Luns, 23 de Febreiro de 2009

Os boletíns do BNG e do PP de cara ás eleccións

Ao chegar a Melide a pasada fin de semana os meus pais tíñanme gardado un boletín do BNG que distribuiron nos pasados días, para que lle botase un ollo, e paseino a PDF e o colguei na web para que o poidan ver as persoas que non están pola vila nestes días:

Pero o BNG non foi o único partido en lanzar boletín co gallo das eleccións autonómicas, senón que o Partido Popular tamén fixo o propio, polo que tamén o pasei a PDF e o subín á web:

O texto é especialmente relevante porque coincide co discurso de Dolores Gómez no mitin do PP, con moitas acusacións que estaría moi ben que se clarexasen nun futuro debate entre os líderes das formacións políticas municipais, pois todos eses temas serán decisivos de cara aos comicios locais.

Moitos dos argumentos que empregaba o PP enténdense como distintos xeitos de facer as cousas (critican o gasto en audiovisual do goberno autonómico, a falta de apoio a institucións como a Orquestra Sinfónica ou o cambio da imaxe corporativa do Concello), á vez que algunha acusación é absurda (¿por qué preguntan qué foi dos préstamos bancarios cando quedan moitas facturas por pagar cando eles mesmos din que os préstamos non se poden empregar para satisfacer a débeda?) e outras son moi razoables (como as relativas ao persoal do Concello, que segue a ser algo pouco transparente).
Pero a min o que menos me gustou foi que criticasen os 30.000 euros que custou o cambio de imaxe corporativa e a renovación da web do Concello, pois esto último parecíame moi necesario, a que a web anterior era coma non ter nada (era inaccesible, carante de usabilidade e non estaba actualizada).
Aínda que de criticar algo, o que pediría para futuros boletíns do PP é que botasen ao lixo a tipografía Comic Sans, que só vén no Windows para o seu uso no Microsoft Chat, e non para que se empregue en medios impresos.

Os números dos mitins

Todos os anos se discute moito a estimación de asistentes aos mitins, algo que non acabo de comprender, pois non ten unha incidencia real no voto. Vaia, que en Melide a metade da xente vota ao PP, e o resto repártese en partes iguais entre o PSdeG e o BNG, mentres que asiste moitísima máis xente aos encontros do BNG (que ostenta a alcaldía) que ao resto de eventos.
Eu estimo que o número de xente presente en cada mitin sería aproximadamente o seguinte:

Asistentes
PSdeG 120
PP 300
BNG 700

Pero atender ao baile de cifras posiblemente sexa perderse. Coido que poderiamos facer unha lectura moi distinta dos encontros, que sería algo así:
- PSdeG: mitin pequeno e curto no que se pretendía dar a entender que o partido aínda segue vivo en Melide, e que conta con apoios a nivel autonómico coma estatal, o que confirmaron coa presenza de Méndez Romeu e Elena Espinosa.
- PP: o Partido Popular non buscou xuntar a moita xente, senón congregar aos convencidos para deixarlles claro que eles o farían mellor que os que están agora. Non pretendían convencer a ninguén, senón reafirmar a súa posición.
- BNG: un baño de multitudes dedicado a Anxo Quintana, e cun despregue que dá a entender aos cidadáns que Melide ten peso para as consellarías dependentes dos BNG. Unha mensaxe clara.

¿Foi un éxito o mitin do BNG e un fracaso o resto? Non diría tanto. Non se pode negar o éxito de participación do encontro do Bloque, pero o resto de forzas conseguiron un éxito de convocatoria semellante ao de outros anos. Vaia, que non é que ao PP e o PSdeG lles fose mal, senón que o BNG destacou moito e eclipsounos.
Agardemos que cunda o exemplo, e así de cara aos vindeiros comicios a mobilización cidadá sexa maior, e que non se imite aos líderes autonómicos no tocante aos mitins, e poidamos ver un debate televisado ou presencial (esto último sería moi complicado, pero sumamente atractivo).

