Eleccións autonómicas 2009: o meu prognóstico
Estamos xa en plena campaña electoral ás portas dos comicios autonómicos, e como vén a ser costume, fago un repaso da situación actual para facer o meu prognóstico sobre o resultado electoral.
Por unha banda coido que cómpre botar unha ollada á evolución do voto en Galicia durante a democracia:

Podemos apreciar que o PP xa tocou teito na etapa de Fraga, e que vai en descenso, mentres o PSdeG está no mellor momento da súa historia, aínda que no pasado acadara maior número de escanos (froito da atomización de partidos en Galicia, pois a presenza do Partido Comunista de Galicia, Coalición Galega e Esquerda Galega, entre outros, restáballe representación parlamentaria ao BNG).
O BNG, pola súa banda, parece que se resentiu da saída de Beiras da dirección do Partido, e nos últimos 2 comicios padeceu unha caída de votos do 25%. Podiamos entender así que en 1997 o BNG tocou o seu teito, polo que nos vindeiros anos debería aspirar aos 400.00 votantes. Esta perda de apoios reflectiuse directamente en escanos:

O BNG pasou de ser a segunda forza en 1997 e 2001 a ocupar un terceiro posto do que ten moi difícil saír, e podemos pensar que a tendencia de voto de 2005 pode repetirse en 2009, cun pequeno repunte dos partidos no Goberno, polo que eu coincido cos resultados da enquisa de Sondaxe publicados hai un par de semanas:

Vexo moi probable que tanto o PSdeG coma o BNG gañen un escano cada un, pese a que moitas das enquisas sitúen ao PP ao gume da maioría absoluta (o que non parece realista, non pola fortaleza do Goberno, senón pola falta de peso da oposición).
De aquí, de Millí
Pero en chave local temos que o PP si ten unha forza innegable, de xeito que o PP faríase coa maioría absoluta e o PP e o PSdeG terían un peso semellante, se nos fixamos nos resultados dos anteriores comicios:
| Votos | Porcentaxe | |
| PP | 2.329 | 49,5% |
| PSdeG | 1.139 | 24,2% |
| BNG | 1.158 | 24,6% |
¿Poderá cambiar esta situación en 2009? Parece difícil, pero coido que as candidaturas provinciais dos diferentes partidos poderían facer que o PP perdese algo de pulo en Melide, pois sería o único dos 3 grandes partidos en non contar con melidenses nas listaxes, xa que o PSdeG ten a José Antonio Prado García no posto 19 e o BNG a Ana Isabel Ramos Rúa no posto 12, ambos sen posibilidades de entrar no Parlamento de Galicia, pero a súa presenza serve para amosar un certo interese dos partidos pola comarca, o que pode convencer a algún cidadán.
Facendo un pouco de meigo diría que en Melide o PSdeG podería medrar en votos un par de puntos porcentuais, mentres que o BNG igual podería medrar 3, por arrastre do goberno municipal, o que levaría ao PP a perder apoios na vila. ¿Será esta previsión realista? ¿Ou acaso a actual conxuntura económica fará que a xente volva a apoiar as opcións políticas de dereitas? ¿Qué opinades vós? ¿Atrevédevos a facer algunha predición?
ACTUALIZACIÓN (15-2-2009): La Voz publicou unha nova enquisa de intención de voto que pese a contar cuns resultados moi semellantes, trasladaría un escano do BNG ao PSdeG:

Coido que esta proxección hai que collela con fíos, pois o escano de diferenza do BNG depende de só un 0,1% dos votos. De confirmarse estes resultados o día 1 de marzo teriamos que a Xunta repetiría estrutura de goberno reeditando o pacto anterior (ou iso parece o máis razoable), aínda que queda moita campaña por diante.






