos baratiños) para compartir a conexión dun modem 3G, pero falamos de aparatiños que non son moi aptos para levar por aí adiante.

a gravatar

3. Snob Megalove escrito o 22 de Febreiro de 2009 ás 2:35

Home, eu digo que co mac non teño que facer truco ningún, que é o máis doado do mundo. Preferencias de sistema > Compartir > Compartir Internet, desde o modem de Vodafone no meu caso, a través do Airport. Non hai xeito de facer o mesmo con algún programa nun PC? Porque é algo putada ter que mercar (e cargar con) un gadget cando outros ordenadores xa o levan de serie… :-/
(E aínda que o pareza non son un fanático de Apple, ollo!)

a gravatar

4. Nemigo escrito o 22 de Febreiro de 2009 ás 11:29

o de arriva ten mérito pola iniciativa. Mellor ofrecer conexión a internet e non ter que aturar a radio facendo spam ou esas horrorosas pelis cutre porno das viaxes longas

Dicir tamen que ises autobuses son moi empregados por estudiantes e a conexión lles pode ser moi útil

A tecnoloxía que está a empregar arriva é de arteixo telecom (que como o seu nombre non indica ten sede en as pontes) A ver se fixese escola e máis empresas ofrecesen wifi: centros comerciais, outros transportes, institucións… que exista a opción de ter wi-fi en moitos sitios e non só pasando pola caixa

a gravatar

5. Marcus escrito o 22 de Febreiro de 2009 ás 12:59

Snob, en PC tamén é posible compartir o acceso, pero a meirande parte da xente non controla desas cousas. O importante dos dispositivos que fan todo só é que o PC non ten que estar prendido para que o resto de usuarios poidan conectar á Internet.
Nemigo, o certo é que cada vez hai máis redes Wi-Fi abertas en centros comerciais e cafeterías. Na Coruña non había case ningunha iniciativa deste tipo hai 2 anos, e agora son moi habituais.
Ah, e igual que a tecnoloxía que emprega Arriva é de Arteixo Telecom, a que usan no Dolce Vita tamén é dunha empresa galega (Telemo). ¡Así dá gusto!

a gravatar

6. Snob Megalove escrito o 23 de Febreiro de 2009 ás 0:54

Creo que a menos que estea errado, do bus do que falas é do que fai o traxecto Coruña-Ferrol. De Santiago a Ferrol, unha viaxe algo máis longa, o Arriva non leva Wi-Fi, alomenos as últimas veces que o collín.

Tamén fai falta Wi-Fi nos hospitais, onde creo que non sería moi difícil nin costoso poñela. Aínda que fose de pago, como a televisión. Eu botei unhas semaniñas interno o ano pasado, e para non tolear e comunicarme co mundo non tiven máis remedio que acabar pillando o 3G este. Facemos campaña? :D

Facer un comentario

Etiquetas (tags) permitidas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Observación: Os comentarios poderían non aparecer automaticamente, pois nalgunhas ocasións precisan de moderación por parte do administrador deste blogue.

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Últimos comentarios