ACTUALIZACIÓN: O PP de Melide vén de publicar un resumo do seu mitin asegurando que «máis de medio milleiro de persoas déronse cita no Hotel Carlos 96 de Melide», afirmación que non entendo por qué fan, cando nos propios vídeos que publican nesa entrada vese claramente que iso é totalmente imposible porque case todo o local estaba ocupado por sillas. Así a ollo calculo que podería haber unhas 220 sillas, de aí que estimase que o número de asistentes era de 300, pois aínda que de pé non houbese moita xente na parte de atrás, esta ten certa rotación, pero aínda que puidesen chegar a contabilizar máis de 300 asistentes, nin de coña poderían chegar os 350, así que moito menos superar os 500.
Continúo sen entender por qué hai tanta teima con iso do número de asistentes, pois non se gaña nada esaxerando (como nas manifestacións, onde as organizacións convocantes manexan cifras que normalmente dobran ás que ten a Policía). ¿Son eu o único que pensa que ter a 300 persoas durante máis de 2 horas atendendo a un mitin é todo un éxito?

26 comentarios realizados

a gravatar

1. Fiz escrito o 24 de Febreiro de 2009 ás 0:48

Noraboa Marcus e gracias pola completa e imparcial información da campaña melidense-

Agradécese..
Unha mágoa que eu este ano xa votei por correo )=?)(por vez primeira na miña vida, teño que decir…) antes de ler o teu resumo, polo que xa non podo trocar ou anular a miña intención de voto.
E xa postos… Marcus, unha preguntiña….
Ves viable e fiable un sistema de voto electrónico a curto plazo ou algún sistema distinto ó actual??Xa se fai en algún outro pais….pero funciona regular..non si??

Veña unha aperta e sorte a tod@s….

E a 2 de Marzo teremo-lo que o super método d’hondt teña a ben. Ou sexa, o que merecemos.
Pena que non haxa sitio para outros grupos minoritarios que ven todo diferente(porque este modelo non é perfecto nin de lonxe),,..e non será por papeletas e….que haber hai unhas poucas…

a gravatar

2. Marcus escrito o 24 de Febreiro de 2009 ás 1:14

Fiz, a miña información podería ter sido bastante mellor se non coincidisen 2 mitins no tempo. De todos os xeitos, dubido que haxa alguén que cambien o sentido do seu voto polos mitins.
Sobre o voto electrónico, existen moitísimas solucións distintas, pero téñenlle moito medo, pois a posibilidade de manipulación é moi alta. De todos os xeitos, debería empregarse como alternativa ao voto por correo (que é un coñazo, por forzar a ir 2 veces a Correos). Para que o voto electrónico funcione é preciso que exista unha auditoría do sistema moi rigorosa (de aí que polo momento as experiencias que hai sexan piloto), pero o mellor hoxe en día é combinar tecnoloxías: votar fisicamente e contabilizar os resultados informaticamente (como se fai na actualidade). Non esquezamos que en España sabemos os resultados o mesmo día das votacións, mentres que nos EE.UU. e en moitos outros países o reconto é lentísimo. Vaia, que non imos mal encaminados.

O método de reparto de escanos está claramente deseñado para promover o bipartidismo, e evitar que certos grupos subversivos poidan acadar moito poder. Non é moi limpo pero o certo é que ten as súas vantaxes, pois impide que grupos de extrema-dereita e extrema-esquerda poidan ter a chave do Goberno.
A min ata me dan arrepíos de pensar que UPyD consiga un escano e pacte co PP, pois segundo declaracións de Rosa Díez, só chegarían a un acordo de Goberno cun partido que derogue a Lei de Normalización Lingüística. Vaia, que unha minoría podería botar por terra un traballo de décadas.

a gravatar

3. carballo escrito o 24 de Febreiro de 2009 ás 1:21

Marcus, ¿Como se pode dicir que o BNG e o PSdeG se reparten os votos a partes iguais en Melide cando o resultado das últimas eleccións municipais foi de case 2.200 votos para o BNG (6 concelleiros/as) e só 500 para o PSOE (1 concelleiro)?. Non entendo nada. Un saúdo.

a gravatar

4. Marcus escrito o 24 de Febreiro de 2009 ás 1:42

Carballo, estamos falando de eleccións autonómicas, e como xa comentei hai 10 días, en Melide os votos nos pasados comicios autonómicos quedaron como segue:

Votos Porcentaxe
PP 2.329 49,5%
PSdeG 1.139 24,2%
BNG 1.158 24,6%

Non esquezamos que as tendencias de voto sempre son con respecto do ámbito xeográfico. Vaia, que en Melide o PSdeG-PSOE leva poucos votos locais, pero mellora nas autonómicas e aínda suma máis apoios nas estatais.

a gravatar

5. carballo escrito o 24 de Febreiro de 2009 ás 2:20

Perdoa, tes toda a razón. Tiña en mente só o último resultado de cada partido.Por certo, acabo de ver o boletín do PP no teu blog. Non vira esa revista en ningures. Supoño que aínda estará sen repartir pois pola miña zona non hai ningunha nas casas. Facía tempo que non vía unha publicación tan mal presentada. Non entro a valorar o texto porque me falta información en moitos temas, pero o que se refire á presentación da revista é simplemente penosa. Non hai nada maquetado, mesturan diferentes tipos de letra na mesma páxina, mesturan maiúsculas con subliñadas, con palabras en negrita, cambian o tamaño da letra varias veces nunha mesma páxina, mogollón de faltas de ortografía, non hai case fotos en toda a revista,… pero o máis criticable da revista para min son as caricaturas de Soqui e Manolo. Non lles atopo o chiste por ningures.
Boletín patético mires por onde o mires, van a peor nas súas publicacións. Un saúdo e ata mañá, pois teño que erguerme ás sete e media para ir ao traballo. Un saúdo a todos.

a gravatar

6. Marcus escrito o 24 de Febreiro de 2009 ás 3:39

Carballo, a min sobre o boletín do PP gústame que se faga, pero sempre destaquei a súa mala presentación. A información que querían transmitir collía na metade de páxinas se estivese organizada e ben distribuída.
Está claro que o boletín do BNG é moito máis profesional, pero tamén hai que admitir que o do PP ten moita máis chicha. Vaia, que moitos veciños de seguro que o reciben como a gasolina que necesitan para avivar certos lumes tabernarios.
Benvidos sexan estes boletíns, aínda que sexa só para instar ao diálogo.

a gravatar

7. fandinho escrito o 24 de Febreiro de 2009 ás 11:12

a comparativa está moi ben feita, n´ora boa.
eu estiven nun dos mitins e o número aproximado creo que se axusta bastante ben aos meus cálculos.
Por alí oín un comentario/chiste ao rematar: imos comer os pinchos ao mitin do PP?
é iso certo de que había pinchos? porque de ser así, é un dato moi a ter en conta, nunca o número de persoas é igual cando hai pinchos que cando non os hai (seino por experiencia propia)
saude.

a gravatar

8. josiño escrito o 24 de Febreiro de 2009 ás 11:22

Que feo queda facer burla cunhas formas do máis PUERIL.

a gravatar

9. Marcus escrito o 24 de Febreiro de 2009 ás 11:33

Fandinho, si que había pinchos no mitin do PP, o que era bastante normal tendo en conta as horas da celebración do encontro, que solapaba a hora da cea na meirande parte dos fogares.
Pero sexamos serios, que é moito máis barato pagar uns pinchos que montar a infraestrutura que había no mitin do BNG. Cadaquén organiza os eventos cómo lle parece.

a gravatar

10. MIJONI69 escrito o 24 de Febreiro de 2009 ás 15:34

Marcus tengo entendido que el mitin del BNG fue un mitin del interior, y que llegaron autobuses de los alrededores por eso habia tanta gente. De hecho cortaron alguna calle.
Si fue así no se pueden comparar pues en el mitin del PP toda la gente era de Melide. Me lo puedes confirmar?

a gravatar

11. Marcus escrito o 24 de Febreiro de 2009 ás 16:35

Mijoni69, si que había xente de fóra no mitin do BNG. Supoño que viría xente de toda a comarca e tamén de Arzúa (estaba o alcalde). O que non sei é se a organización puxo autobuses para achegar á xente das parroquias, o que, por outra banda, é unha boa idea.
O que admito que me sorprendeu bastante foi a idade dos asistentes, pois había bastante xente maior, o que non era habitual nos encontros locais do BNG. Vese que agora xa non se limitan a mobilizar á xente moza.