9 comentarios realizados
1. MIJONI69 escrito o 14 de Febreiro de 2009 ás 20:00
En mi opinión el Pp va a subir bastante en Melide. Y Feijoo si no gana queda casi en la mayoría absoluta. Lo de que vayan en las listas, no tiene ningún interés para nadie puesto que la gente de a pie ni se entera.
Si hacemos una comparación de las encuestas del Cis con los resultados finales en el 2005, con las de este año el PP tendría 38 escaños.
Me leí enterita la encuesta del Cis y llama mucho la atención una pregunta. A quién votó en las anteriores elecciones? y resulta que la respuesta es que más del doble votó al Psoe en lugar del PP. Entonces como puede ser que el PP tuviera 37 escaños y el Psoe 25. Que pasa que han hecho las encuestas en concellos gobernados por el Psoe?
El Bloque creo que va a perder un escaño, ha llegado a su límite y pienso que ahora empezará a bajar.
Pero bueno todo se dirá el día 1. Esto sólo son conjeturas.
2. Marcus escrito o 14 de Febreiro de 2009 ás 23:18
Tienes razón en que el voto oculto es muy importante en Galicia y, de hecho, creo que la tercera parte de la gente no contesta a los encuestadores, de ahí que sea dificilísimo cocinar los datos recogidos.
Creo que el PP lo va a tener difícil para subir porque no tiene visibilidad, o dicho de otra forma, no gobierna en ninguno de los 3 ámbitos geográficos (local, autonómico y estatal) lo que hacía mucho tiempo que no pasaba. No me sorprende que Feijóo se queje de que los medios de comunicación pasan de él, aunque también hay que admitir que la atención mediática no se tiene por qué traducir en votos (vaya que el vídeo de Eu son Anxo Quintana no convence a un votante indeciso, aunque ayude a salir en la tele y la radio).
3. aporeles escrito o 15 de Febreiro de 2009 ás 0:37
Eu penso, que o BNG caerá principalmente nas cidades, e manterá o voto no rural, perdendo algun asento.
O Psoe, a pesar da crisis, como decia marcus e moi visible e penso que se manterá.
O PP pola sua parte, penso que nas anteriores (o mesmo que en Melide) o que sufriu foi un voto de castigo (moitos anos de Fraga, problemas con Cuiña, Baltar, Cacharro, Pampin, etc) pero penso que a xente xa se deu conta da equivocacion e cambiará a tendencia das ultimas eleccions.
Como non esta visible, comenzará subindo pouco pero que lle dará a maioria.
4. Luisma escrito o 15 de Febreiro de 2009 ás 22:52
Acabo de atopar este curioso vídeo no yutú http://www.youtube.com/watch?v=GUJ2Xe32oDs , que destaca pola música techno-trance
5. Marcus escrito o 15 de Febreiro de 2009 ás 23:26
Tremenda descuberta, Luisma. Non me decatara de que o tiñan no blog do PP de Melide onde hai máis información da visita de Núñez Feijóo a Melide en setembro de 2008 (con vídeos sen chunda-chunda).
6. Luisma escrito o 16 de Febreiro de 2009 ás 0:03
¿Non sería esixible para os 3 principais candidatos que sexan capaces de dominar o idioma do seu país?
7. Marcus escrito o 16 de Febreiro de 2009 ás 3:04
Luisma, iso é moito pedir. Non podemos esquecer que cando os candidatos foron á escola, nin sequera se impartía galego nas aulas.
Unha mágoa que os políticos destrocen a nosa fala constantemente, con palabras inventadas e mesturas lexico-sintácticas do español e o galego que meten medo, pero supoño que teremos que roelo ata que chegue unha xeración de políticos que contasen co galego na súa formación básica, para que non sexa algo aprendido a destempo.
8. XHaRoY escrito o 16 de Febreiro de 2009 ás 8:19
Que dicir.. pois hoxe hai novas enquisas.. a da voz por exemplo recolle un resultado de 34 PP 27 PSG e 14 BNG, cunha subida de intención de voto por parte do BNG nas 4 provincias, evidentemente estamos a falar de máis ou menos 1 punto porcentual… pero chamoume a atención iso… que sube nas 4 provincias. Hai outras máis favorables a intereses do PP (36-38 escanos) e outras máis favorables a intereses do BNG (16 escanos).
Eu atrevereime a dar o meu resultado e direi que coido que o PP gañará as eleccións, iso dirán eles o día 1 de marzo pola noitiña, con 34 escanos; o PSG conseguirá 26 escanos e o BNG logrará 15 escanos. Dados os % direi que considero que o escano que pode bailar é o 15º do BNG, que podería ir para o PSG… a estas alturas da campaña dou por imposible que o PP logre 35 escanos… isto pode variar evidentemente con forme se acheguen as eleccións.
Por outro lado dicir que descarto que o PP logre unha maioría absoluta… iso a pesar de que estar no “núcleo” da crise mundial lle supon un alto beneficio… pero en xeral coido que a maioría dos galegos sabe que en maior ou menor medida, pero as cousas fanse dunha forma máis efectiva e limpa dende que o bipartito goberna na xunta.
Descarto tamén que o BNG vaia a perder apoios… fai catro anos perdeu bastantes apoios.. maiormente dos simpatizates situados ideolóxicamente máis a esquerda… evidentemente ditos simpatizantes tampouco o van a apoiar desta volta, agora ben… considero que Quintana empezará a recoller parte do que dende fai 4 anos é a súa aposta “persoal”… é dicir: “moderar” o bng ou extender o campo ideolóxico para que un maior número de votantes se sinta representado por dito partido. Coido que é algo bastante posíbel.
Apuntar que persoalmente considero que a “salvación” de Feijoo é a crise, xa que nunha situación socio-económica diferente… considero que o lixeiro descenso que o día 1 de Marzo terá o PP, sería unha forte caida (por debaixo dos 30 escanos). É algo que nunca se saberá pero en xeral penso que oposición pouca fixo… por non dicir ningunha… é así dificilmente se consegue nada… por iso non ten posibilidades de ser presidente autonómico.
Outro dato a ter en conta será o que suceda co procedemento xudicial aberto polo xuíz Garzón… dado que en caso de que se amplien o número de imputados… podería verse salpicada en maior medida a candidatura de Feijoo ou sinxelamente a reputación do PP, algo que en tódolos casos lle pode afectar directamente ao candidato galego.
Saúdos
9. Alberto escrito o 16 de Febreiro de 2009 ás 18:57
Eu apostaría ( pero pouco eh!) por pp_34-35, Psoe 37-28, Bng_ 13.
O PP baixaría un en Lugo, un en Ourense, e bailaría o da Coruña. A evolución do voto nestas provincias dá a pensar isto, é ten mais posibilidades o PSOE que o BG ainda subindo os mesmos votos.
O PP manterá no urbano, ou medrará un chisco e baixará no rural. O bng manterá os apoios do 2005, baixando en elguns sitios algo (ferrol) e subindo algo noutros (Lugo cidade). O Psoe Subirá na provincia de Lugo e na de ourense, e nas comarcas rurais e medias da coruña.