Mércores, 25 de Febreiro de 2009

Crossover entre La Voz de Galicia e Quin TV

Esta mañá en RadioVoz os xornalistas de La Voz que seguen as campañas electorais dos distintos partidos en Galicia deron a súa visión dos feitos, incluíndo a Olalla Sánchez, quen leva un moblog (blog feito dende o móbil) sobre o tema que esta mañá cruzou contidos con Quin.TV (o que pareceume unha suma de coincidencias):

Si, si, no vídeo vese claramente a unha persoa gravando cun Nokia N95:
gravando cun Nokia N95
E o vídeo que podemos ver no moblog de Olalla é o seguinte:

¡Un crossover electoral na Internet! Non lembro precedentes disto. Vaia, que normalmente os crossovers cínguense a series de televisión ou macro-sagas de comics pero, ¿en moblogs e videoblogs? :o
O que si resulta curioso é reproducir os dous vídeos no mesmo punto para que vaian sincronizados (hai que dar ao play no vídeo de Quin TV cando o de YouTube estea no segundo 34), aínda que sorprende que a primeira parte do vídeo de Olalla (na que pódese escoitar a defensa de Quintana ante a petición de explicacións sobre a portada do ABC de hoxe que fixo Feijóo) non apareza no clip de Quin TV, pois é onde argumenta en vez lanzar acusacións xenéricas.

Ver portada do ABC ▼

Para min a polémica da foto no iate xa pagou a pena só por dar lugar a esta intersección de vídeos en liña. Parabéns aos que fixeron posible este encontro virtual.

1 comentarios realizados

a gravatar

1. marcus.es » Os presentadores de RadioVoz visitan ao Padre Casares escrito o 26 de Febreiro de 2009 ás 20:35

[...] un crossover e hoxe tres cameos, pois finalmente puiden ver o episodio do Padre Casares do pasado luns (que vén [...]

Facer un comentario

Etiquetas (tags) permitidas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Observación: Os comentarios poderían non aparecer automaticamente, pois nalgunhas ocasións precisan de moderación por parte do administrador deste blogue.

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Últimos comentarios