Domingo, 1 de Febreiro de 2009

¿É de verdade o vídeo do Gran Wyoming?

Nas últimas horas está a arrasar na Rede un vídeo gravado cun móbil no que se ve ao Gran Wyoming abroncando a unha bolseira:

As reaccións sobre o vídeo son moi diverdas, pois hai quen comenta que o presentador humillou psicoloxicamente a unha bolseira e outros apuntan a que os de La Sexta teríanlle colado unha coña aos do programa Más se perdió en Cuba de Intereconomía TV (lembremos que esta canle xa tivo unha ridícula bronca con CQC e Sé lo que hicisteis). A min paréceme máis probable a segunda opción, aínda que tampouco me sorprendería que Wyoming perdese os papeis estando de malas. Vaia, que se a bronca fose de verdade tería toda a razón do mundo (o que non xustifica o berrinche). De feito, eu admito que en certos sectores, contra ao que pode parecer, os bolseiros son unha carga pero, ¡dalgún xeito teñen que formarse os profesionais do futuro!

O que non me parece normal é que se cubran certos postos de traballo con bolseiros porque saen baratos, xa que pode conseguirse xusto o efecto contrario do que se busca, especialmente con cadros de persoal reducidos, nos que cada persoa conta, e moito. Non se pode esixir o mesmo a un novato que a un profesional experimentado, e tamén hai que considerar as broncas como algo construtivo, aínda que para iso o normal e tomar consideracións coma botalas en privado e non á vista de todos os compañeiros.
Hoxe en día durante toda a formación da xente (dende o ensino primario ata o universitario) déixanse de lado elementos moi importantes na creación da personalidade, o que vulgarmente coñecemos como boa educación, e hai quen, estea ao nivel que estea, é desagradable cos subordinados (sexa un empregado ou un camareiro).

13 comentarios realizados

a gravatar

1. Nemigo escrito o 1 de Febreiro de 2009 ás 22:52

non penso que sexa significativo o asunto. Pode ser unha montaxe ou simplemente un mal entendido
De tódolos xeitos os bolseiros e demáis proxectos de futuros traballadores deberían ser reconsiderados. Elos non son traballadores polo tanton non deberían facer isas funcións

a gravatar

2. El_podcastero_enmascarado escrito o 2 de Febreiro de 2009 ás 0:35

Joer, un mal dia teno calquera, pero en intereconomia non teñen un dia bo.

a gravatar

3. Luisma escrito o 2 de Febreiro de 2009 ás 10:20

Se algún día a opinión de alguén de interneconomía coincide coa miña, cambiarei de opinión. ;)

a gravatar

4. CLARA escrito o 2 de Febreiro de 2009 ás 16:19

El video es cierto. Lo acaban de decir en Sé lo que hicisteis de La Sexta. Pues a mi si me parece grave.Pobre becaria, no me gustaría estar en su situación.
Menuda mala ostia se gasta el Wio.

a gravatar

5. mcaloto escrito o 2 de Febreiro de 2009 ás 16:43

Eu tamen vin o video en SLQH pero sintonicei xusto cando comezou … non sei ata que punto sexa verdadeiro cando publicitan “alegremente” nos seus programas cando deberia ser o contrario.

Esta noite parece ser que Wyoming dirá a verdade.

Sau2

a gravatar

6. dani escrito o 2 de Febreiro de 2009 ás 16:56

Hay que ser lerdo, bloguero cutre, o de Intereconomía para creerse el video-montaje …
Wyoming genio!!

a gravatar

7. Luisma escrito o 2 de Febreiro de 2009 ás 17:20

Se como eu penso o video está preparado, están a conseguir o seu obxetivo: audiencia :) e senón tamén! seguro que a becaria en cuestión é unha nova presentadora/colaboradora de la sexta.

a gravatar

8. Marcus escrito o 2 de Febreiro de 2009 ás 17:29

As reaccións que se están a ver en distintos medios son contraditorias: nos medios de dereitas din que os de La Sexta deixan a Wyoming só ante o perito, aínda que outros simplemente instan a ver esta noite El Intermedio. ¿Campaña viral? ¿Ou cachada? Pronto sairemos de dúbidas.

a gravatar

9. CLARA escrito o 2 de Febreiro de 2009 ás 18:30

bueno pues yo debo ser lerda porque me lo tragué, bueno eso dijeron en SLQH.
Parece que esta noche lo dirán, así que será otro montaje más de los de la Sexta.Algunos de poco gusto por cierto.

a gravatar

10. Marcus escrito o 2 de Febreiro de 2009 ás 22:24

Confirmouse que era unha broma, o que estase a converter en toda unha marca da casa en La Sexta.

a gravatar

11. mcaloto escrito o 2 de Febreiro de 2009 ás 23:14

Buff, en intereconomia botaron a lengua a pacer esta noite o rematar o programa da Sexta …

Sen comentarios.

P.D.: A min a broma pareceme de mal gusto, pero demostra a falta de profesionalidade que atesora certos “periodistas” deste pais o publicar noticias que simplemente lles chegan o correo electronico.

a gravatar

12. luisma escrito o 3 de Febreiro de 2009 ás 0:22

Agora chega o efecto colateral que será que o programa dos de intereconomia vai a conseguir audiencia…

a gravatar

13. marcus.es » El Intermedio putea a Más se perdió en Cuba escrito o 3 de Febreiro de 2009 ás 1:18

[...] sospeitas confirmáronse, e o polémico vídeo do Gran Wyoming resultou ser unha broma do programa El Intermedio de La Sexta a Más se perdió en Cuba de [...]

Facer un comentario

Etiquetas (tags) permitidas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Observación: Os comentarios poderían non aparecer automaticamente, pois nalgunhas ocasións precisan de moderación por parte do administrador deste blogue.

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Alianzo Rank de GalegoAlianzo Rank de Galicia

Últimos comentarios