a gravatar

12. mipc escrito o 24 de Febreiro de 2009 ás 16:53

MIJONI69.
Que imaxinación tedes algúns,…con tal de atopar algunha chata ao mitin do BNG, non sabedes o que inventar. Pois non se cortou ningunha rúa, nin-gu-nha, só se colocaron dous conos para aparcar o coche de Quintana nin tampouco veu ningún autobús. Ao mellor diríanche que había un autobús aparcado xunto ao Pazo de Congresos, pero debes saber que se trata dun autobús da empresa Grabanxa que aparca alí todo o ano dende hai moito tempo. Pois claro que había algunha xente de Santiso e Toques, por exemplo. É moi pouco probable que Quintana vaia en campaña a dar un mitin a Santiso ou a Toques, polo que é normal que se acheguen ata Melide para velo. Dende logo, o 90% da xente (polo menos) que había no mitin era de Melide. Seguide buscando algún outro defecto se iso vos serve de consolo ao voso fracaso.
Fandiño.
Por outro lado, claro que había mogollón de pinchos no Carlos 96. Aí están as fotos no blog do PP para ver a enchenta da xente. Tes razón que a cousa cambia cando non hai pinchos, é incrible o que se move moita xente, sobre todo maior, cando se entera de que hai pinchos. Insisto en volver mirar as fotos do mitin do PP e comprobar que a inmensa maioría era xente maior. Sóbranme os dedos das mans para contar a alguén menor de 30 anos. Fíxate e falamos.

a gravatar

13. mipc escrito o 24 de Febreiro de 2009 ás 17:01

Marcus,
Non houbo ningún autobús para a xente das parroquias. Hoxe todo o mundo ten coche e vén quen quere (voluntariamente)e nada máis.
De momento, o BNG de Melide nunca carrexou a xente para mítines nin durante a xornada electoral, iso deixámolo para o PP que é especialista nese tipo de traballos.
Tes razón nunha cousa. Agora a xente maior e a das parroquias está empezadno a perder o medo a asistir a actos do BNG, por iso había moita xente das parroquias.Xa era hora que foran espertando algo.

a gravatar

14. os teus ollos escrito o 24 de Febreiro de 2009 ás 17:37

Puedo asegurar que a una calle le pusieron una señal portátil de prohibida la entrada.Y es la calle que tenía los conos.Que por cierto,el lunes a la noche cuando pasé aún no habían retirado la señal portátil…jeje…

a gravatar

15. certo escrito o 24 de Febreiro de 2009 ás 17:57

Certo,o PP puxo pinchos,e o BNG puxo buses.O Psoe dende que vai Manolo de número 1 vai en “caida libre”.

a gravatar

16. MIJONI69 escrito o 24 de Febreiro de 2009 ás 18:25

mi pc,
estoy alucinando con tu respuesta. Tranquilo hijo. Sólo he preguntado lo que me dijeron. Yo no digo que los haya habido. Y si dice Marcus que en el del Bloque había gente mayor pues no tengo porque dudar, al igual que en la del PP. Y que la calle estaba cortada es verdad. Porque intenté pasar yo y no pude, así que eso es lo único que te puedo discutir y al igual que dice “os teus ollos”, al día siguiente seguía cortada, con una señal de prohibido.
A mi que más me da si había más gente o no , o si habí ´más mayores o no, o si había pinchos o había buses.
De todas formas la persona que me dijo que había buses es del Bloque pero no de Melide. Volveré a preguntarle.

a gravatar

17. MIJONI69 escrito o 24 de Febreiro de 2009 ás 18:27

y por cierto “carrexar” carrexan todos. En las munis lo vi con mis propios ojitos tanto de unos como de otros. DE TODOS.

a gravatar

18. MIJONI69 escrito o 24 de Febreiro de 2009 ás 18:29

Además no sería nada malo que hubiera autobuses, teniendo en cuenta que evidentemente Anxo Quintana no va a ir a Santiso o a Golada. Y sería lo más normal que un mitin de esas características y centralizado en Melide , trajeran a sus simpatizantes.

a gravatar

19. cabalo escrito o 25 de Febreiro de 2009 ás 0:57

Os teus ollos e MIjoni69:
Tedes razón cando dicides que había unha rúa cortada. Efectivamente, a rúa á que vos referides córtase todos os sábados pola noite víspera da feira dos domingos. Se non o lembrades, o domingo pasado, día 22 foi feira grande en Melide polo que, dende hai xa algún tempo, colócase un sinal de dirección prohibida nesa rúa da que falades.
Como vedes, non se cortou porque houbese un mitin senón porque ao día seguinte era feira. Xa vedes que todo ten unha explicación lóxica.

a gravatar

20. Marcus escrito o 25 de Febreiro de 2009 ás 1:40

Dá gusto ver que cun pouco de diálogo se puideron clarexar as cousas:
- non houbo autobuses postos polo BNG, aínda que non parece que sexa mala idea a cousa (carrexar a un mitin é moi distinto a carrexar para votar).
- había xente maior no mitin de Quintana, o que moitos entenderán como un signo de normalidade (non esquezamos que a media de idade da vila é moi elevada)
- os do PP puxeron pinchos, pero non creo que fose ninguén por iso. Eu non souben que os puxeran ata que o publicaron no seu blog (vaia, que no cartel da convocatoria non falaban do tema). Paréceme ben que se o mitin remata tarde poñan algo de picar (e dubido que alguén trague 2 horas de discurso para arrapiñar 4 croquetas).
- o da rúa cortada quedou clariño tamén.

Pero hai algo que tamén habería que ter en conta: os mitins foron durante a noite do sábado, na fin de semana do Antroido. Vaia, que moita xente estaría ceando e preparando os disfraces en vez de ir a un evento político. A meirande parte da poboación moza continúa a pensar que é máis importante pasalo ben nas festas que escoitar falar aos políticos, especialmente estes días, nos que estamos algo saturados da campaña. E por iso atrévome a dicir que a presenza de mozos era reducida nos 3 mitins celebrados en Melide (no do BNG había máis número, pero porcentualmente tampouco eran tantos como se podería pensar).

a gravatar

21. XHaRoY escrito o 25 de Febreiro de 2009 ás 2:55

Fiz… primeiro dicir que é unha pena que xa non poidas cambiar o teu voto… non sei que opción escolliches nin cal che gustaría escoller agora… pero é unha mágoa.

Pra a próxima intenta facer o esforzo de estar presente, é posíbel que de ningunha das maneiras puideses ir a votar en persoa… non sei… o que si sei é que eu por exemplo vou recorrer uns 1100km que me separan… non direi dende onde vou porque Melide son 5 casas e todo se sabe… así que con que me recoñezan os que xa me coñecían antes… chega :).
O caso é que vou recorrer eses kms e fareino de boa gana… porque o día un espero que sexa unha festa, estou convencido diso e quero vivilo en directo… ademáis votar en “directo” sempre che da a opción de cambiar o teu voto… pero en fin.. eu teño 100% claro en quen depositar a miña confianza.

Xa en canto aos mitins… dicir que me acabo de alegrarme polo número de asistentes que tivo o do BNG… dende logo esa cifra non logrou a alcanzarse nas eleccións municipais… algo que por outro lado é habitual que “mova” máis xente… pero en fin… é unha ledicia e é sinal de que o goberno municipal… (por moito que unha caricatura ridiculice a alcaldesa e ao tenente alcalde… algo que me parece de mal gusto posto que son o goberno do pobo, elexido polo pobo, motivo polo cal me sinto ofendido) está a facer un bo traballo. Dende logo o tempo que levo fóra… cada vez que vou por Melide vexo algunha mellora.. é algo que me alegra… cousiñas pequenas como ter beirarrúas de verdade e non “4 lousas feitas un desastre” e unha sinalización vial máis eficiente… Son cousas que en outros lugares existen e é máis… a xente non se fixa nin valora porque esta habituada… pero que por desgraza melide en 4 lexislaturas baixo o mismo patrón… non puido ter.

Iso si que é triste… é agora veñen a criticar carencias das que é responsable en gran medida o “Paquete” en forma de débeda que lle deixaron ao novo goberno.

En fin… boa sorte para o día 1 de marzo a tod@s no persoal, no político só a algúns/has…

a gravatar

22. lavrego escrito o 25 de Febreiro de 2009 ás 11:05

Ista xa se anima de novo.

Menos mal que se aclararon moitas cousas que estaban en cuestión. Algúns comentarios teñen moi mala idea. Mais inda quedan uns dias de campaña, inda pode sair algunha carallada mais, a ver que se lles ocorre aos radicais do PP

a gravatar

23. os teus ollos escrito o 25 de Febreiro de 2009 ás 11:58

En referencia a la señal,la calle siempre se corta cuando hay feria,no lo niego,pero es lógico que en una ocasión asi como la del sábado también se pusiera para ello.
y por cierto,ibas al mitín del PSdeG y conocias a casi todo el mundo,al del PP también,pero al del BNG no,lo cual es lógico,unos lo hacen a nivel local y otros no;puesto que los 3 candidatos a la Xunta no tienen el don de multiplicarse para atender a todos los concellos de Galicia a la vez.Si son 315 concellos,tocaría a cada postulante de los tres a 20 mítines al día,por lo que cada uno los hace donde quiere,donde puede o donde yoquesé.

a gravatar

24. lavrego escrito o 25 de Febreiro de 2009 ás 16:41

A OS teus ollos.

Ti eres medio parvo non? Non che dixeron que a xente era de Melide, que un 80% era de Melide. O de que veña xente de fora non é tal, se así fora, o nº de persoas sería moito maior. Se asistiu xente doutros concellos, este foron en representación do BNG local de cada vila, mais a representación estaba composta por un pequeno grupo de xente, e como se dixo xa antes, en ningún caso ese nº de persoas se achegaría a 100. E iso dos 20 mitins por día, pois bota contas, se nun mitin coma o de Melide asiste Quintana, e xa non asiste a Toques, Santiso e Sobrado, dos 315 concellos a 20 mitins por día, quedas con 5. E a verdade é que algúns días, Qintana fai mais de 5 mitins.

E en canto ao de traer xente de fora, se é tan malo como dís “os teus ollos”, por que os do PP traen a políticos de fora, e xa non vou contar as persoas que asistiron doutras vilas sen ser da comarca.

Iso é coma cando o PSOE trouxo a Pepe Blanco a Palas de Rei e dixeron que xuntaran a 15.000 persoas, quintuplicaban a poboación (se fora certo) mais o local onde facían o acto non ten nin tivo aforo para máis de 200 persoas.

Quen lles dera ter xuntado a cuarta parte en Melide. Pois o do aforo si é importante, tanto coma unha enquisa. Mide os apoios cos que conta o partido nese momento, se ben é certo que non é real, sí que hai unha predisposición por parte das persoas que asiste. E en vista disto eu fago un pronóstico: o BNG vai sacar mais votos en Melide que o resto de formacións locais. Na mesma proporción que asistencia aos mitins centrais. A ver se acerto.

a gravatar

25. cabalo escrito o 25 de Febreiro de 2009 ás 17:13

Marcus, sorprenderíache saber que moita xente vai aos mítines porque hai pinchos. Os pinchos do PP do outro día eran sonados e non fai falta poñelo no cartel para que a xente o saiba. Polo que sei, máis de un indeciso preguntou ao BNG se eles tiñan pinchos tamén. Estou convencido de que se o PP non puxera pinchos fallábanlle unhas 50 persoas, como mínimo.
É unha pena, pero é o que hai.

Os teus ollos, é normal que para ti moita xente do mitin do BNG fose descoñecida, porque creo que non controlas moito ou case nada da xente das parroquias, que había unha pouca.

a gravatar

26. os teus ollos escrito o 1 de Marzo de 2009 ás 23:30

Para lavrego:
ola,son a medio parva…chegou o momento!!!!!!!!!!!

Esta web apoia á iniciativa de petición
da volta do Xabarín Club á TVG

Facer un comentario

Etiquetas (tags) permitidas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Observación: Os comentarios poderían non aparecer automaticamente, pois nalgunhas ocasións precisan de moderación por parte do administrador deste blogue.

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Novas de Código Cero